Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecemento e dominio da técnica do comentario de texto, das distintas formas de achegamento crítico ao texto literario, cun plantexamento fundamentalmente filolóxico e práctico. Non é obxectivo desta materia o repaso de distintas épocas ou movementos literarios, senón o achegamento aos textos como elementos de análise filolóxica.
2. Desenvolvemento da capacidade crítico-filolóxica do alumno para a análise literaria.
3. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios.
4. Adquisición dos conceptos fundamentais de Retórica e Estilística.
1. Concepto e modelos do comentario literario de textos hispánicos.
2. Selección de textos de poesía, teatro e prosa de distintas épocas da literatura española e hispanoamericana sen obrigada secuenciación ou ordenación histórica.
3. Textos iniciais. Primeiro achegamento
Selección de textos de diversos autores, épocas e xéneros. Esta fase introductoria está pensada para avaliar o nivel de coñecemento literario e de dominio do español e especialmente pensado para aqueles alumnos nos que o español non sexa a primeira lingua o non teñan os coñecementos literarios esperables.
4. Textos medievais
5. Textos do Século de Ouro
6. Textos dos séculos XIX, XX, XXI.
Bibliografía básica
LECTURAS OBRIGATORIAS
Os alumnos deberán ler atentamente os textos de distintas épocas e xéneros da Literatura Española e Hispanoamericana, que serán facilitados directamente ou estarán dispoñibles na Aula Virtual para a súa análise e comentario, sexa na aula ou nos espazos virtuais acaídos nos diferentes escenarios.
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO
Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.
MANUAIS DE TERMINOLOXÍA E RETÓRICA
Azaustre Galiana, A. y Casas Rigall, J., Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
Estébanez Calderón, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
Frenzel E., Diccionario de argumentos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1976 (1970 en alemán).
Frenzel E., Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980 (1976 en alemán).
Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968. Lausberg, H., Elementos de retórica literaria, Madrid, Gredos, 1975.
Marchese, A. y J. Forradellas, Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria, Barcelona, Ariel, 1986.
Platas Tasende, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.
MANUAIS DE MÉTRICA
Jauralde Pou, Pablo, Métrica española, Madrid, Cátedra, 2020.
López Estrada, F., Métrica española del siglo XX, Gredos, Madrid, 1970.
Navarro Tomás, T., Métrica española, Nueva York, Las Américas, 1966; Madrid, Guadarrama, 1974.
Quilis, Antonio, Métrica española, Madrid, Alcalá, 1973; Barcelona, Ariel, 1984.
Spang, Kurt, Ritmo y versificación: teoría y práctica del análisis métrico y rítmico, Universidad de Murcia, 1983.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición E comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. Os profesores poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, adicando a atención aos autores e obras que consideren máis axeitados.
Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a naturaleza da asignatura aconsella dotala dun acusado carácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada da reflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.
Cómpre decir por iso que as explicacións da profesora tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentario práctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóra dela. En lóxica consecuencia, necesítase que o alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.
Algunhas tarefas serán de tipo non presencial aproveitando os recursos dixitais proporcionados pola Aula Virtual e as diferentes ferramentas dixitais que se usen.
A asistencia ás clases será obrigatoria (como mínimo ó 90% das horas).
1ª oportunidade
A avaliación do alumno se realizará exclusivamente mediante avaliación continua ao longo do curso. Esta avaliación basearase en pequenos traballos de comentarios literarios ou pescudas particulares sobre asuntos concretos, individuais ou en grupo. De ser posible, o alumno fará unha exposición dun comentario de texto proposto polo profesor. Ademáis, contará para a calificación final a participación activa nas sesións de actividades copresenciais, sexan virtuais ou presenciais.
En todos estes exercicios, o alumno deberá demostrar a súa capacidade de análise dacordo coas pautas explicadas nas sesións, a adquisición da terminoloxía, os conceptos básicos para o comentario literario e, de maneira especial, a súa madurez á hora de redactar e expoñer un texto en español e explicar o significado do texto analizado.
2º oportunidade
Dado que o sistema de avaliación continua valorará os exercicios e tarefas presentadas polos alumnos ao longo do curso, a segunda oportunidade será avaliada por medio da nova presentación de aqueles traballos que segundo o profesor da materia non tiveran superado o nivel de calidade eixixido para superar a materia. Polo tanto, o profesor proporá a estes alumnos un número concreto de tarefas para que sexan presentadas nun periodo razoable de tempo para a superación da segunda oportunidade.
No seu caso, os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados mediante un sistema equivalente aos alumnos que se presenten á segunda oportunidade. Serán avaliados da mesma forma aqueles que non poidan asistir a clase por incompatibilidade horaria con outras materias, sempre e cando o acrediten documentalmente durante a primeira semana de actividade docente do curso académico.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sesións expositivas, presenciais ou en remoto, 16 horas
Sesións de seminario 30
Sesións de titoría programada 3 (presenciais ou non presenciais)
Sesións de avaliación 3
O traballo autónomo do alumno estimase nunhas 90 horas.
1. O alumno deberá realizar unha lectura moi detida, previa ás sesións expositivas e interactivas, de tódolos textos propostos para o traballo na aula para unha máis sinxela comprensión das explicacións e un máis eficaz traballo práctico sobre os mesmos.
2. É fundamental a consulta da bibliografía recomendada, especialmente para a adquisición de terminoloxía e conceptos básicos no comentario literario.
3. Dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, recoméndase ao alumno que manteña unha actitude participativa nas clases, con posibles intervencións e exposicións orais durante as sesións.
Os contidos e a orientación da asignatura aconsellan que el alumno posúa unha boa competencia lingüística en español, pois so así poderá abordar a análise e a interpretación dos textos literarios.
Se houber unha presenza destacable de alumnos matriculados nesta materia que procederan de culturas nas que a lingua española non fose primeira lingua, se intentará efectuar as modificacións pertinentes para axustar o programa ás necesidades da docencia e a súa avaliación.
Se se tratara de alumnos de intercambio que non acadan un nivel de comprensión suficientemente adecuado á dificultade dos textos presentados, tratarse de axeitar o nivel de esixencia e de dificultade dos materiais de traballo.
De existiren grupos moi diferenciados no nivel de coñecemento da literatura española e no dominio da lingua, arbitrarase unha medida consensuada cos alumnos para o sistema de avaliación e para as actividades docentes descritas neste programa.
Santiago Fernandez Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811815
- Correo electrónico
- santiago.fernandez.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Candela Iglesias Balsa
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- candela.iglesias.balsa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |