Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Materia de 6 créditos, que se impartirá en castelán.
Coordinador: Antonio Azaustre Galiana.
O estudo da prosa e do teatro do século XVI español en castelán abranguerá as seguintes vertientes:
1) Lectura crítica dunha selección representativa de obras canónicas de ambolos dous xéneros, contextualizada nas pautas creativas do Humanismo renacentista, nos artificios compositivos da obra en sí, na súa intertextualidade, nas fontes e modelos, na súa pertenza a un xénero concreto e nas súas dimensiones pragmáticas (difusión, lectura, factores fundacionais das modalidades...).
2) As explicacións do profesor/a acollerán todos estes aspectos dende unha aproximación filolóxica e teórico-práctica.
Os obxectivos deste plantexamento son:
1.- Ensinar a leer obras desta época para comprender o seu senso literal no pasado, en primeiro termo. Logo, afondar nos seus outros sensos literarios e na sua entidade canónica, atendendo tamén á súa vixencia. A reconstrucción de contextos literarios e no literarios, o funcionamento no Renacemento das teorías da imitatio, así como os modelos preferentes e as intertextualidades operadas.
2.- Acceder á comprensión da "historicidade" das obras en prosa e teatro escritas nesta centuria, asemade como expoñentes dunha faceta -a literaria- creadora ou creativa do Humanismo renacentista, momento este da cultura europea no que se asentan concepcións, e mesmo percepcións, do suxeito, dos discursos, da arte literaria, das artes visuais e auditivas, da comunicación humana, da ética, da filosofía e mesmo da vida.
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. Os profesores poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario.
LITERATURA ESPAÑOLA DO SÉCULO XVI: PROSA E TEATRO (obrigatoria. 6 créditos ECTS)
Segundo curso do “Grao en Lengua e Literatura españolas”. Ano 2023-2024. 2º semestre
Coordinador: Prof. Antonio Azaustre Galiana. Despacho 431. antonio.azaustre [at] usc.es (antonio[dot]azaustre[at]usc[dot]es)
TEMARIO:
1. INTRODUCCIÓN: contexto histórico e filolóxico. O Humanismo renacentista: precedentes e conexións co Humanismo da Italia. Correntes filosóficas e espirituais. Os Studia Humanitatis. Exégesis e comentario de textos. Difusión e lectura.
2. A PROSA no século XVI: xéneros e modelos. Libros e lectores.
2.1. Narrativa de ficción no século XVI: xeneralidades e prototipos.
2.1.1. Relato sentimental.
2.1.2. Libros de cabaleirías.
2.1.3. Obras celestinescas: continuacións e imitacións.
2.1.3. Relatos moriscos.
2.1.5. Conto e a novela curta.
2.1.6. Relatos bizantinos ou de aventuras peregrinas.
2.1.7. Picaresca e xénero picaresco. "Lazarillo de Tormes".
2.1.8. Relatos ou libros pastoriles. Jorge de Montemayor e "Los siete libros de La Diana".
LECTURAS íntegras OBRIGATORIAS:
a) ."Lazarillo de Tormes", ed. de Francisco Rico, Madrid, Cátedra, 1987.
b) ."Los siete libros de la Diana", de Jorge de Montemayor. Ed. de Juan. Montero, Barcelona, Crítica, 1996 // ed. de Asunción. Rallo, Madrid, Cátedra, 1991.
2.2. A prosa de ideas no século XVI: panorámica e principais modalidades
2.2.1. O diálogo no século XVI. Características e modelos. A obra de Juan y Alfonso de Valdés. "Diálogo de Mercurio y Carón". Outros diálogos.
2.2.2. A prosa epistolar. A obra de Antonio de Guevara
2.2.3. A miscelánea ou prosa miscelánica.
2.2.4. Outros xéneros: paremioloxías; biografías exemplares; autobiografías; historiografías; prosa espiritual; prosa "científica"; poéticas y retóricas. A prosa de Teresa de Jesús: "Libro de la vida".
LECTURAS ÍNTEGRAS OBRIGATORIAS:
c) Valdés, Alfonso de, "Diálogo de Mercurio y Carón", ed. de Rosa. Navarro, Madrid, Cátedra, 1999 // ed. de J.V. Ricapito, Madrid, Castalia, 1993.
d)El Crótalon, edición de Asunción Rallo, Madrid, Cátedra, 1982.
Outras edicións: Dueñas (Palencia), Simancas Ediciones, 2005.
Barcelona, Linkma, 2009
3. O TEATRO no século XVI: COMEDIA, TEATRO BREVE, TRAGEDIA
3.1: Os espazos de representación. Teatro privado, teatro público.
3.2. O teatro escolar. Teatro universitario e xesuita. A comedia humanística. Herdanzas de "La Celestina".
3.3. Os antecedentes: Juan del Encina e Lucas Fernández.
3.4. Comedia italianizante e popular: Torres Naharro ("Himenea") e Lope de Rueda. Primeiras teorizacións.
3.5. O teatro breve popular: entremeses e pasos. Lope de Rueda. Cervantes.
3.6. O teatro relixioso: églogas; traxedias de santos do teatro escolar. O auto sacramental.
3.7. A traxedia no teatro escenificado do século XVI. Virués e "La cruel Casandra".
LECTURAS ÍNTEGRAS OBRIGATORIAS:
e) Hermenegildo, A. (ed.), "Antología del teatro español del siglo XVI: del palacio al corral", Madrid, Biblioteca Nueva, 1998 [incluye, entre otros, la comedia "Himenea" y la tragedia "La cruel Casandra"]
f) Bartolomé de Torres Naharro, “Prohemio” a su "Propalladia". Facilitado polo profesor en clase.
g) Lope de Rueda: paso quinto (“La tierra de Jauja”). Facilitado polo profesor en clase.
CADERNO”: SELECCIÓN DE TEXTOS COMPLEMENTARIOS DE TRABALLO preparada polo profesor e a disposición dos alumnos na aula virtual. Servirá para traballalos conxuntamente na aula, total ou parcialmente, segundo a marcha das sesións. Recolle anacos de diversas obras do periodo.
BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA MOI BÁSICA:
-López Estrada (coord.): "Siglos de Oro: Renacimiento", en F. Rico, ed., Historia y crítica de la literatura española (Crítica)
-Pedraza," Manual de literatura española II. Renacimiento" (Cénlit)
-Canavaggio, "Historia de la literatura española, II. El siglo XVI" (Ariel)
-Álvaro Alonso, "La poesía italianista" (Eds. del Laberinto)
-Rallo Gruss, "La prosa didáctica del siglo XVI" (Taurus)
-Carrasco Urgoiti, López Estrada, Félix Carrasco," La novela española en el siglo XVI" (Iberoamericana-Vervuert)
-Díez Borque, "Los géneros dramáticos en el siglo XVI" (Taurus)
-Hermenegildo, "El teatro del siglo XVI" (Júcar).
Competencias
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición E comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
Nas sesións teóricas terá lugar a exposición por parte do docente, previa entrega de esquemas ou de textos informativos, dos sucesivos epígrafes do temario, a fin de que a lección se combine coa discusión conxunta. Recurrirase, se fai o caso, ao uso de materiais dixitalizados.
-Nas sesións de seminario procederase a comentar e analizar con máis detalle partes das obras íntegras de lectura obrigatoria, co engadido, se é pertinente, de breves pasaxes ou fragmentos das obras consignadas como complementarias. As análises e comentarios poderán ser realizados polos estudiantes, previa orientación do docente. Traballarase con diversos métodos que contribúan a implicar activamente ao alumnado na aprendizaxe da materia, así como en proveelo, se fora preciso, de ferramentas para a análise e composición de comentarios e análises textuais escritos. Asemade, faranse por escrito os "controles" das lecturas consignadas como obrigatorias no temario, que se irán pautando polo docente ao longo do curso e dacordo co cronograma do mesmo. O alumno deberá realizalos ao tempo que se pautan.
-As horas de titorías de despacho invertiranse en clarificar, axudar, orientar e mesmo proporcionar bibliografía axeitada ao alumno no traballo que debe realizar pola súa conta. Tambén se allanarán as dificultades de comprensión, si xurdiran, dalgúns pasaxes dos textos de lectura íntegra obrigada ou complementaria.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O principal sistema de avaliación serán ás prácticas con resultados escritos e o exame final, que contarán porcentualmente, e respectivamente, o 40% e o 60% da calificación final.
A data do examen final será a que resolva determinar o Decanato da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Poderá consultarse na web da USC. O mesmo cabe dicir para as datas da segunda oportunidade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Realizarase no día oficialmente fixado pola Facultade.
Para presentarse a este exame han de terse entregado con carácter inexcusable os controles de lectura e comentarios de texto escritos do curso nos prazos establecidos. A nota das actividades previas ao exame final conservarase para esta oportunidade.
O exame desta segunda oportunidade terá características semellantes ás do exame da primeira e a mesma valoración (o 60%).
No seu caso, os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase serán evaluados mediante os exames correspondentes á parte teórica, que suporán o 100% da calificación. Todos os criterios sinalados con anterioridade rexirán para os alumnos repetidores (prácticas o 40% e examen teórico o 60%), que deberán presentar os exercicios de prácticas nas datas sinaladas por o profesor.
Sobre o dereito e o deber da asistencia ás clases presenciais, véxase a "Normativa"de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES" (Espazo Europeo de Educación Superior", emanada do Consello de Goberno da USC en acordo do 25 de marzo, http:/www.usc.es/expòrt/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase
No seu caso, os estudantes con exención de docencia e coincidencia horaria poderán seguir o curso axudándose dos materiais presentados na Aula Virtual.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido recogido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
TEMPO DE ESTUDO
Sesións expositivas 32
Sesións de seminario 16
Sesións de titoría programada 3
Sesións de avaliación 3
Traballo autónomo do estudante 96
TRABALLO AUTÓNOMO
52 horas (aprox.) de lectura comprensiva de obras literarias
11 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia
11 horas de realización de comentarios de texto ou preparación de traballos en equipo
22 horas de estudo da materia e preparación de exames
Total: 96 Horas
-Priorizar temporalmente a lectura dos textos obrigatorios e sincronizala coas semáns previas ao traballo con eles do profesor/a, a fin de que se estea familiarizado con eles antes ou ao tempo no que o profesor/a procede a su explicación e traballo conxunto.
-Leer estes, e outros textos que conveñan do “Caderno complementario”, de manera analítica, crítica e atenta a comprender o que neles "leron" los lectores do século XVI. As anotacións profusas nas edicions recomendadas xa lles facilitan esta operación.
-Consultar a bibliografía secundaria básica que se recomenda como "obras de referencia", para aclarar dúbidas que o estudiante non poda por sí so resolver. Ademáis, consultar e asimilar a bibliografía que se opte por recomendar acerca de cuestións máis específicas da época, do autor e da obra en sí.
-Traballar en solitario tendo diante instrumentos de consulta en forma de repertorios ou diccionarios variados: da lingua española, da mitoloxía antiga, de refráns e frases proverbiais, de termos literarios, de retórica e poética, de termos filosóficos, de termos bíblicos e mesmo de iconografía.
-Adoptar pautas de traballo persoal constantes, que eviten a nociva acumulación de lecturas e de estudio nas semans previas ao examen final.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Idioma de impartición: castelán.
Antonio Azaustre Galiana
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811874
- Correo electrónico
- antonio.azaustre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Candela Iglesias Balsa
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- candela.iglesias.balsa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |