Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
• Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
• Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.
1. A gramática
1.1. Delimitación das súas disciplinas.
1.2. Orientacións descritiva vs. prescritiva.
2. Morfoloxía
2.1. Unidades e procesos morfolóxicos
2.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
3. Sintaxe
3.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas
3.2. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica
3.3. As construcións gramaticais
4. Fonética
4.1. Divisións da fonética
4.2. A fonética articulatoria
4.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.
BÁSICA
REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en http://www.cirp.gal/bdo/bil/
RECURSOS LINGÜÍSTICOS
Buscatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm
Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/dicionario#inicio.do
Dicionario de galego (DIGALEGO): https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php
Dicionario de dicionarios: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal/
Regueira Fernández, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega-ILG (http://ilg.usc.es/pronuncia/).
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) (http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg
GRAMÁTICAS E OBRAS DE REFERENCIA
Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
LECTURAS OBRIGATORIAS
Álvarez, R. (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
Álvarez, R./ X. Xove (2002): “Palabras e morfemas”, en Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia, 221-231.
García-Miguel, L. M. e C. Cabeza (2000): “Relacións sintácticas”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe, Xerais: Vigo, 549-559
Martínez Celdrán, E. (2001): Introducción á Fonética. Vigo: Galaxia, 19-51.
COMPLEMENTARIA
DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford: Pergamon Press.
Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
MORFOLOXÍA
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627
Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
SINTAXE
Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
García-Miguel, J. M. (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.
FONÉTICA
Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
• Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
• A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas,
bases de datos...).
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de
dificultade comprensiva.
• Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
• Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
• Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
• Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
• Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
• Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos
do galego.
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. As explicacións do profesorado apoiaranse con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Tamén se lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos expostos.
• Sesións interactivas. Traballarase en ferramentas e metodoloxía que lle axuden ao alumnado a desenvolver a análise lingüística e as actividades do curso.
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer seguimento do traballo de curso.
• Campus virtual. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo. Así mesmo, tamén se utilizará para a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
1. SISTEMA PRESENCIAL
1.1. OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Actividades do curso (20% da cualificación global): corresponderá a un ou máis traballos de elaboración presencial ou non-presencial feito(s) individualmente ou en grupo.
- Exames parciais (80% da cualificación global): realizaranse nas datas establecidas no cronograma da materia.
1.2. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA
- Actividades do curso (20% da cualificación global): o estudante poderá realizar novos traballos se os primeiros están suspensos ou se non os presentou na primeira oportunidade. Os traballos deberán ser entregados non máis tarde da data do exame oficial. Para as actividades aprobadas, manterase a cualificación obtida na primeira oportunidade.
- Exames parciais (80% da cualificación global): deberán presentarse aqueles estudantes que non obtiveron un 4,5 na media dos parciais na primeira oportunidade. Para os parciais aprobados, manterase a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. SISTEMA NON-PRESENCIAL
Para os estudantes que non sigan o sistema presencial, a avaliación consistirá nun exame que supoñerá o 100% da cualificación e que se realizará na data oficial fixada polo centro, tanto na primeira oportunidade como na segunda.
OBSERVACIÓNS
1. Para optar a superar a materia, no sistema presencial, cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 (sobre 10) na media dos parciais e unha cualificación global (media das actividades e dos parciais) igual ou superior a 5 (sobre 10). Cualificarase cun 4,9 a aqueles alumnos e alumnas que alcancen a nota de 5 de media pero que teñan unha nota inferior a 4,5 na media dos parciais. No sistema non-presencial, cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 5 (sobre 10) no exame.
2. É requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e, moi particularmente, o dominio do código normativo e da coherencia e cohesión textuais. Daquela, na cualificación tanto do exame como das actividades repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico, textual etc.).
3. De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Mestrado (art. 5.2), "a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a" (DOG Núm. 136, 17 de xullo de 2012).
4. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC (art. 16): "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes" (DOG Núm. 140, 21 de xullo de 2011).
Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
Sesións
Expositivas 24 48 (9 TD) 72
Sesións de
Seminario 24 36 (12 TD) 70
Sesións de
Titoría 3 3 6
Sesións de
Avaliación 3 9 12
TOTAL 54 96 (21 TD) 150
Para poder superar a materia, débese amosar dominio do galego oral. No caso de que se perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno ou alumna, advertiráselle individualmente e daráselle unha serie de indicacións para solucionar a deficiencia. Ao final de curso as profesoras verificarán que adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, non poderá superar a materia.
É moi importante que o/a estudante consulte regularmente o seu correo institucional así como a aula virtual da materia, pois a través deses medios difúndese información e documentación fundamental para o seu seguimento.
Ana Isabel Boullon Agrelo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Miguez Rego
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Estela Fidalgo Garra
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- estela.fidalgo.garra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Galego | C10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Galego | C10 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Galego | D09 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Galego | D10 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Galego | D11 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Galego | D09 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Galego | D10 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Galego | D11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |