Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Conseguir que a/o estudante adquira un coñecemento básico inicial da lingua, da literatura e da cultura galegas, tanto na súa dimensión histórica coma no tocante á súa situación actual.
- Conseguir que a/o estudante atinxa un nivel de comprensión oral e escrita que lle permita enfrontarse con desenvoltura a necesidades concretas da vida ordinaria, de acordo co establecido no nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
- Conseguir que a/o estudante sexa capaz de producir oralmente e por escrito enunciados básicos ou elementais en situacións estruturadas e previsibles da vida diaria, de acordo co nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
Conseguir que o estudante adquira un coñecemento básico inicial acerca da lingua, a literatura e a cultura galegas, tanto na súa dimensión histórica coma no tocante á súa situación actual.
Conseguir que o estudante atinxa un nivel de comprensión oral e escrita que lle permita enfrontarse con desenvoltura a necesidades concretas da vida ordinaria, de acordo co establecido no nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
Conseguir que o estudante sexa capaz de producir oralmente e por escrito enunciados básicos ou elementais en situacións estruturadas e previsibles da vida diaria, de acordo co nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
CONTIDOS SOCIOCULTURAIS
1. A Galicia actual
1.1 Organización do territorio. As sete cidades galegas
1.2 A xeografía de Galicia
1.3 Clima, flora e fauna de Galicia
1.4 As principais celebracións en Galicia e a súa gastronomía
1.5 A música galega
1.6 Outras manifestacións artísticas
2. O galego moderno e contemporáneo
2.1 Características do galego actual
2.2 Uso e coñecemento do galego
2.3 O galego no mundo
3. Historia do galego e de Galicia.
3.1 Os primeiros poboadores
3.2 Dos romanos á Idade Media
3.3 A Idade Moderna e o século XIX en Galicia
3.4 Os comezos do século XX
3.5 Do franquismo á actualidade
4. A literatura galega
4.1 As pegadas dos primeiros poboadores na literatura galega
4.2 A lírica medieval
4.3 A literatura do XIX
4.4 A literatura de comezos do século XX
4.5 A literatura do franquismo á actualidade
CONTIDOS LINGÜÍSTICOS
5. Funcións comunicativas
5.1 Saudar e responder a un saúdo
5.2 Presentarse e presentar a outra persoa
5.3 Rematar un contacto e despedirse
5.4 Agradecer
5.5 Describir fisicamente as persoas
5.6 Describir a personalidade
5.7 Dar opinións
5.8 Expresar e preguntar pola hora
5.9 Falar de hábitos
5.10 Relatar aspectos biográficos en pasado
6. Contidos léxicos
6.1 Países e xentilicios
6.2 Características físicas das persoas
6.3 Estados de ánimo, sentimentos e carácter
6.4 O tempo cronolóxico
6.5 Parentesco
6.6 Partes do corpo humano
6.7 Pezas de vestir
6.8 Agrupamentos poboacionais
6.9 Medio físico e relevo
6.10 Flora e fauna
6.11 Tempo meteorolóxico
6.12 Alimentación
7. Contidos gramaticais
7.1 Xénero e número dos substantivos e adxectivos
7.2 Artigos e as súas contraccións
7.3 Pronomes persoais tónicos e átonos. Aspectos básicos da colocación do pronome
7.4 Posesivos
7.5 Numerais
7.6 Algúns pronomes e adverbios interrogativos
7.7 Presente e pretérito dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes.
7.8 Adverbios e expresións de tempo
7.9 Os indefinidos e adverbios de cantidade máis frecuentes
7.10 Preposicións máis frecuentes
7.11 Construción de frases de estrutura simple
7.12 Construción de oracións afirmativas, negativas e interrogativas de estrutura simple
8. Contidos fónicos e ortográficos
8.1 Correspondencia entre grafías e fonemas do galego
8.2 Regras básicas de acentuación

7.3 Pronomes persoais tónicos e á tonos. Aspectos básicos da colocación do pronome
7.4 Posesivos
7.5 Numerais
7.6 Algúns pronomes e adverbios interrogativos
7.7 Presente e pretérito dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes.
7.8 Adverbios e expresións de tempo
7.9 Os indefinidos e adverbios de cantidade máis frecuentes
7.10 Preposicións máis frecuentes
7.11 Contrución de frases de estrutura simple
7.12 Construción de oracións afirmativas, negativas e interrogativas de estrutura simple
8. Contidos fónicos e ortográficos
8.1 Correspondencia entre grafías e fonemas do galego
8.2 Regras básicas de acentuación
Bibliografía básica
-Chamorro, Margarita / Ivonete da Silva / Xaquín Núñez (2008): Aula de galego 1. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/celga-1/contido…
-Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. [Santiago de Compostela]: Instituto da Lingua Galega / [A Coruña]: Real Academia Galega, 23ª ed. http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/252/253/828…
-Real Academia Galega (2012): Dicionario da Real Academia Galega. http://realacademiagalega.org/dicionario
Bibliografía complementaria
-Digalego (2013), Vigo: Ir Indo, [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia. https://digalego.xunta.gal/
-Dubert García, Francisco et al. (2012): Novo dicionario da lingua galega. A Coruña: Obradoiro-Santillana.
-Dunne, Jonathan (2010): Anthology of Galician literature (1196-1981)=Antoloxía da literatura galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Vigo: Edicións Xerais de Galicia-Galaxia.
-Freixanes, Víctor F. et al. (2001): Galicia, unha luz no Atlántico. Vigo: Xerais.
-García Negro, Pilar (coord.): Biblitoca virtual galega. A Coruña: Universidade da Coruña. http://bvg.udc.es/
-Loia. Guía aberta á lingua galega. http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/
-Xunta de Galicia: Cultura de Galicia. https://www.cultura.gal/
Hai máis recursos para a aprendizaxe do galego dispoñibles en http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego Bibliografía básica
-Chamorro, Margarita / Ivonete da Silva / Xaquín Núñez (2008): Aula de galego 1. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/celga-1/contido…
-Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. [Santiago de Compostela]: Instituto da Lingua Galega / [A Coruña]: Real Academia Galega, 23ª ed. http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/252/253/828…
-Real Academia Galega (2012): Dicionario da Real Academia Galega. http://realacademiagalega.org/dicionario
Bibliografía complementaria
-Digalego (2013), Vigo: Ir Indo, [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia. https://digalego.xunta.gal/
-Dubert García, Francisco et al. (2012): Novo dicionario da lingua galega. A Coruña: Obradoiro-Santillana.
-Dunne, Jonathan (2010): Anthology of Galician literature (1196-1981)=Antoloxía da literatura galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Vigo: Edicións Xerais de Galicia-Galaxia.
-Freixanes, Víctor F. et al. (2001): Galicia, unha luz no Atlántico. Vigo: Xerais.
-García Negro, Pilar (coord.): Biblitoca virtual galega. A Coruña: Universidade da Coruña. http://bvg.udc.es/
-Loia. Guía aberta á lingua galega. http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/
-Xunta de Galicia: Cultura de Galicia. https://www.cultura.gal/
Hai máis recursos para a aprendizaxe do galego dispoñibles en http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego
- Capacidade para comprender enunciados e textos sinxelos que empreguen estruturas comúns e léxico habitual en contextos e situacións comunicativas relacionadas coa vida cotiá.
- Capacidade para producir oralmente e por escrito enunciados sinxelos sobre actividades e asuntos cotiáns.
- Capacidade para desenvolverse adecuadamente na sociedade galega sabendo usar e interpretar referentes básicos da súa cultura
Capacidade para comprender enunciados e textos sinxelos que empreguen estruturas comúns e léxico habitual en contextos e situacións comunicativas relacionadas coa vida cotiá.
Capacidade para producir oralmente e por escrito enunciados sinxelos sobre actividades e asuntos cotiáns.
Capacidade para desenvolverse adecuadamente na sociedade galega sabendo usar e interpretar referentes básicos da súa cultura.
Algúns dos contidos do programa serán introducidos, de maneira elemental e cunha linguaxe comprensible, mediante unha exposición a cargo do profesor ou profesora. Estas exposicións poderán ir acompañadas ou ilustradas con materiais audiovisuais de apoio, así como con textos de corte divulgativo. Ao tempo, procurarase que os estudantes, coa orientación e guía do profesor ou profesora, establezan conexións ou contrastes coa realidade propia dos seus países de procedencia.
Por outra banda, realizaranse exercicios prácticos de comprensión e expresión oral e escrita así como exercicios de apoio que permitan o desenvolvemento das tarefas comunicativas.
Poderase realizar tamén algunha actividade didáctica, en horario a definir, coa participación de alumnado do Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais, se ben o profesorado garantirá o acceso a todo o material preciso para o desenvolvemento das clases. Algúns dos contidos do programa serán introducidos, de maneira elemental e cunha linguaxe comprensible, mediante unha exposición a cargo do profesor ou profesora. Estas exposicións poderán ir acompañadas ou ilustradas con materiais audiovisuais de apoio, así como con textos de corte divulgativo. Ao tempo, procurarase que os estudantes, coa orientación e guía do profesor ou profesora, establezan conexións ou contrastes coa realidade propia dos seus países de procedencia.
Por outra banda, realizaranse exercicios prácticos de comprensión e expresión oral e escrita así como exercicios de apoio que permitan o desenvolvemento das tarefas comunicativas.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais.
O método de avaliación consta de tres partes:
1. Asistencia e participación (10% da cualificación global): farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da asistencia e da participación e intervencións dos alumnos e alumnas nas clases (comentarios, dúbidas, preguntas, respostas...). Para optar a obter puntuación neste apartado, o número de faltas sen xustificar non pode ser superior a catro.
2. Realización das actividades programadas e cualificadas (50% da cualificación global): ao longo do curso, o profesorado cualificará diversos exercicios e probas, tanto de elaboración presencial como no presencial, ben individuais, ben feitos en grupo. A nota final deste apartado corresponderá á media ponderada destes exercicios e probas.
3. Exame (40% da cualificación global): terá por obxecto comprobar a adquisición por parte do estudante das competencias atribuídas á materia.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir, na segunda oportunidade, as tarefas e probas suspensas ou non realizadas previamente e/ou o exame suspenso ou non realizado. O resto das cualificacións consérvanse. A ponderación de cada apartado coincide co sinalado para a primeira oportunidade (10%/50%/40%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O método de avaliación consta de tres partes:
1. Asistencia e participación (10% da cualificación global): farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da asistencia e da participación e intervencións dos alumnos e alumnas nas clases (comentarios, dúbidas, preguntas, respostas...). Para optar a obter puntuación neste apartado, o número de faltas sen xustificar non pode ser superior a catro.
2. Realización das actividades programadas e cualificadas (60% da cualificación global): ao longo do curso, o profesorado cualificará diversos exercicios e probas, tanto de elaboración presencial como non presencial, ben individuais, ben feitos en grupo. A nota final deste apartado corresponderá á media destes exercicios e probas.
3. Exame (30% da cualificación global): terá por obxecto comprobar a adquisición por parte do estudante das competencias atribuídas á materia. O 70% da cualificación deste exame corresponderá á avaliación dos contidos lingüísticos e o 30% á avaliación dos contidos socioculturais.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade deberá repetir as tarefas e probas suspensas ou non realizadas previamente, e/ou o exame suspenso ou non realizado na primeira oportunidade. O resto das cualificacións consérvanse, As porcentaxes coinciden coas sinaladas para a primeira oportunidade, tanto na distribución entre os tres ítems (10%/60%/30%) como na distribución, dentro do ítem 3, entre contidos lingüísticos e socioculturais (70%/30%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 28
Sesións interactivas: 28
Titorías programadas: 1
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 60
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 10
Preparación directa de contidos: 40
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 40
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 90
TOTAL HORAS: 150 HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 24
Sesións interactivas: 24
Titorías programadas: 1
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 52
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 10
Preparación directa de contidos: 44
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 44
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 98
TOTAL HORAS: 150
Eduardo Miguel Moscoso Mato
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811829
- Correo electrónico
- eduardo.moscoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Miguez Rego
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Diego Rivadulla Costa
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Estela Fidalgo Garra
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- estela.fidalgo.garra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta