Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Adquirir competencias suficientes da lingua portuguesa, orais e escritas, para falar de experiencias pesoais, expor opinions, falar do pasado e do futuro.
b) Comprender e valorizar as culturas lusófonas nos seus aspectos fundamentais.
c) Coñecimento xeral das variedades lingüísticas portuguesa e brasileira.
d) Producir pequenos discursos, orais e escritos, sobre temáticas diversas.
1. Narrar experiencias, facer descricións, exprimir opinións en discursos organizados.
2. Pontos críticos da fonética e da ortografia luso-brasileiras.
3. Correspondencia formal e informal.
4. O indicativo. Os tempos do pasado e as expresións do futuro.
5. Información explícita e implícita en discursos orais e escritos auténticos.
6. Introdución aos tempos do conxuntivo/subxuntivo. O infinitivo flexionado.
7. Viaxar pola lusofonia, privilexiando aspectos lingüísticos e culturais. Antigas e novas lusofonías.
8. Oracións compostas: padróns principais, con atención especial para relativas, temporais e condicionais.
9. Conceito de lusofonía: situación política e lingüística en Portugal, Brasil e nos PALOP. As relacións internacionais na lusofonía.
10. Adverbios, nexos prepositivos e conxuntivos. Cuantificadores.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Kuzka, Robert/ José Pascoal (2016): Passaporte para Português 1 e 2 (livros do aluno). Lisboa:Lidel-Edições Técnicas.
Fagim, Valentim (2022): Estou a estudar português. Santiago de Compostela: Através Editora.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Almeida, J. - Sampaio e Melo, A. (2002), Dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.
Cunha, C./ Cintra, L. F. Lindley (1984), Nova gramática do português contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa.
Dell'Isola, Regina Lúcia Péret (2009), Terra Brasil: curso de língua e cultura. Belo Horizonte: Editora da UFMG.
Dias, A./ Frota, S (2015), Nota 10: português do Brasil. Lisboa: Lidel.
Espada, Franciso (2017): Manual de Fonética. Lisboa:Lidel-Edições Técnicas.
Iriarte Sanromán, Álvaro (coord.) (2008), Dicionário de Espanhol-Português. Porto: Porto Editora.
Monteiro, Deolinda/Pessoa, Beatriz (1993), Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
Nível Limiar - Para o ensino e aprendizagem do Português como língua estrangeira ou segunda língua. Lisboa: Ministério da Educação/ICALP, 1988. Trabalho inserido no 'Projecto de Línguas Vivas' do Conselho de Cooperação Cultural do Conselho de Europa.
Oliveira, Carla/Ballman, Maria José - Coelho, Maria Luísa (2006). Aprender Português. Lisboa: Texto Editores.
Ramos, E. (2006), Português para galegofalantes. Vigo: Galaxia.
Rosa, Leonel Melo (1998), Vamos lá continuar! Explicações e exercícios de gramática e de vocabulário. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
Vários Autores (2019): Dicionário Visual Através. Santiago de Compostela: Através Editora.
Dominio activo da estrutura comunicativa básica do portugués, tanto na oralidade como na escrita. Coñecemento dos principais parámetros culturais luso-brasileiros.
Actividades indutivas e dedutivas, formais e comunicativas, centradas nunha ou varias competencias, tendo sempre en conta as necesidades dos alunos, favorecendo a integración de competencias, a reflexión intercultural, a aprendizaxe autónoma e o uso das novas tecnoloxías. Posibilidade de facer uso da aula virtual e do uso dun manual para a aprendizaxe da lingua portuguesa.
No caso de haber un número suficiente de alunos Erasmus/estranxeiros e de que estes teñan disponibilidade para mudar de horario, existe a posibilidade de crear un grupo para eles en que se ensinaría o portugués de xeito contrastivo co español.
AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Existen dúas modalides excluíntes: avaliación continua e avaliación final.
Avaliación continua
Unha ou dúas probas individuais escritas e presenciais. Avaliarase a competencia comunicativa, o uso de estratexias, os aspectos socioculturais, a corrección formal. Punto de partida para poder optar por esta modalidade de avaliación: realización dun mínimo do 70% das tarefas e exercicios na aula virtual.
A nota da avaliación continua, sobre un total de dez puntos, distribuirase do seguinte modo:
a) participación activa nas aulas (redaccións, exposicións, debates, etc.): 3 puntos.
b) lectura(s) obrigatória(s): 2 puntos. Neste sentido, nos primeiros días de aulas, será oferecida aos alunos unha lista de lecturas.
c) probas escritas nos últimos días de aulas e proba oral: 5 puntos.
Avaliación final
O aluno que non realizou o 70% dos traballos da avaliación continua disporá dun exame final escrito na data oficial marcada polo decanato en que se terá na debida conta o nível práctico da lingua e o grao de coñecemento de cuestións do programa vistas nas aulas; tamén incluirá o control da lectura obrigatoria. Esta proba escrita será complementada cunha proba oral que será debidamente indicada.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Para a avaliación da "segunda oportunidade", haberá o exame escrito tal como se descrebe no parágrafo anterior, incluída a proba da lectura, e tamén a proba oral.
Os alunos dispensos oficialmente de presenza terán que realizar os traballos indicados no campus virtual, así como traballar pola súa conta o manual que se usará nas aulas e a leitura elixida. O profesor estará disponíbel para atender as eventuais dúbidas que podan surxir na aprendizaxe autónoma destes alunos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS correspondentes a 60 horas de actividades presenciais e 90 non presenciais. As primeiras repártense da seguinte forma: sesións expositivas: 25, sesións de seminario/laboratorio de idiomas/sala de informáticas: 30, sesións de atendimento programado: 2, sesións de avaliación: 3. As non presenciais distribuense como segue: estudo e preparación de actividades programadas na aula: 45, preparación de exames: 45.
Recoméndase que antes de cursar Lingua Portuguesa 2, os estudantes teñan cursado Lingua Portuguesa 1.
Interacción oral e escrita coa lusofonía: xornais, televisión, radio, cine e outros medios de comunicación.
A lectura de libros en lingua portuguesa será, como en Lingua Portuguesa 1, unha actividade exixida e, portanto, cualificada. Recoméndase así iniciar o percurso o máis cedo posíbel.
Jose Luis Forneiro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- joseluis.forneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Portugués | D12 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Portugués | D12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Portugués | D12 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D11 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C11 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C11 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C11 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D10 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D10 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D10 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D10 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D11 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D11 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D11 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D11 |