Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, que se imparte en castelán debido aos materiais fundamentais empregados, posúe dous obxectivos principais. O primeiro obxectivo é introducir ao alumnado na historia e os fundamentos teóricos e metodolóxicos da literatura comparada, unha disciplina que atende a dimensión interliteraria, interartística e interdisciplinaria dos estudos literarios. O seminario definirá unha perspectiva apropiada para a comprensión da literatura como fenómeno supranacional, ao tempo que identificará algúns dos problemas que dan sentido á literatura comparada como disciplina cun compromiso ético.
O segundo obxectivo é proxectar e pór en práctica os coñecementos teóricos-conceptuais e metodolóxicos mediante a análise comparada de obras específicas. De non producirse causas sobrevindas, a materia configúrase como un seminario dedicado ao tema monográfico "Borges e Cortázar, profesores de literatura comparada".
Sen lugar a dúbidas ter a Jorge Luis Borges e Julio Cortázar como profesores de literatura comparada é unha oportunidade única. Borges nunca exerceu como profesor de literatura comparada propiamente dito (si doutras especialidades, por exemplo literatura inglesa na Universidad de Buenos Aires), pero a súa obra representa un laboratorio excepcional de problemas comparatistas. Algo semellante pode dicirse de Cortázar, quen ademais si exerceu como profesor de literatura comparada (baixo outras denominacións) na Universidad Nacional de Cuyo (Arxentina).
"Borges e Cortázar, profesores de literatura comparada" (O tema do seminario poderá variar debido a causas sobrevindas)
Programa
1. Introdución á literatura comparada
2. "Close reading" e lectura comparativa
3. Eixe interliterario: autoría, clásico, canon, tradición, tradución, extraterritorialidade, multilingüismo, literatura mundial.
4. Eixe interartístico: écfrase, literatura e cinema, literatura e música.
5. Eixe interdisciplinario: literatura e filosofía, literatura e dereito, literatura e ciencia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Arias, Martín e Martín Hadis, eds. 2020. Borges profesor. Curso de literatura inglesa en la Universidad de Buenos Aires. Barcelona: Lumen.
Barnstone, William, ed. 2021. Borges: el misterio esencial. Conversaciones en universidades de los Estados Unidos. Traducido por Martín Hadis. Bos Aires: Sudamericana.
Berti, Eduardo e Edgardo Cozarinsky, eds. 2007. Galaxia Borges. Bos Aires: Adriana Hidalgo Editora.
Borges, Jorge Luis. 2017. Borges esencial. Madrid: RAE/Asociación de Academias de la Lengua Española.
Bravo, Víctor. 2004. El orden y la paradoja. Jorge Luis Borges y el pensamiento de la modernidad. Rosario: Beatriz Viterbo Editora.
Dapia, Sylvia. 2016. Jorge Luis Borges, Post-Analytic Philosophy, and Representation. Londres/Nova York: Routledge.
Doallo, Beatriz. 2011. Borges y la literatura policial. Autor, crítico y jurado. Bos Aires: Pluma Digital.
Domínguez, César, Haun Saussy e Darío Villanueva. 2016. Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la Literatura comparada. Traducido por David Mejía. Madrid: Taurus.
Frega, Ana Lucía. 2012. Borges y la música. Bos Aires: SB Editorial.
Galasso, Norberto. 2012. Jorge Luis Borges. Un intelectual en el laberinto semicolonial. Bos Aires: Colihue.
Gamerro, Carlos. 2016. Borges y los clásicos. Bos Aires: Eterna Cadencia.
Gruia, Ioana. 2021. La literatura comparada, una disciplina hospitalaria. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca.
Guillén, Claudio. 1998. Múltiples moradas. Ensayo de literatura comparada. Barcelona: Tusquets
Guillén, Claudio. (1985) 2005. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura comparada (Ayer y hoy). Barcelona: Tusquets.
Heise, Ursula K. et al., eds. 2017. Futures of Comparative Literature: ACLA State of the Discipline Report. Londres: Routledge.
Jullien, Dominique. 2019. Borges, Budhism and World Literature: A Morphology of Renunciation Tales. Cham: Palgrave Macmillan.
Martínez, Guillermo. 2006. Borges y la matemática. Bos Aires: Seix Barral.
Moretti, Franco. 2007. La literatura vista desde lejos. Traducido por Marta Pino Moreno. Barcelona: Marbot.
Moretti, Franco. 2015. Lectura distante. Traducido por Lilia Mosconi. Bos Aires: Fondo de Cultura Económica.
Naupert, Cristina, ed. 2003. Tematología y comparatismo literario. Madrid: Arco/Libros.
Naupert, Cristina. 2001. La Tematología comparatista entre teoría y práctica. La novela de adulterio en la segunda mitad del siglo XIX. Madrid: Arco/Libros.
Pastormerlo, Sergio. 2007. Borges crítico. Bos Aires: Fondo de Cultura Económica.
Pérez Bernal, Ángeles M.ª del Rosario e María Luisa Bacarlett Pérez. 2019. Deleuze, Borges y las paradojas. México: Gedisa.
Puente, Gabriela. 2011. Jorge Luis Borges. Civilización y barbarie en algunos de sus textos. Bos Aires: Biblos.
Rojo, Alberto. 2013. Borges y la física cuántica. Madrid: Siglo XXI Editores.
Romero López, Dolores, ed. 1998. Orientaciones en literatura comparada. Madrid: Arco/Libros.
Sánchez, Sergio. 2018. Borges lector de Nietzsche y Carlyle. 2.ª ed. Córdoba: Universidad Nacional de Córdoba.
Sarlo, Beatriz. 1993. Borges, un escritor en las orillas. Bos Aires: Seix Barral.
Vargas Llosa, Mario. 2020. Medio siglo con Borges. Madrid: Alfaguara.
Vega, María José e Neus Carbonell. 1998. La Literatura comparada: principios y métodos. Madrid: Gredos.
Waisman, Sergio. 2005. Borges y la traducción: la irreverencia de la periferia. Traducido por Marcelo Cohen. Bos Aires: Adriana Hidalgo Editora.
• Coñecer as aplicacións da literatura comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura.
• Contrastar a narrativa disciplinaria central sobre a literatura comparada con narrativas "periféricas".
• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de supranacionalidade literaria.
• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
A filosofía docente do seminario aséntase na figura do docente como guía —e non como transmisor de contidos— e adestramento en “pensamento crítico”. Segundo a definición de Michael Scriven e Richard Paul, o pensamento crítico é “un proceso intelectual disciplinado que conceptualiza, aplica, analiza, sintetiza e/ou avalía activamente información obtida de, ou xerada por, observación, experiencia, reflexión, razoamento ou comunicación”. O grupo no seu conxunto é xerador e receptor de pensamento crítico.
Un criterio central para o funcionamento do seminario é o respecto aos pares. Neste sentido, todas as intervencións, orais e escritas, deben ser seguidas coa máxima atención para así contribuír á xeración colectiva de coñecemento.
1.- Avaliación continua. A cualificación final determínase a partir dos seguintes tres criterios:
a) 35% para a asistencia con preparación semanal dos materiais e participación activa, incluídas as entradas no foro virtual de discusión, unha bibliografía anotada e comentarios a pares.
b) 35% para tres exercicios escritos. Exercicio 1: "close reading" (2.500-3.000 palabras). Exercicio 2: tradución literaria con comentario (3.000-4.000 palabras). Exercicio 3: ensaio comparativo (3.000-4.000 palabras).
Exercicio 1: traballarase cun texto literario breve nunha lingua na que se sexa competente (incluídas castelán ou galego) e desenvolverase unha "close reading" a partir de evidencias textuais internas para a que non é necesaria ningunha investigación previa; de feito, desaconséllase. Durante a segunda semana do seminario proporcionarase un exemplo de "close reading". Entrega: Semana 4.
Exercicio 2: traducirase dende unha lingua-fonte na que se sexa competente (malia que é posíbel incrementar o grao de desafío) a castelán ou galego. No poden consultarse traducións existentes. O exercicio incluirá o texto-fonte, a tradución e un comentario sobre a tradución e a súa relación co texto-fonte. Entrega: Semana 7.
Exercicio 3: escollerase unha obra teórica do seminario (ou lida previamente) e dous textos literarios en linguas distintas, que non poden ser os xa empregados para os exercicios 1 e 2. Máis aló desta restrición, a escolla de obras, xéneros, estilos, épocas, linguas, literaturas, etc. é libre. Este exercicio ten por obxecto xustapor dous textos literarios e argumentar sobre unha base comparativa a partir do marco teórico seleccionado. Non se require unha investigación previa que, de feito, se desaconsella, xa que formará parte do ensaio final. Entrega: Semana 10.
b) 30% para o ensaio final, cunha extensión de 5.000-6.000 palabras (sen computar a listaxe final de referencias e o aparato de notas). O ensaio final representa a culminación do seminario. Abordarase un tema de libre elección no marco da literatura comparada focalizado nun dos tres eixes (interliterario, interartístico, interdisciplinario). O ensaio pode desenvolverse ben a partir do exercicio 3, ben a partir dos textos seleccionados para os exercicios 1 ou 2. Entrega: convocatoria ordinaria/de segunda oportunidade.
2.- Avaliación para (a) o alumnado con dispensa oficial de asistencia e (b) alumnado que non pode cumprir co requisito da asistencia periódica. Debe acordarse co docente un plan de titorización para a realización dos exercicios previstos para a avaliación continua.
Semana 1: Introdución á literatura comparada
Semana 2: "Close reading" e lectura comparativa
Semana 3: Eixe interliterario
Semana 4: Eixe interliterario. Entrega do exercicio 1
Semana 5: Eixe interliterario
Semana 6: Eixe interliterario
Semana 7: Eixe interliterario. Entrega do exercicio 2
Semana 8: Eixe interartístico
Semana 9: Eixe interartístico
Semana 10: Eixe interartístico. Entrega do exercicio 3
Semana 11: Eixe interdisciplinario
Semana 12: Eixe interdisciplinario
Semana 13: Eixe interdisciplinario
Debe terse en conta que tanto a secuencia de temas como as lecturas asignadas poden variar para axustarse aos intereses do grupo, as presentacións nas aulas ou cambios de axenda en función doutras actividades formativas.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, esíxese ao alumnado acollido á Opción 1 de avaliación unha asistencia puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serena e crítica dos textos de traballo e o uso das canles comunicativas previstas co docente e coas fontes de aprendizaxe. En particular, aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
ETIQUETA ACADÉMICA
1) A asistencia semanal é obrigatoria para quen non conten cunha dispensa oficial e implica unha participación regular e sostida. Débese acudir a clase co traballo previsto realizado para participar nas discusións, que terán o seu reflexo na cualificación final.
2) Ao ser un seminario de lectura, desenvólvese nun ambiente analóxico, polo que non se acepta o uso de teléfonos móbiles. Desaconséllase o uso de dispositivos electrónicos (portátiles, tablets, etc.), agás, en caso extremo, cando se empreguen para traballar con lecturas do seminario. Neste caso, o dispositivo electrónico debe estar desconectado da rede de datos.
3) Os prazos de entrega dos exercicios non poden variarse. En caso de enfermidade ou razóns persoais graves, debe contactarse co docente coa debida antelación para introducir, de ser o caso, modificacións.
4) Só se aceptan como causas xustificadas de faltas de asistencia as recollidas na Disposición Terceira da Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior. En consecuencia, calquera outro motivo non habilita para unha reprogramación da actividade de avaliación, e a súa non realización equivalerá a unha puntuación de 0.
5) A comunicación co docente realízase unicamente a través da Aula Virtual co seu servizo de mensaxería e outros canles de comunicación que poidan habilitarse. As mensaxes dirixidos á conta de correo electrónico serán borradas automaticamente.
6) As sesións presenciais teñen o seu complemento na atención titorial, que o docente ofrece durante seis horas por semana previa petición mediante a Aula Virtual.
7) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e da revisión de cualificacións".
8) O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar co docente coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación do sistema de avaliación a un sistema individualizado (titorías presenciais/virtuais, presentación e discusión de tarefas presenciais/virtuais, etc.).
9) Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
10) O docente resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sarah Vidal Horta
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- sarah.vidal.horta [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego, Castelán | D07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego, Castelán | D07 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |