Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Acadar un coñecemento panorámico das principais correntes e achegas individuais que dan forma á historia da narrativa galega contemporánea, con especial énfase nos textos publicados dende comezos do século XX ata os nosos días e prestando atención á singularidade da súa configuración discursiva e do seu contexto de producción e recepción.
- Establecer unha xenealoxía na que o estudo dunha serie de textos (escollidos ben pola súa canonización simbólica en base a características formais, ben pola súa singular importancia para a explicación de persistencias, fronteiras e mudanzas no discurso narrativo galego) sirvan para sentar as bases dun coñecemento panorámico do rol que a escritura prosística galega xogou na configuración, renovación e mantemento do campo literario galego.
BLOQUE 0. Historia e sociedade na construción dun xénero literario. Algúns marcos de lectura.
Bibliografía complementaria específica:
Eagleton, Terry (2009): “Qué es una novela?” en La novela inglesa. Una introducción. Madrid: Akal, pp. 9-34.
BLOQUE 1. Campo literario, modernidade e o artellamento dun xénero: a prosa ficcional en galego antes da Guerra Civil
1.1. Nación e narración en dúas coleccións de literatura popular: Un ollo de vidro, de Castelao (Céltiga); A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, de Vicente Risco (Lar).
Bibliografía complementaria específica:
Figueroa, Antón (2015): “A ‘literatura nacional’ e a articulación do campo literario” en Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural. Compostela: Laiovento, pp. 145-160.
González-Millán, Xoan (1994): “Do nacionalismo literario a unha literatura nacional. Hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega”, Anuario de estudos literarios galegos, 67-81.
Tato Fontaíña, Laura (2003): “A emerxencia do discurso narrativo: das coleccións de novela curta ao romance” en Maria do Amparo Tavares Maleval e Francisco Salinas Portugal (eds.), Estudos galego-brasileiros. Rio de Janeiro: H.P. Comunicaçao, 193-218.
1.2. Rafael Dieste e o diálogo coa vangarda na narrativa galega: Dos arquivos do trasno.
Bibliografía complementaria específica:
Casas, Arturo (1994): “Para unha biografía intelectual (1899-1930)” e “A obra narrativa” en Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia, 15-59, 113-224.
Dieste, Rafael (2006 [1926]) “O meu manifesto”, en Xesús González Gómez (ed. lit.) Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX. Vigo: A Nosa Terra, pp. 51-52.
BLOQUE 2. Literatura narrativa e reconstrución do campo literario galego, no fervedoiro dos anos 50
2.1. O fantástico no proxecto literario de Galaxia: Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro.
Bibliografía complementaria específica:
González Millán, Xoan (1991): Alvaro Cunqueiro e Merlín e familia. Vigo: Galaxia.
2.2. A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, e o seu proxecto dunha narrativa nacional-popular en lingua galega.
Bibliografía complementaria específica:
Alonso Nogueira, Alejandro (2009): “Blanco-Amor e a constitución do campo literario galego durante os anos de Galaxia”, Grial 184: 28–35.
García Martínez, Pablo (2023): “Lengua y texto literario en la construcción de una cultura nacional-popular: Eduardo Blanco-Amor, de Galicia Emigrante a A Esmorga”, Bulletin of Spanish Studies, 100.6, pp. 881-901.
Vilavedra, Dolores (2000): “A esmorga: un exemplo da rendabilidade da polifonía como estratexia enunciativa nas literaturas minorizadas”, en Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia, pp. 97-115.
BLOQUE 3. Novas voces para unha nova narrativa
3.1. Apropiación e modernidade á procura dun estilo novo: A orella no buraco, de María Xosé Queizán
Bibliografía complementaria específica:
Figueroa, Antón (2010): “Supervivencia do campo de produción ideolóxico” e “Outra vez camiño da autonomía” en Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Compostela: Laiovento, pp. 113-159.
Queizán, María Xosé (1979): “A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo”, en Grial 63: 67-80.
Regueira, Mario (2020): “María Xosé Queizán e A orella no buraco. Nova Narrativa e Nouveau Roman”, en Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra : (1936-1966). Vigo: Xerais.
3.2. Mirada feminina e novela de iniciación sentimental en Adiós María (1971), de Xohana Torres
Bibliografía complementaria específica:
Bermúdez, Teresa (2000): “Adiós María como novela feminina galega”, en Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.), Ensinar a pensar con liberdade e risco. Homenatge a Basilio Losada, Barcelona, Universitat de Barcelona, p. 163-170.
Garrido González, Ana (2015): “Las chicas raras no tienen voz: una interpretación de" Adiós María" de Xohana Torres”, en Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos 21, 183-198.
3.3. Bildungsroman e conciencia de clase no peche dun ciclo: Antón e os inocentes, de Xosé Luís Méndez Ferrín
Bibliografía complementaria específica:
Blanco Casás, Antón (2020): “Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín. Unha concepción internacionalista da Galicia contemporánea desde Vigo e o seu mar”, en Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal 9, 177-201.
Blanco García, Carmen (1992): “Da escritura e da revolución na narrativa de Méndez Ferrín”, en Boletín galego de literatura 7: 41-51.
BLOQUE 4. A consolidación dunha literatura, a creación dun mercado literario
4.1. A invención dun premio, a construción dun xénero e o artellamento dun mercado literario: Crime en Compostela, de Carlos Reigosa.
Bibliografía complementaria específica:
González Millán, Xoán (1994): “A novela policial. Fragmento de Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa”, en Claudio Rodríguez Fer (ed.) Comentarios de textos populares e de masas. Vigo: Xerais, 193-229.
González Millán, Xoán (1994): “Os premios literarios” en Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais, 105-132.
4.2. Experimentación e ruptura en Polaroid, de Suso de Toro.
Bibliografía complementaria específica:
Vilavedra, Dolores (2000): “De Polaroid a Tic-tac ou como ser posmoderno pasando por Otero Pedrayo”, en Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia, 45-60.
4.3. A literatura galega fronte ao boom da memoria colectiva: O lápis do carpinteiro, de Manuel Rivas.
Bibliografía complementaria específica:
Labanyi, Jo (2007): “Memory and modernity in democratic Spain: The difficulty of coming to terms with the Spanish Civil War” Poetics Today 28.1: 89-116.
Vilavedra, Dolores (2015): “Literatura en el espacio público. Rivas y su obra: un punto de inflexión en la recuperación de la memoria histórica”, en Olivar 16.24.
BLOQUE 5. ¿Narrar hoxe? A prosa galega no primeiro cuarto do século XXI
5.1. Revisitando a materia de Bretaña a través do paradigma de xénero: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño.
Bibliografía complementaria específica:
Nogueira Pereira, María Xesús (2016): “A (re)escritura feminista. Notas sobre Begoña Caamaño”, en Madrygal 19: 151-159.
Vilavedra, Dolores (2018): “Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina”, en Boguszewicz, M., Garrido González, A. e Vilavedra, D. (eds.) Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria, Varsovia: Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos de la Universidad de Varsovia, 167-194.
5.2. Narrar o cotiá, resistir o cotiá: Carrusel, de Berta Dávila.
Bibliografía complementaria específica:
Forcadela, Manuel (2021): “Xénero e suxeito en sete novelas escritas por mulleres”, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico 118: 83-105.
5.3. A voz dxs que marcharon, os lugares que ficaron: investigación e audacia narrativa en Ninguén queda, de Brais Lamela.
Bibliografía complementaria específica:
Lamela, Brais (2024): “Os lugares e as conversas”, Boletín da Real Academia Galega 384: 405-407.
Miguélez-Carballeira, Helena (2023). “El sujeto rural español y el instituto nacional de colonización (1939-1971): colonialidad, biopolítica y memoria”, en Xavier Andreu Miralles (ed.) El imperio en casa. Género, raza y nación en la España contemporánea. Madrid: Silex, 195-215.
Miguélez-Carballeira, Helena e de Pablo, Javier (2021): “‘Nossoutros, se tivéssemos para onde ir, não vínhamos para aqui’: comunidades de sentido nos Assentamentos de Colonização da Terra Chã”, Clara Corbelhe 1: 69-80.
NOTA. Enténdese que os estudantes coñecen xa as obras literarias de lectura obrigatoria nas materias de li teratura galega de cursos anteriores.
Bibliografía básica e complementaria
Os textos que aparecen dentro do programa no apartado “Bibliografía complementaria específica” dialogan coa información achegada durante as sesións presenciais da materia, ben a nivel de análise das autoras e os autores, ben a nivel de contextualización histórica ou sociolóxica dos textos narrativos, ben a nivel do enfoque analítico suxerido para o estudo dos textos de lectura obrigada.
A “Bibliografía básica” compóñena o conxunto das obras de literatura narrativa en lingua galega sinaladas no apartado “Contidos” do presente programa. Con anterioridade ao comezo do período lectivo no que se imparte a materia, o profesor da mesma facilitará no Campus Virtual unha listaxe das edicións recomendadas para cada unha das obras de lectura obrigatoria, así como as vías máis recomendables para acceder aos textos, de natureza máis breve, recollidos na sección “Bibliografía complementaria específica” do apartado “Contidos”.
A maiores, facilítase a seguir unha listaxe de bibliografía complementaria feita de materiais que ofrecen unha visión máis panorámica dos momentos da historia da literatura narrativa galega estudados na materia.
Bibliografía complementaria:
Beramendi, Justo G (2007): De provincia a nación: historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
Casas, Arturo (1994): Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.
Forcadela, Manuel (1993): Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Compostela: Sotelo Blanco.
Forcadela, Manuel e Noia, Camino (2011): Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais.
González-Millán, Xoán (1996): A narrativa galega actual (1975-84). Vigo: Xerais.
González-Millán, Xoán (1991): Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación. Vigo: Galaxia.
González-Millán, Xoán (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo: Xerais.
Lakhdari, Sadi (2012): Voces de Galicia. Manuel Rivas y Suso de Toro. París: Indigo & Côté-Femmes.
Nicolás, Ramón (ed.) (2017): Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía. A Coruña: Real Academia Galega.
Noia, Camiño (1992): A nova narrativa galega. Vigo: Galaxia.
Rodríguez, Francisco (1993): Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada. Pontevedra: Cumio.
Rodríguez Rodríguez, Marisol (2013): Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina : Xohana Torres, María
Xosé Queizán, Carmen Blanco y Teresa Moure. Lewiston (New York): Edwin Mellen Press.
Rosales Cereijo, Manuel (1997): A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento. Compostela: Sotelo Blanco.
Rodríguez González, Olivia (2001): Estética e teoría da cultura en Vicente Risco. Vigo: Galaxia.
Tarrío, Anxo (1989): Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2000): Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo, Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2010): A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Vigo, Galaxia.
O alumnado debe, ao remate do curso:
- ter un coñecemento panorámico do proceso por medio do cal se foi constituíndo o discurso narrativo galego, dende os primeiros momentos da súa cristalización como xénero autónomo, nas primeiras décadas do S. XX, ata os nosos días.
- ser quen de identificar as singularidades, e algúns dos principais fitos, que caracterizan ese proceso.
- ser quen de relacionar as obras tanto coa evolución na construción do estilo das autoras e dos autores das mesmas como cos contextos históricos e sociais nos que aquelas toman forma.
-ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipótesis sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta.
-ser quen de ler, entender, sintetizar e responder críticamente a bibliografía secundaria sobre a narrativa das épocas estudadas.
Combinaranse as sesións expositivas co comentario das obras que figuran como obrigatorias no programa (vid, supra) e, de ser o caso, outros textos que o profesor poida achegarlle ao alumnado.
As sesións interactivas estarán reservadas para o comentario das obras de lectura obrigatoria, realizado en relación coa información ofrecida polo profesor durante as sesións expositivas.
É imprescindible, para un correcto aproveitamento das clases, ter realizadas as lecturas literarias cando se expliquen eses textos e autores na aula ou, cando menos, realizalas en paralelo.
Considérase que tanto a participación activa na materia como o cumprimento das normas de asistencia son un requisito necesario para poder optar á avaliación. Nas dúas oportunidades, o exame realizarase nas datas que marque o centro.
Calquera circunstancia que puidera xustificar a ausencia puntual ou sistemática das sesións presenciais debe ser notificada ao profesor CON ANTERIORIDADE, ben no horario de titorías, ben a través do correo electrónico. Para o caso de ausencias por razóns sobrevidas aceptaranse documentos acreditativos da razón da ausencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Explicación detallada do sistema de avaliación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O alumnado terá a posibilidade de ser avaliado a través dunha das seguintes opcións:
Opción A: Só exame teórico-práctico, que contará o 100% da nota.
Opción B: Combinación dun exame teórico-prácito (60% da nota) e un traballo escrito (40% da nota).
Xs estudantes que se decidan pola “Opción B” (exame + traballo) deben cumprir as condicións que se explican a seguir. O incumprimento das condicións (no que fai a prazos de notificación, prazos de entrega, extensión, etc.) implicará a non consideración do traballo, de xeito que x estudante será avaliadx con respecto á “Opción A” (só exame).
Condicións para a participación na “Opción B”:
- O traballo suporá o 40% da nota final sempre e cando a avaliación do mesmo sexa positiva.
- A extensión do mesmo será de 4-6 páxinas.
- Os traballos consistirán nun comentario dunha das obras de lectura obrigatoria para o cal se recomenda botar man tamén das lecturas recollidas no apartado “Bibliografía complementaria específica”.
- Aquelas persoas que queiran facer uso da “Opción B” deben facerllo saber ao profesor NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO SEMESTRE, notificándolle igualmente, nese mesmo momento, cal é a lectura obrigatoria sobre a que elixen facer o traballo escrito. Todxs xs estudantes que non notifiquen a escolla da “Opción B” (exame + traballo) dentro das dúas primeiras semanas de clase pasarán automáticamente a ser avaliadxs a través da “Opción A” (só exame).
- Para seren tidos en conta, os traballos deben entregarse (preferentemente de xeito presencial mais tamén por correo electrónico) antes da finalización do último día hábil da semana en que sexa analizada a obra de lectura obrigatoria elixida para a realización do traballo.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Aquelxs alumnxs que, tendo elixido ser avaliadxs na "Opción B" (exame + traballo) na primeira oportunidade, obtiveran unha avaliación positiva no traballo optativo pero non aprobaran a materia poden conservar a nota do traballo optativo na segunda oportunidade. Para exercer esta opción deben notificarllo ao profesor con anterioridade ao día de realización do exame da devandita segunda oportunidade. De non realizarse esta notificación (ben por correo electrónico ou ben de xeito presencia durante o horario de titoría) entenderase que x estudante elixe a “Opción A” (só exame) como medio de avaliación para a segunda oportunidade.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, o estudantado con dispensa de asistencia poderá elixir entre a “Opción A” e a “Opción B”, tendo que cumplir cos prazos referidos máis arriba no que fai á notificación, de ser o caso, da escolla da “Opción B” (dentro das dúas primeiras semanas do semestre), así como ao período para a entrega dos traballos (antes do remate do último día hábil da semana en que se explicará o texto sobre o que se faga o traballo). O mesmo acontece no caso da segunda oportunidade: x estudante deberán notificar con anterioridade á data de realización do exame se quere conservar, de ser o caso, a nota obtida no traballo opcional da primeira oportunidade, pasando así a ser avaliadxs, nesta segunda oportunidade, a través da "Opción B" (exame + traballo). De non realizarse esta notificación (ben por correo electrónico ou ben de xeito presencia durante o horario de titoría) entenderase que x estudante elixe a “Opción A” (só exame) como medio de avaliación para a segunda oportunidade.
Trátase dunha materia de 6 créditos, o cal supón 150 horas de traballo de cada estudante. As actividades presenciais consistirán en 2 horas semanais de sesións expositivas e 1 hora semanal de sesións interactivas ou de seminario. O resto dedicarase a actividades non presenciais dirixidas (lecturas) e actividades non presenciais libres (estudo).
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
O Campus Virtual sirve como espazo de comunicación estendida, alén da aula, do que o profesor se servirá para facer anuncios ou recordatorios, así como para facer dispoñibles a través deste medio textos relacionados co devir da materia. En consecuencia, recoméndase a consulta habitual do Campus Virtual por parte do alumnado.
No que fai á asistencia, aplicarase a normativa xeral da USC.
Pablo Garcia Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- pablogarcia.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C01 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C01 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |