Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento de modalidades textuais menos atendidas pola historiografía literaria.
- Analizar de maneira específica algunhas manifestacións literarias representativas do teatro, o xornalismo literario e a literatura dixital.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- A literatura dramática e o teatro
- O teatro nos inicios do século XX
- A “Xeración Abrente”
- Os anos oitenta e noventa
2.- O ensaio e o xornalismo literario
- Problemas de definición
- O nacemento do ensaio. Castelao como síntese o do ensaísmo de Nós
- O ensaio da posguerra
- O ensaio no período democrático
- O xornalismo literario
- Outras modalidades de prosa non ficcional
3.- A literatura dixital
- Concepto
- Desenvolvemento e soportes
- Manifestacións relevantes
a) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carballo Calero, R. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963, 3ª ed.
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es
Pena, X. R., Historia da literatura galega, vols. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e 2016.
Tarrío Varela, A. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica). Vigo: Xerais, 1994.
Vilavedra, D., Dicionario de literatura galega.Vigo: Galaxia, 1995-2004, vols. 1 (Autores), 3 (Obras) e 4 (Termos e institucións).
Vilavedra, D. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.). Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2001-2002.
VV. AA., Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996.
Nota:
Nestas materias estabelécense ademais as seguintes obras de lectura obrigatoria:
Roberto Vidal Bolaño, Días sen gloria
Cándido Pazó, Raíñas de pedra
Castelao, Sempre en Galiza, capítulo I do Libro IV
Teresa Moure, A palabra das fillas de Eva
Fran Alonso, Poétic@
Escolmas preparadas pola profesora e dispoñíbeis na aula do Campus Virtual da USC,na carpeta ‘Materiais’ de cada tema.
b) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es
López Silva, Inma. Resistir no teatro. Cara a unha historia institucional do teatro galego. Santiago: Xunta de Galicia/USC, 2016.
López Silva, Inma e Dolores Vilavedra. Un abrente teatral. Vigo: Galaxia, 2002.
Monteagudo, Henrique. “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-1920). Anuario de Estudios Literarios Galegos 1995, 1996.
Nicolás, Ramón. “Unha perspectiva sobre o ensaio galego”. Luís Alonso Girgado (coord.), Actas das I Xornadas de Letras Galegas en Lisboa. Xunta de Galicia, 1998, 249-268.
Poesíagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP/Consello da Cultura Galega, http://www.poesiagalega.org/
Rivas, Manuel. “La educación sentimental de un periodista”. El periodismo es un cuento. Madrid: Alfaguara, 1997, 19-24.
Vieites, Manuel Francisco. Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995). Vigo: Xerais, 1998.
Vieites, Manuel Francisco. A configuración do sistema teatral galego (1882-1936). Santiago: Laiovento, 2000.
Vieites, Manuel Francisco (coord.). Literatura dramática. Unha aproximación histórica. Vigo: Galaxia, 2007.
Vilariño Picos, M. Teresa (coord.). Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital. Boletín galego de Literatura, 46, 2011.
VV. AA. Da tinta á pegada dixital. Actas VI Encontro de novos escritores/as. A Coruña: AELG, 2011.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea
- Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego contemporáneo nas súas diferentes manifestacións
- Coñecemento de autores e obras significativas da literatura dramática, o ensaio e o xornalismo literario contemporáneos.
- Coñecemento da textualidade dixital e de novas formas de expresión baseadas na hibridación xenérica
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual
As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos centrais da materia. Apoiaranse en lecturas de textos, presentacións en powerpoint, vídeos e internet.
As sesións de seminario dedicaranse ao comentario produtos literarios de distinta natureza.
Utilizarase a aula do Campus Virtual da USC.
A avaliación será continua e levarase a cabo conforme os seguintes puntos
1. Na primeira oportunidade terase en conta:
1.1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual: 25% da cualificación. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia.
2.Exame na data oficial: 75 % da cualificación.
As persoas con dispensa de asistencia á clase e o alumnado repetidor que así o desexe serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora.
Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1, sempre que tivese unha asistencia regular (25% da cualificación) e realizar o exame na data oficial (75% da cualificación).
b) Realizar o exame final (100 % da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións expositivas: 38 horas
Sesións de seminario: 6 horas
Sesións de titoría programadas: 4 horas
Sesións de avaliación: 2 horas
Horas de traballo dirixido: 40
Horas de traballo autónomo: 60
- Levar ao día as lecturas obrigatorias, que se detallan na Guía Docente, para un maior aproveitamento das sesións de clase.
- Levar á clase os materiais cos que se está a traballar en cada momento.
- Participar de maneira activa tanto na clase como nos foros.
Dolores Vilavedra Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Xesus Nogueira Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D10 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D10 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |