Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecemento dos parámetros sociais básicos da evolución recente, a situación actual e as dinámicas sociolingüísticas atinxentes ao idioma galego e posibles lecturas desta.
• Comprensión das condicións sociais en que se desenvolve a lingua galega.
• Iniciación á análise sociolingüística das capacidades, usos, actitudes, políticas e ideoloxías lingüísticas.
• Coñecemento e crítica das nocións e categorías básicas que foron desenvolvidas para analizar a situación sociolingüística do idioma galego.
• Comprensión dos fenómenos da variación, contacto, elaboración e normatividade lingüísticas, en relación co idioma galego.
1.1. Diversidade lingüística: pluralidade de linguas e variación interna. A perspectiva ecolingüística. O plurilingüismo e o contacto de linguas.
1.2. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo. Sociolingüística e lingüística. Sociolingüística e glotopolítica. Sociolingüística e análise crítica do discurso.
1.3. Nocións fundamentais: lingua, dialecto, variedade, variante; sistema, polisistema, subsistema; lingua e sociedade; lingua e comunidade lingüística.
2. Breve historia da sociolingüística galega. Principais problemas, debates e orientacións.
2.1. Cambios sociais, ideas e debates sobre a lingua (1970): R. Piñeiro, X. Alonso Montero, M. Rodrigues Lapa. Prexuízos lingüísticos. Conxectura de eternidade e profecías autodirixidas.
2.2. A sociolingüística académica: inquéritos sociolingüísticos. A sociolingüística interaccional.
2.3. Sociolingüística aplicada, glotopolítica e planificación da lingua.
3. Modelos de análise e parámetros fundamentais.
3.1. Base demográfica e marco sociopolítico.
3.2. Funcións socio-comunicativas, dominios de uso e xéneros do discurso.
3.3. Significación social e cultura lingüística: prestixio, actitudes e ideoloxías lingüísticas.
4. Variación e estándar. Normalización e estandarización: elaboración da lingua, codificación e debate normativo.
4.1. A variación lingüística. Parámetros da variación.
4.2. Arquitectura do sistema lingüístico, contacto galego / castelán e sociolectos do galego
4.3. Diglosia e interposición.
4.4. Elaboración e cultivo. Ausbau e Abstand. Procesos de lingüificación e dialectalización.
4.4. Poli-elaboración, pluricentrismo, polinomia.
4.5. Contacto de linguas, bilingüismo e conflito lingüístico.
4.6. A estandarización da lingua: entre o subestándar e o superestándar. Ideas, valores e actitudes ante a estandarización: purismo, antipurismo e reintegracionismo.
5. Descrición e análise da situación sociolingüística galega.
5.1. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia. Hábitat, idade, clase social e nivel de estudos.
5.2. Lingua inicial e competencia lingüística. Repertorio lingüístico, bilingüismo e adquisición de linguas.
5.3. Usos lingüísticos. Mantemento e mudanza de lingua: castelanización e (re)galeguización. Cambio lingüístico interxeracional e biográfico.
5.4. Redes sociais e interacción bilingüe. Procesos de acomodación, converxencia e diverxencia.
6. Lingua e identidade: ideoloxías lingüísticas.
6.1. Actitudes, estereotipos e prexuízos lingüísticos. Abordaxes cuantitativas,
cualitativas e experimentais.
6.2. Evolución das actitudes lingüísticas en Galicia.
6.2. Ideoloxías lingüísticas e discursos sobre a lingua
7. Planificación e política lingüística en Galicia (1980-…).
7.1. O marco legal: Estatuto de Autonomía e Lei de Normalización Lingüística
(1980-83).
7.2. O proceso de normalización/ desnormalización lingüística. Políticas top-down
e bottom-up: a acción gobernamental e a mobilización social.
7.2. Evolución global e análise por sectores.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Calvet, Louis-Jean: A (socio)lingüística. Santiago: Laiovento, 1998.
Monteagudo, Henrique: Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Monteagudo, Henrique: “A demanda da norma. Avances, problemas e perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego”, en H. Monteagudo / X. Bouzada (eds.), Elaboración e difusión a lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 37-129.
Monteagudo, Henrique: Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega, 2012.
Monteagudo, Henrique / Loredo, Xaquín / Vázquez, Martín: Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega, 2016.
Monteagudo, Henrique: “Lingua e Sociedade en Galicia”, LaborHistórico 3.1 (2017) [Lingüística Galega. A contribución do Instituto da Lingua Galega. Organização: Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez], 14-48. https://revistas.ufrj.br/index.php/lh/article/view/17105/10395
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
TEMA 1
Monteagudo, Henrique (2012): “A invenção do monolingüismo e da língua nacional”,
Gragoatá 32, 43-52.
Monteagudo, Henrique (2017): “Linguas, globalización e interculturalidade. Unha
reflexión desde o Galego”, en Moisés de Lemos Martins (ed.), A internacionalização
das Comunidades Lusófonas e Íbero-Americanas de Ciências Sociais e Humanas. O
caso das ciências da comunicação. Vila Nova de Famalicão: Húmus / Centro de
Estudos de Comunicação e Sociedade, 303-318.
TEMA 2
Lapa, Manuel Rodrigues (1973): “A recuperação literária do galego”, Grial 41, 178-97
Monteagudo, Henrique (2012): “Sociolingüística galega. Problemas e pescudas”, en
Treballs de sociolinguística catalana, 22, 271-86.
(http://revistes.iec.cat/index.php/TSC/article/view/65945/65811)
Monteagudo, Henrique (2021): O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á
normalización. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2024): Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na
lingua e a cultura galegas. Vigo: Galaxia.
Piñeiro, Ramón (1973): “Carta a D. Manuel Rodrigues Lapa”, Grial 42, 389-401.
Piñeiro, Ramón (2007): A linguaxe e as linguas. Vigo: Galaxia, pp. 73-96.
Rei-Doval, Gabriel (2018): “Tres décadas de sociolingüística galega (1967-1997):
continuidades e descontinuidades”. En Carme Alén Garabato / Mercedes Brea (eds.),
Limba noastra;-i o comoara;... Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a
Francisco Fernández Rei. Universidade de Santiago de Compostela, 239-268.
TEMAS 3-4
Bagno, Marcos (2006): “Lingua e sociedade na historia do Brasil”, Grial 172, 110-137.
Fernández Salgado, Benigno / Monteagudo, Henrique (1995): “Do galego literario ó
galego común: o proceso de estandarización na época contemporánea”, en Henrique
Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega. Vigo: Galaxia, 99-176.
Monteagudo, Henrique (2003): “A demanda da norma. Avances, problemas e
perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego”, en Xan Bouzada /
Henrique Monteagudo (coords.) (2003): O proceso de normalización do idioma galego
(1980-2000): Volume III. Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello de
Cultura Galega, 37-129.
Monteagudo, Henrique (2004): “Do uso á norma, da norma ao uso. Variación
lingüística e estandarización no idioma galego”, en Rosario Álvarez / Henrique
Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello
da Cultura Galega, 377-436.
• As competencias específicas da materia son:
• Capacitación para unha visión crítica dos discursos sociais sobre a lingua, e incremento da (auto)consciencia metalingüística.
• Capacitación para a comprensión, interpretación e análise crítica de cadros, táboas e gráficos estatísticos con datos sociolingüísticos.
• Recoñecer as interrelacións entre os parámetros sociais e os propiamente sociolingüísticos
• Fomentar unha actitude crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas
• Identificar os factores sociolóxicos e ideolóxicos con máis impacto na situación social do idioma galego.
• Capacitación para a procura e manexo dos recursos en rede.
• Iniciación para o traballo de campo en sociolingüística: recollida, tratamento e análise da información
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción do traballo), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
A lectura de seccións das obras da bibliografía básica que se indican na aula é obrigatoria. As sesións de aula co comentario de gráficos e táboas son de asistencia inescusable, así como o manexo doutros aos que se fai referencia na propia aula.
Haberá os seguintes tipos de actividades:
- Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia: 2 horas de explicación teórica semanal.
- Sesións de seminario (1 hora semanal de sesión interactiva), onde se proporán diversas actividades consistentes en lectura, discusión e comentario de textos, correspondentes ás lecturas obrigatorias recollidas na bibliografía, presentación e discusión de táboas e gráficos e doutros recursos audiovisuais.
- Traballo de campo individual, segundo as instrucións que se ofrecen. O traballo será dirixido polo profesor, o que requirirá dúas entrevistas persoais co profesor e tres sesións de traballo co profesor en horario de titorías.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
En particular, no campus virtualatoparanse moitos dos recursos que seempregarán nas aulas.
A. Avaliación continua
1. Asistencia ás aulas: Obrigatoria. A falta de máis de 10% das clases sen xustificar
implicará que a materia quede sen avaliar.
2. Exposición na aula e breve ensaio sobre o tema da exposición na aula: 15%.
3. Traballo de campo obrigatorio: 35%.
4. Exame: 50%.
Para superaren a materia, os/as estudantes deben aprobar o exame.
B. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
1. Traballo obrigatorio sobre un dos temas de lecturas: 10%.
2. Traballo de campo obrigatorio: 35%.
3. Exame: 55%.
No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes deberán obter unha nota mínima de
7 sobre 10 no exame para superar a materia.
C. Avaliación en segunda oportunidade
1. Para a segunda oportunidade, gardaranse as notas daquelas partes da materia que
fosen superadas previamente, e deberán repetirse as que non o fosen. Os/as
estudantes de avaliación continua (A), no caso de que o traballo de campo non
fosen aprobado, deberán repetilo. O mesmo rexe para o exame. Isto é, gardaranse
as notas daquelas partes da materia que fosen superadas previamente, e deberán
repetirse as que non o fosen.
2. Os/as estudantes con dispensa de asistencia (B), conservarán a nota dos traballos
(60% da nota final) no caso de que estes sexan avaliados positivamente, e realizarán un
exame que contará por un 40% da nota, pero deben superar esta proba cunha nota
mínima de 7 sobre dez. No caso de que algún dos traballos obrigatorios realizados no
curso non fose aprobado, deberá facerse de novo.
D. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros/as
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán
ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo
caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes».
Actividades presenciais Actividades non presenciais
Sesións expositivas: 32 horas Estudo e preparación de actividades programadas na aula 30 horas
Sesións de seminario: 16 horas Traballo obrigatorio 20
Sesións de titoría: 3 Lecturas 26
Sesións de avaliación: 3 Preparación de exames 20
Total: 54 TOTAL 96
O groso do material de apoio para estudar a materia (presentacións en PWP, apuntamentos de apoio do profesor, reprodución de lecturas...) está a dispor dos/as estudantes no Campus Virtual.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as lecturas que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/ exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación do profesor.
É conveniente comezar rapidamente co traballo de campo para ir resolvendo dúbidas e dificultades.
En la página web personal del profesor se encontrarán la mayor parte de los recursos que este empleará en las aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/
Xose Henrique Monteagudo Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D10 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C08 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C08 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C08 |