Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as aplicacións da lingüística computacional e das tecnoloxías da fala
• Comprender a utilidade e as vantaxes das novas tecnoloxías no estudo e o ensino da lingua
• Coñecer as ferramentas informáticas básicas aplicables ao estudo da lingua galega
• Coñecer os corpus textuais do galego e as súas posibilidades de explotación
• Adquirir destrezas para a documentación, tratamento e análise de datos lingüísticos
1. Introdución ás tecnoloxías lingüísticas
2. Aplicacións, recursos e ferramentas para o tratamento da información lingüística
2.1. Recursos textuais básicos
2.2. Recursos léxicos
2.3. Recursos para a tratamento da fala
2.4. Recursos para a visualización de datos lingüísticos
2.5. Recursos de xeración e tratamento de linguas
2.6. Corpus lingüísticos: construción e explotación
3. As humanidades dixitais
Bibliografía básica
Barrena García, Manuel. 2020. Word para universitarios. Tutorial para la confección de documentos académicos. Cáceres: Sindéresis. http://dehesa.unex.es/bitstream/10662/11684/6/978-84-09-25217-6.pdf
Lavid, Julia. 2005. Las nuevas tecnologías y su imparto en la enseñanza de las humanidades. En Julia Lavid (ed.), Lenguaje y nuevas tecnologías. Madrid: Cátedra.
Martí, M. A. 2003. Las tecnologías de la lengua y la sociedad de la información. En M. A. Martí (ed.), Tecnologías del lenguaje, 9–29. Barcelona: Editorial UOC.
Mitkov, Ruslan (ed.). 2014. The Oxford Handbook of Computational Linguistics, 2nd edn. Oxford: OUP.
Rojo, Guillermo. 2021. Introducción a la lingüística de corpus en español. Londres/ Nueva York: Routledge. (cap. 1 e 2)
Bibliografía complementaria
Berber Sardinha, Tony. 2004. Lingüística de Corpus. Barueri: Manole.
Briz Gómez, A. & M. Albelda Marco. 2009. Estado actual de los corpus de lengua española hablada y escrita: I+D. En El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes 2009. Madrid: Instituto Cervantes.
Briz, A. & Grupo Val.Es.Co. 2002. Corpus de conversaciones coloquiales. Madrid: Arco Libro.
Fernández Rei, Elisa & Xosé L. Regueira (ed.). 2008. Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
González Seoane, Ernesto, Antón Santamarina & Xavier Varela (eds.). 2008. A lexicografía galega moderna. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
Hoffmann, Sebastian, Stefan Evert, Nicholas Smith, David Lee & Ylva Berglund Prytz. 2008. Corpus Linguistics with BNCWeb-a Practical Guide. Frankfurt: Lang.
Hunston, S. 2002. Corpora in Applied Linguistics.UK: University Press, Cambridge..
Lavid, Julia. 2005. Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI. Madrid: Cátedra.
Rojo, Guillermo, María Sol López Martínez, Eva Domínguez Noya & Francisco M. Barcala Rodríguez . 2016. O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): estado actual e perspectivas. En M. González González (ed.), Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruíbal. Xunta de Galicia: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, pp. 445-473.
Domínguez Noya, Eva, María Sol López Martínez & Francisco M. Barcala Rodríguez. 2019. Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): composición, codificación, etiquetaxe e explotación. Verba, Anexo 79, 179-218. https://www.usc.gal/libros/es/categorias/909-corpus-y-construcciones-28…
McEnery, Tony, Richard Xiao & Yukio Tono. 2006. Corpus-based Language Studies. An advanced resource book. Londres: Routledge.
Moreno Sandoval, Antonio. 2019. Lenguas y computación. Madrid: Editorial Síntese
Sierra Martínez, G. E. 2017. Introducción a los corpus lingüísticos. México: UNAM.
Sinclair, John. 1991. Corpus, Concordance, Collocation, Oxford: Oxford Univ. Press.
Venegas, R. & J. Silva. 2007. El Manchador de Textos: Una herramienta computacional para el análisis de textos. En G. Parodi (ed.), Lingüística de Corpus y Discursos Especializados: Puntos de Mira. 53-76. Valparaíso: Ediciones Universitarias de Valparaíso.
Walter, Melissa. 2000. Cómo escribir trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.
Wynne, Martin (ed.). 2005. Developing Linguistic Corpora: a Guide to Good Practice. Oxford: Oxbow Books.
Capacidade para manexar as ferramentas e recursos na rede para a investigación e o estudo do galego.
Adquisición dos métodos e principais aplicacións das tecnoloxías lingüísticas.
Demostrar o coñecemento dos diferentes tipos de corpus e a súa clasificación.
Demostrar o coñecemento dos corpus textuais do galego e as súas aplicacións.
Capacidade para recuperar información dos corpus textuais galegos.
Sesións expositivas. Nelas presentaranse os conceptos teóricos e metodolóxicos fundamentais da materia. Ilustraranse as explicacións con lecturas, comentarios e exemplos. Tamén ser lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos. Estes textos indicaranse na Aula Virtual ó principio de curso.
Sesións interactivas. traballarase co apoio de ordenadores e terán carácter eminentemente práctico. Nelas levaranse a cabo pequenos traballos que axuden na aprendizaxe do manexo das ferramentas informáticas, no manexo e técnicas para a recuperación de datos lingüísticos a partir dos corpus e o seu aproveitamento para o estudo da lingua. Os materiais empregados nas sesións interactivas estarán dispoñibles na Aula Virtual.
Nas titorías personalizadas o profesor comentará o seguimento do traballo realizado e tamén os traballos individuais encomendados.
A Aula Virtual ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Opción A (avaliación continua). Para seguir este sistema de avaliación, será precisa unha asistencia regular ás clases; os alumnos deberán xustificar as faltas de asistencia.
Actividades na aula (30%). Os alumnos deberán realizar nas clases interactivas actividades relacionadas co tratado nas clases expositivas e subilas á Aula Virtual.
Traballo de curso (20%). Este traballo é obrigatorio. Poderá realizarse en grupo e haberá que expoñelo na aula.
En todas estas actividades valorarase a coherencia, a organización e a claridade. Os alumnos que non presenten estas actividades no prazo indicado serán cualificados cun cero (0), agás que documenten una causa xustificada.
Proba escrita (50%). Constará dunha proba escrita na que se valorará o coñecemento dos conceptos propios da materia. Valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua escrita.
Opción B. Alumnos con dispensa de asistencia a clase
O alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na primeira oportunidade coma na segunda:
Proba escrita. A puntuación acadada suporá un 60% da nota final. Ademais do coñecemento dos conceptos propios da materia, valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua escrita.
Actividades. O profesor determinará os traballos que deberán realizar, así como os prazos de entrega. Esta parte suporá o 40%. A relación de actividades estará indicada na Aula Virtual. Valorarase a coherencia, a organización e a claridade. Quen opte por este sistema deberá poñerse en contacto cos responsables da materia antes do 30 de setembro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Manterase a nota conseguida nas actividades realizadas ó longo do curso (non son recuperables); actividades na aula (30%) + traballo de curso (20%).
Proba escrita. Deberán presentarse aqueles alumnos que non superaron a materia na primeira oportunidade. A puntuación acadada suporá un 50% da nota final. Valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua.
OBSERVACIÓNS
Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio da lingua, tanto no nivel oral como no escrito. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (0'2 por cada falta), así como os problemas de redacción, estilo, coherencia, etc.
Actividades presenciais
Sesións expositivas: 16 horas
Sesións de aula de informática: 32horas
Sesións de titorías programadas: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 36 horas
Realización de traballos: 40 horas
Lecturas: 10 horas
Preparación de exames: 10 horas
Total de horas de actividade non presencial: 96 horas
É desexable que os estudantes teñan un dominio do ordenador a nivel de usuario. Non se recomenda o emprego de tabletas para o uso nas aulas, polas restricións que impoñen os seus sistemas operativos.
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Guisantes Alonso
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- m.guisantes [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D11 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C10 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C10 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C08 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C08 |