Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final do curso, o alumnado debe ter coñecemento e comprensión das estruturas lingüísticas do Inglés Antigo e Medio (grafía, pronuncia, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico e variedades dialectais). Espérase tamén que adquiran os coñecementos suficientes para poder traducir textos en Inglés Antigo e Medio e para realizar análises sociolingüísticas, fonolóxicas, léxicas, morfolóxicas, sintácticas e textuais-discursivas.
A materia ofrece unha panorámica sociolingüística dos períodos coñecidos como Inglés Antigo e Medio e componse de dúas partes principais:
A) Unha parte teórica, na cal se presentarán cuestións básicas sobre o sistema ortográfico, fonolóxico, léxico e morfosintáctico dos devanditos períodos.
B) Unha parte práctica, na que se presentará unha selección de textos do Inglés Antigo e Medio para a súa tradución e análise. En particular, a escolma de textos poderá incluír, entre outros, The Battle of Maldon, The Seafarer, The Wanderer, Beowulf, Peterborough Chronicle, Cursor Mundi, ou The Fox and the Wolf.
1. O Inglés Antigo:
1.1. Contexto sociohistórico e dialectos do Inglés Antigo.
1.2. Os manuscritos do Inglés Antigo.
1.3. O alfabeto e a ortografía do Inglés Antigo.
1.4. O sistema fonolóxico do Inglés Antigo.
1.5. O léxico do Inglés Antigo (mecanismos de formación de palabras e préstamos lingüísticos).
1.6. A gramática do Inglés Antigo:
- O sistema nominal (nomes, pronomes, determinantes, adxectivos, adverbios e o sistema de casos).
- O sistema verbal (tipoloxía de verbos e inflexións).
- A sintaxe do Inglés Antigo (orde de palabras e subordinación).
2. O Inglés Medio:
2.1. Contexto sociohistórico e dialectos do Inglés Medio: o nacemento do estándar escrito.
2.2. Os manuscritos do Inglés Medio.
2.3. O sistema fonolóxico do Inglés Medio.
2.4. O léxico do Inglés Medio (mecanismos de formación de palabras e préstamos lingüísticos).
2.5. A gramática do Inglés Medio:
- O sistema nominal (nomes, pronomes, determinantes, adxectivos, adverbios).
- O sistema verbal (tipoloxía de verbos e inflexións).
- A sintaxe do Inglés Medio (orde de palabras e subordinación).
INGLÉS ANTIGO:
Manual:
*Baker, P. S. 2003. Introduction to Old English. Oxford: Blackwell.
Gramáticas e antoloxías:
Baker, P. S. 2003. Introduction to Old English. Oxford: Blackwell.
Hogg, R (ed.). 1992. The Cambridge History of the English Language, vol. I: The Beginnings to 1066. Cambridge: Cambridge University Press.
Hogg, R. 2002. An Introduction to Old English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Lass, R. 2012. Old English: A Historical Linguistic Companion. Cambridge: Cambridge University Press.
Marsden, R. 2004. The Cambridge Old English Reader. Cambridge: Cambridge University Press.
Mitchell, B. 1995. An Invitation to Old English and Anglo-Saxon England. Oxford: Blackwell.
Mitchell, B. & F. C. Robinson. 2012. A Guide to Old English (8ª edición). Oxford: Blackwell.
Dicionarios:
Bosworth, J. & T. N. Toller. 1891-1921. An Anglo-Saxon dictionary. Oxford: Oxford University Press.
Clark-Hall, J. R. 1975. A Concise Anglo-Saxon dictionary. Cambridge: Cambridge University Press.
INGLÉS MEDIO:
Manual:
*Iglesias Rábade, L. 2003. Handbook of Middle English: Grammar and Texts. Munich. Lincom Europa.
Gramáticas e antoloxías:
Blake, N.F. (ed.). 1992. The Cambridge History of the English Language, vol. II: 1066-1476. Cambridge: Cambridge University Press.
Brunner, K. 1970. An Outline of Middle English Grammar. Oxford: Blackwell.
Horobin, S. & J. Smith. 2002. An Introduction to Middle English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Johnson, K. 2016. A History of Early English: An Activity-based Approach. London: Routledge.
Jordan, R. 1975. Handbook of the Middle English Grammar: Phonology. Paris: Mouton.
Roseborough, M. M. 1970. An Outline of Middle English Grammar. Westport: Greenwood Press.
Van Gelderen, E. 2017. Analyzing Syntax through Texts: Old, Middle, and Early Modern English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Dicionarios:
Kurath, H. et al. 1952-. Middle English Dictionary. Anne Arbor: University of Michigan Press.
Mayhew, A.L., W.W. Skeat & M. Everson. 2009. A Concise Dictionary of Middle English: From 1150 to 1580. Mayo, Irlanda: Evertype.
Stratmann, F. 1891. A Middle English Dictionary. Oxford: Oxford University Press.
RECURSOS EN LIÑA:
http://www.oldenglishaerobics.net/
https://lrc.la.utexas.edu/eieol/engol
https://arts.gla.ac.uk/STELLA/apps/web/eoe/
https://www.st-andrews.ac.uk/~cr30/vocabulary/
http://english.nsms.ox.ac.uk/oecoursepack/
https://medievalfleming.wordpress.com/2015/08/28/free-fully-digitized-m…
https://www.bl.uk/medieval-literature/articles/middle-english
https://adoneilson.com/eme/index.html
http://www.sd-editions.com/CantApp/GP/
Básicas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
Xerais: CG1, CG8
Para máis información pódese consultar a Memoria de Verificación no seguinte enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/m…
A materia impartirase en tres sesións semanais, nas cales se alternarán as sesión expositivas, mediante a presentación dos contidos do programa, con sesións de seminario nas que se poñerán en práctica os contidos abordados nas clases teóricas, mediante a análise e tradución de textos representativos dos períodos estudados. Espérase que o alumnado participe activamente nas sesións de clase, así como nas tarefas encomendadas.
Tanto na oportunidade ordinaria de maio/xuño como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte do alumnado valorarase por medio de varios procedementos combinados, tal e como se recolle a continuación:
PRIMEIRA (maio/xuño) E SEGUNDA OPORTUNIDADE (xuño/xullo): as porcentaxes distribuiranse como segue:
1) AVALIACIÓN CONTINUA (40%) – actividades orais e escritas que se realizarán de forma individual ou en grupo, na clase ou a través da plataforma virtual:
1.1. Traducións e comentarios lingüísticos (individuais): 15%
1.2. Asistencia e participación activa nas diferentes sesións: 5%
1.3. Presentación oral e traballo escrito sobre un dos temas do programa, previamente acordado coa docente: 20%
2) EXAME FINAL (60%) – o exame final constará de:
2.1. Tradución de textos do Inglés Antigo e Medio.
2.2. Comentario lingüístico (ortográfico, fonolóxico, léxico, morfolóxico e sintáctico) de textos do Inglés Antigo e Medio.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
1.- O alumnado que non se presente o día do exame final obterá a cualificación de NP (‘Non Presentado’), aínda que tivese completado todas as actividades de avaliación continua. Do mesmo xeito, os estudantes que non presentasen as tarefas de avaliación continua perderán a porcentaxe correspondente da nota final.
2.- O alumnado que falte a máis de 5 sesións non xustificadas ao longo do semestre perderá o dereito ao 5% de asistencia.
3.- A avaliación dos estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase e os repetidores que non poden asistir a clase constará das seguintes partes: 1) exame final que consistirá na tradución e comentario de textos do Inglés Antigo e Medio (80%); 2) traballo escrito e presentación oral sobre un dos temas do programa, previamente acordado coa docente (20%). Os estudantes deben contactar coa profesora no primeiro mes de clase para acordaren o tema do traballo.
PLAXIO NA AVALIACIÓN:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que prevé:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
150 horas, das cales 48 corresponden a horas de presenza na aula (clases expositivas, clases interactivas), 3 a titorías, 3 a avaliación e 96 a traballo persoal e autónomo do alumnado fóra da aula.
Asistencia e participación activa naquelas tareas propostas
Tamara Bouso Rivas
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- tamara.bouso.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | B06 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D04 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C01 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |