Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese, a través desta disciplina, dotar os/as estudantes cos coñecementos de orde estrutural que forman a cultura portuguesa.En particular, enfocaranse os eventos históricos que marcaron significativamente a construcción da identidade nacional dos/as portugueses/as. Cultura contemporánea e historia das mentalidades son liñas mestras no desenvolvemento da matéria.
I – Conceito(s) de Cultura. Imaxe e identidade portuguesas na actualidade.
II - Historia, mitoloxia e formación dun sentir e pensar portugueses.
III - Manifestacións da cultura na literatura, nas artes e na sociedade contemporáneas.
Bibliografía / Filmografía Xenérica:
BAPTISTA, Tiago, A Invenção do Cinema Português, Lisboa: Tinta-da-China, 2008
LOPES, Óscar e SARAIVA, António José, História da Literatura Portuguesa, Porto: Porto Editora, s. d.
LOURENÇO, Eduardo, O Labirinto da Saudade, Lisboa: D. Quixote, 1992
MATTOSO, José, História de Portugal, vols. V, VI, VII e VIII, Lisboa: Círculo de Leitores
PERNES, Fernando (Coord.), Panorama - arte portuguesa no Século XX, Porto:
Fundação de Serralves, 1999
PINTO, António Costa (Coord.), Portugal Contemporâneo, Lisboa: Publicações D. Quixote, 2005
RAMOS, Rui, SOUSA, Bernardo de Vasconscelos e, MONTEIRO, Nuno Gonçalo, História de Portugal, Lisboa: A Esfera dos Livros, 2009
REAL, Miguel (2017). Traços fundamentais da cultura portuguesa. Lisboa:Editorial Planeta.
SARAIVA, António José, A Cultura em Portugal, vols. I e II, Lisboa: Gradiva, 1996
Bibliografía complementaria
Otros materiais de apoio:
Ao longo do semestre irán sendo indicadas outras fontes bibliográficas complementarias.
Documentais:
Portugal, Um Retrato Social – Coordenação de António Barreto e Realização de Joana Pontes, Vol.I a VII, Produção RTP – Radiotelevisão Portuguesa, 2007.
Links:
http://www.cplp.org
www.instituto-camoes.pt
http://www.portaldacultura.gov.pt/
http://bibliotecasicl.pt/Opac/Pages/Search/SimpleSearch.aspx
Outras obras máis específicas da producción cultural portuguesa serán presentadas durante o cuadrimestre.
Ao remate do curso o alumno deberá ser capaz de:
- Elaborar unha análise crítica sobre as especifidades da cultura portuguesa, ben como relacionar ese
legado cos lazos culturais existentes actualmente con outras rexións do mundo
- Un forte domínio da época contemporánea e unha visión diacrónica da cultura portuguesa
- Indagar sobre as especificidades da cultura portuguesa no contexto internacional.
- Aulas expositivas.
- Exhibición de materiais audiovisuais.
- Lectura e análise de textos referidos aos contidos.
- Seminarios.
- Discusións.
- Uso da Aula Virtual
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa.Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na Aula Virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará, para ambas oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes itens:
A) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: 6,5 valores.
B) Realización de un traballo escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas polas docentes (con quen debe ser previamente combinado e discutido o tópico) e que terá unha componente oral e unha componente escrita: 3,5 valores.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, o/a estudante poderá recuperar presencialmente -na data marcada-, calquera dos elementos escritos da avaliación, num máximo de dous (do item A e/ou B), tanto non presentados previamente como considerados deficientes. Sempre que sexa posível, deberia avisar previamente as profesoras en relación a que tarefas vai recuperar.
Na avaliación da Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade, salvo que se poderán presentar o total de tarefas e traballo, tanto orais como escritos.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas (através de plaxio, uso de ferramentas de IA ou outros) será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
- Varias horas dedicadas ás lecturas previas dos textos indicados para as aulas.
- O tempo da carga horaria da disciplina.
- Varias horas dedicadas á investigación dos asuntos desenvolvidos nas aulas.
Ademais da participación nas clases e da lectura da bibliografía indicada, o alumnado deberá contar co apoio das profesoras no tempo dedicado ás titorías.
Ao longo do curso será dada especial atención a temas relacionados coa sociedade portuguesa
contemporánea, nomeadamente, cuestións sociais, políticas e do foro cultural.
No decurso do semestre, novas informacións/textos/referencias serán indicadas aos/às alunos/as –tamén a través de conferencias, seminarios ou outras actividades suxeridas- como complemento e actualización de asuntos relativos à matéria.
Língua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. De forma eventual e ocasional, poden ser presentados materiais ou comunicacións em outras línguas (español, francés, inglés, italiano, etc.), sempre que a docente o considerar oportuno.
Todos os traballos deben ser orixinais.
O plaxio e a utilización fraudulenta de ferramentas de IA serán considerados faltas moi graves.
Ma Del Carmen Villarino Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- carmen.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D14 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | C03 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |