Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
No marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Historia da Lingua Galega é que o alumno coñeza o proceso de formación da lingua galega e as dinámicas sociolingüísticas que caracterizaron o seu percorrido histórico desde as orixes ata a actualidade.
Preténdese ademais que os alumnos adquiran coñecementos suficientes para, en cursos superiores, enfrontarse ás materias que analizan o cambio lingüístico interno da lingua galega: Fonética e Fonoloxía Históricas do Galego e mais a Morfosintaxe Histórica do Galego.
1. Conceptos básicos. Bilingüismo e diglosia. Diglosia funcional e diglosia social. Lingüificación e dialectalización das variedades lingüísticas. Aplicación ao caso galego.
2. Formación da lingua galega: latinización, substratos e superestratos
3. Emerxencia e declive do romance galego durante a Idade Media
3.1. Marco histórico
3.2. Do latín tardío ao romance galego
3.2.1. A disgregación da Romania e a aparición dos primeiros textos en romance galego
3.2.2. A maduración da concepción individualizada do romance galego e dos romances ibéricos circundantes
3.3. Galego e portugués na Idade Media
3.4. O cultivo da lingua galega do século XIII ao século XVI
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI-XVIII)
4.1. O Reino de Galicia durante o Antigo Réxime
4.2. A limitada penetración do castelán
4.2.1. Os axentes castelanizadores
4.2.2. As disposicións oficiais en materia lingüística
4.2.3. O alcance real da castelanización
4.3. Menosprezo e apoloxía da lingua galega
4.3.1. O galego como dialecto
4.3.2. Apoloxía da lingua galega
4.4. Cultivo e estudo da lingua galega
4.5. As mudanzas lingüísticas
5. A reemerxencia contemporánea (sécs. XIX, XX e XXI)
5.1. A tardía transformación de Galicia e a construción do Estado nacional español
5.1.1. Panorama xeral
5.1.2. A transformación política e administrativa
5.1.3. A transformación socioeconómica e cultural
5.2. A tardía caída do monolingüismo en galego
5.3. A ampliación funcional
5.4. A gramatización e a elaboración formal do galego
5.5. O aumento da variación social e contextual
5.6. A evolución da conciencia lingüística
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, R. (2008). Historia de la lengua gallega: München: Lincom.
Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alén Garabato, C. (2019): Une histoire sociale des langues romanes. Genèse, construction et évolution sociolinguistique d’une famille de langues. Université Paul-Vallery Montpellier 3 <https://langues-romanes.uoh.univ-montp3.fr/>.
Á[lvarez] B[lanco], R. / F[ernández] R[ei], F. / X[ove] F[erreiro], X. [1980]: "Galego", in Gran Enciclopedia Galega, vol. 14, pp. 222-255 [esp. pp. 239-255].
Beramendi, J. González (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
Costa Rico, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Freixeiro Mato, X. R. (1997): Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento.
Hermida, C. (1992): Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1991). Vigo: Xerais.
López Carreira, A. (2013): Historia de Galicia. Vigo: Xerais
Mariño Paz, r. (2003): "Historia da lingua", capítulo da voz "Galego", in B. Ledo (ed.): Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, tomo 9, pp. 354-360.
Mariño Paz, R. (2003): "Galego", in B. Casal Vila (dir.): Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso / El Diario de Pontevedra, vol. 20, pp. 80-99.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Monteagudo, H. (2021): O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización. Vigo: Galaxia.
Villares, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo: Galaxia.
• Coñecer a historia lingüística do noroeste ibérico desde a Antigüidade ata a culminación da romanización e a latinización.
• Coñecer as dinámicas sociolingüísticas do galego na Idade Media, con atención ás súas relacións co latín, co castelán e co portugués.
• Coñecer o proceso de penetración do castelán en Galicia despois da Idade Media e as dinámicas de reafirmación lingüística do galego que o devandito proceso suscitou.
Especifícanse a seguir as metodoloxías que se seguirán en cada un dos dous tipos de actividades presenciais que están programadas.
6.1. Sesións expositivas
Nestas sesións o profesor impartirá os coñecementos teóricos e metodolóxicos que os alumnos deberán aprender nesta materia. As exposicións acompañaranse regularmente do comentario de textos e documentos de cronoloxía e natureza diversa.
6.2. Sesións interactivas
Nestas sesións traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Con este fin realizaranse comentarios de textos preparados polo profesor para o desenvolvemento da materia, de textos producidos por distintos autores nas tres etapas básicas da historia da lingua galega e de artigos ou capítulos de libros publicados recentemente en que se analizan algúns aspectos importantes do programa. Estes comentarios serán dirixidos polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación. Antes do desenvolvemento de cada sesión interactiva os alumnos deberán ler os textos que terán ao seu dispor na Aula Virtual e, de habelo, responderán ás preguntas do cuestionario de cada clase. Durante estas clases interactivas o profesor requirirá dos alumnos respostas orais ás preguntas formuladas en cada cuestionario.
Para o desenvolvemento da docencia desta materia utilizaranse os recursos que ofrece o Campus Virtual da USC.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos que asistan regularmente ás aulas serán sometidos a un sistema de avaliación continua que se fundará en tres referencias:
1. Exame, de carácter presencial, sobre toda a materia (75% da nota final). Conterá preguntas teóricas e/ou prácticas relativas aos contidos das clases expositivas e interactivas.
2. Resumo do seguinte libro: Anselmo López Carreira (2013): Historia de Galicia. Vigo: Xerais (15% da nota final). Entregarase a través da plataforma Moodle (Campus Virtual da USC) antes do 1 de abril de 2025. Conterá entre 30.000 e 35.000 caracteres (espazos en branco incluídos) e deberase centrar no período comprendido entre o reino suevo e a actualidade, mais sen omitir algunhas referencias aos capítulos iniciais. Pódese enfocar da maneira que pareza máis oportuna: resumo por capítulos, resumo por grandes ciclos históricos en consonancia coas tres fases básicas da historia da lingua galega (galego medieval, galego medio, galego contemporáneo), etc. Os alumnos repetidores poderán entregar o mesmo resumo que fixeran no curso anterior, mais recoméndase que fagan o esforzo de o realizaren de novo para así superaren con máis brillantez a materia.
3. Asistencia e participación (10% da nota final). Non se considerará só a simple asistencia, senón tamén a disposición a ler os textos das sesións interactivas e preparar os cuestionarios antes de chegar á aula. Eventualmente, poderase pedir na aula algunha resposta breve por escrito a unha pregunta do cuestionario de cada clase. De ser requirida, esta resposta será avaliada e considerada para o cálculo da nota final.
Aqueles que, ben por teren dispensa oficial de asistencia ás aulas, ben por outros motivos documentalmente xustificados, non se sometan ao sistema de avaliación continua, presentarán o resumo de historia de Galicia a través da plataforma Moodle antes do 01.04.2025 e farán o exame oficial. Para estes alumnos o exame valerá o 80% da nota e o resumo o 20%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios ca na primeira. Só terán que repetir o resumo de historia de Galicia aqueles que na primeira oportunidade obteñan nel menos de 5 puntos. Este resumo entregarase a través da plataforma Moodle.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…).
Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames valorarase o bo uso da lingua, polo que puntuarán negativamente as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan, así como as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (indícase o número de horas)
- Clases expositivas: 30.
- Clases interactivas: 15.
- Titorías programadas: 2.
- Exames: 5
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo: 50.
- Preparación das sesións interactivas: 20.
- Lecturas: 20.
- Preparación de exames: 10.
1. Recoméndase que os alumnos desta materia teñan certos coñecementos sobre a historia de Galicia.
2. Recoméndase tamén que a preparación da materia vaia acompañada da lectura do maior número posible de obras que se inclúen na bibliografía detallada da guía docente.
Ramon Mariño Paz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811817
- Correo electrónico
- ramon.marino.paz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D06 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C05 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C05 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C06 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C06 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |