Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo introducir o alumnado no estudo da historia externa da lingua inglesa, desde os seus comezos, coas invasións xermánicas, ata o século XXI. Estudaremos os cambios sociohistóricos máis salientables, e veremos de que xeito estes cambios inflúen na historia interna da lingua, en especial no que atinxe ao vocabulario da lingua inglesa. No curso empregaremos materiais orixinais dos diferentes períodos na historia da lingua inglesa e practicaremos o uso do Oxford English Dictionary.
1. INTRODUCIÓN
1.1. Por que estudar a historia da lingua inglesa?
1.2. Historia interna e historia externa.
1.3. Periodización.
1.4. Cambio lingüístico.
2. AS ORIXES DO INGLÉS
2.1. A cultura e as linguas indoeuropeas.
2.2. As linguas xermánicas.
2.3. Gran Bretaña antes da chegada dos anglosaxóns.
2.4. As invasións xermánicas.
2.5. Os préstamos do latín e do celta.
3. O INGLÉS ANTIGO E A INGLATERRA ANGLOSAXONA
3.1. A heptarquía e o seu impacto na lingua: Os dialectos do inglés antigo.
3.2. A cristianización e a súa influencia na lingua: O alfabeto e os préstamos do latín.
3.3. As invasións e asentamentos escandinavos e o seu impacto na lingua inglesa: Os préstamos do nórdico antigo.
3.4. Características principais da lingua no período inglés antigo.
4. INGLÉS MEDIO (1100-1500)
4.1. Dende a Conquista Normanda (1066) até a perda de Normandía (1204): O panorama sociopolítico na Inglaterra altomedieval e as súas consecuencias lingüísticas.
4.2. O restablecemento do inglés (1200-1500).
4.3. A influencia francesa e latina no inglés medio.
4.4. Dialectos do inglés medio e o desenvolvemento dun estándar escrito.
4.5. Características principais do inglés medio.
5. INGLÉS MODERNO TEMPERÁN (1500-1700)
5.1. Introdución sociohistórica: influencias culturais, políticas e tecnolóxicas.
5.2. Variedades, o estándar e a expansión do inglés fóra de Inglaterra.
5.3. Debate sobre o inglés: Expansión do vocabulario e reforma ortográfica.
5.4. Características principais do inglés moderno temperán.
6. INGLÉS MODERNO TARDÍO (1700-1900) E O INGLÉS NOS SÉCULOS XX e XXI
6.1. Introdución sociohistórica.
6.2. Codificación e estandarización: Gramáticas, dicionarios e o desenvolvemento da RP.
6.3. O inglés científico.
6.4. Características principais do inglés moderno tardío.
Non hai libro de texto establecido. Os materiais para as sesións expositivas e os exercicios e tarefas para as sesións interactivas estarán á disposición do alumnado na plataforma virtual.
Manuais recomendados:
Barber, Charles L., Joan Beal & Philip Shaw. 2009. The English Language: An Historical Introduction, 2nd (revised) edition. Cambridge: Cambridge University Press.
Baugh, Albert C. & Thomas Cable. 2002. A History of the English Language. London: Routledge & Kegan Paul. 5th ed. [1st ed., 1951].
Crystal, David. 2005. The Stories of English. London: Penguin.
**Gramley, Stephan. 2012. The History of the English Language: An Introduction. London: Routledge.**
Outros manuais:
Blake, Norman F. 1996. A History of the English Language. London: Macmillan Press Ltd.
Bourcier, George. 1981. An Introduction to the History of the English Language. Cheltenham: Stanley Thornes Ltd.
**Brinton, Laurel J. & Lesley K. Arnovik. 2006. The English Language: A Linguistic History. Oxford: Oxford University Press.**
Culpeper, Jonathan, Francis Katamba, Paul Kerswill, Ruth Wodak & Tony McEnery. 2009. English Language: Description, Variation and Context. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
Fennell, Barbara. 2001. A History of English: A Sociolinguistic Approach. Oxford: Blackwell.
Hejná, Míša & George Walkden. 2022. A History of English. Berlin: Language Science Press.
Hogg, Richard M. & David Denison (eds.). 2006. A History of English. Cambridge: Cambridge University Press.
Pyles, Thomas & John Algeo. 2010. The Origins and Development of the English Language. New York: Harcourt, Brace & Jovanovich Inc. 6th edn.
Strang, Barbara M.H. 1970. A History of English. London: Methuen.
Van Gelderen, Elly. 2006. History of the English Language. Amsterdam: John Benjamins.
Para os diferentes períodos:
Beal, Joan C. 2004. English in Modern Times. London: Arnold.
Hogg, Richard M. 2002. An Introduction to Old English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Horobin, Simon & Jeremy J. Smith. 2002. An Introduction to Middle English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Nevalainen, Terttu. 2006. An Introduction to Early Modern English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Tieken-Boon van Ostade, Ingrid. 2009. An Introduction to Late Modern English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
•Fomentar o emprego dunha terminoloxía lingüística rigorosa e dunha notación adecuada.
•Fomentar a discusión e o traballo en equipo mediante pequenas tarefas que se realizarán nas clases prácticas.
•Coa preparación dos exercicios (i) potenciaranse os hábitos de estudo e de traballo individual que permitirán ao alumnado lograr unha autonomía progresiva na aprendizaxe; (ii) aprenderán a xestionar o seu tempo e a traballar con datas límite de entrega.
•Fomentar a lectura crítica de textos históricos.
•Aprender o manexo dos dicionarios históricos.
•Aprender a valorar a influencia dos acontecementos sociohistóricos no desenvolvemento da lingua inglesa.
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG6, CG7, CG8, CG9, CE2, CE3.
As clases impártense en inglés.
Nas horas interactivas realizaranse exercicios e traballarase con textos sobre aspectos do programa desenvolvidos nas sesións expositivas.
A entrega das tarefas realizarase a través da aula virtual. O alumnado terá que completar ademais un test en liña de cada unha das unidades.
Recoméndase ao alumnado que acuda ás titorías personalizadas polo menos unha vez no cuadrimestre.
O curso require a participación activa e traballo continuado por parte do estudantado. Tanto na oportunidade ordinaria de decembro/xaneiro como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte do alumnado avaliarase tal e como se describe a continuación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (decembro/xaneiro):
A distribución das diferentes porcentaxes nesta primeira convocatoria será a seguinte:
1) AVALIACIÓN CONTINUA (50%):
- Asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas (10%);
- Exercicios e tarefas para entregar a través da plataforma de ensino virtual (20%);
- Tests de fin de unidade (20%)
2) EXAME FINAL (50%): o exame final da materia terá lugar na data e hora fixadas pola Facultade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (xuño/xullo):
A distribución das diferentes porcentaxes nesta segunda convocatoria será a seguinte:
1) AVALIACIÓN CONTINUA (50%):
- Asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas (10%);
- Exercicios e tarefas para entregar a través da plataforma de ensino virtual (20%);
- Tests de fin de unidade (20%)
2) EXAME FINAL (50%): o exame final da materia terá lugar na data e hora fixadas pola Facultade.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
1) Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables debe ser de 5 sobre 10. Ademais, o alumnado deberá acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no exame final da materia.
2) O alumnado que non se presente o día do exame final obterá a cualificación de ‘Non presentado’ (NP), mesmo no caso en que tivese completadas as actividades de avaliación continua.
3) O estudantado que non presente as tarefas de avaliación continua perderá a correspondente porcentaxe da cualificación final da materia. Na segunda oportunidade conservaranse todas as notas da avaliación continua, é dicir, as notas de asistencia e participación (10%); a dos exercicios e tarefas para entregar a través da plataforma de ensino virtual (20%) e a dos tests de fin de unidade (20%). Polo tanto, non será posible recuperar as notas das tarefas e tests de fin de unidade.
4) O alumnado que falte a máis de 5 sesións expositivas e/ou interactivas non xustificadas ao longo do cuadrimestre perderá a parte correspondente á asistencia e participación do curso (10%).
5) O estudantado oficialmente exento de asistencia a clase e/ou o alumnado repetidor da materia que non poida asistir a clase por causa xustificada poderá optar tamén a realizar só o exame final da materia (100% da súa cualificación). En caso de escoller esta modalidade de avaliación, deberá contactar coas docentes da materia e indicarlles a súa elección nas dúas primeiras semanas do curso. De non ser o caso, aplicaráselle a modalidade de avaliación por defecto: a avaliación continua.
6) Os exercicios e exames realizaranse enteiramente en inglés. Penalizaranse a falta de corrección gramatical e os erros de expresión.
6 horas/semana
Ningunha
Penalizaranse as malas condutas académicas, incluído o plaxio, de acordo co art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Susana Maria Doval Suarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tamara Bouso Rivas
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- tamara.bouso.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Samuel Egea Castañeda
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- samuel.egea.castaneda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C11 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | C01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | C01 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |