Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 2do curso (Si)
A materia ten como obxectivo fundamental realizar un percorrido cronolóxico polo proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario galego dende a Idade Media ata o comezo do século XX.
Esta materia centrarase sobre todo nos problemas de fixación dunha periodización específica, nas sús principais etapas, correntes e movementos, de xeito que o alumnado estea capacitado ó seu remate para definir o singular desenvolvemento cronolóxico da historia literaria galega, tanto dende un punto de vista interno coma externo.
1. Conceptos básicos da análise formal da literatura galega medieval a través dos textos.
2. Os Séculos Escuros. O contexto histórico.
2.1. Problemática lingüística e cultural.
2.2. Textos fundamentais.
3. O século XIX. O contexto histórico.
3.1 Etapas e grupos xeracionais.
3.2 As grandes voces líricas.
3.3 A prosa e o teatro do Rexurdimento.
Bibliografia básica:
Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia, 1975.
Curros Enríquez, M., Poesía galega completa (ed. Carlos Casares). Vigo: Galaxia, 1980.
Lama, Mª X., Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade. Vigo: Galaxia, 2017.
Lanciani, G. e Giuseppe Tavani (coord.), Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho, 1993.
Pena, X. R., Historia da literatura Galega I. Vigo: Xerais, 2013.
Pondal, E., Poesía galega completa, 4 vols., ed. M. Ferreiro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1995-2005.
Tarrío Anxo (coord.), Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX. A Coruña: Hércules Edicións, 2000.
Tavani, G., A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia, 1986.
Vilavedra, D.(coord.), Diccionario da literatura galega. I. Autores (1995), II. Publicacións periódicas (1997), III. Obras (2000). Vigo: Galaxia.
Villares, Ramón, Historia de Galicia, 2 vols. A Coruña: La Voz de Galicia, 2020.
Bibliografía complementaria:
Alonso Montero, X., Rosalía de Castro. Madrid: Júcar, 1972.
Angueira, A., "Estudo introdutorio", en Rosalía de Castro, Follas novas. Vigo: Xerais, 2013.
Beltrán, V., A cantiga de amor. Vigo: Xerais, 1995.
Bouza Brey, F., Artigos rosalianos. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Xuventude, 1992.
Brea, M. e Pilar L., A cantiga de amigo. Vigo: Xerais, 1998.
Corral Díaz, Esther (coord.), Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / CRPIH, 2010.
Ferreiro, C. E., Curros Enríquez. Madrid: Júcar, 1973.
Forcadela, M., A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal. Vigo: Xerais, 1988.
Otero Pedrayo, R., "El sentido del paisaje en la poesía lírica de Eduardo Pondal", BRAE, t. XVIII, pp. 571-582.
Ricón, A., Eduardo Pondal. Vigo: Galaxia, 1981.
Rodríguez, F., Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. ASPG, 1996.
VV. AA., 7 ensaios sobre Rosalía. Vigo: Galaxia, 1952.
VV. AA., Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 3 vols. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela, 1986.
VV. AA., Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, A Nosa Terra, A Nosa Cultura 7, 1986.
VV. AA., Curros Enríquez. Crebar as liras, A Nosa Terra, A Nosa Cultura 15, 1996.
VV. AA., Actas I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo", 2 vols., Alonso Montero, X., Monteagudo, H. e Begoña Tajes (coords.). Santiago de Compostela; Consello da Cultura Galega, 2001.
A materia debe garanti-la capacidade do estudantado para identificar e interpreta-las principais singularidades da historia da literatura galega no período descrito, tanto no seu desenvolvemento cronolóxico como na súa periodización interna, así como na súa organización xenérica e sistémica.
Sesións expositivas que se alternarán con seminarios onde se solicita a participación activa e crítica do estudantado.
Lecturas: elemento fundamental. Ó longo do curso haberá que facer unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
Primeira Oportunidade: A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
a) Asistencia ás clases e participación, tanto na aula coma en actividades que se vaian propoñendo ao longo do curso. A asistencia é obrigatoria e só se permiten 6 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 30% da cualificación global.
b) Exame ou exames escritos dos contidos da materia: supón o 70% da cualificación final. Para aprobar a materia a cualificación non deberá ser inferior a 4.
Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, que suporá un 30% da nota final. O 70% restante será avaliado mediante exame ou exames. Para aprobar a materia, a cualificación na parte correspondente ao exame ou exames non deberá ser inferior a 4. O alumnado con dispensa debe comunicar ao profesorado esta situación nas dúas primeiras semanas de clase.
Segunda Oportunidade:
A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade e que deban acudir á 2ª, gardaránselles as notas correspondentes ao apartado a), coa mesma porcentaxe (30%). Ademais, realizarase un exame, cuxa porcentaxe de valoración e condicións para aprobar a materia coinciden co indicado para a primeira oportunidade (70%).
Os alumnos con dispensa de asistencia á clase serán avaliados mediante o mesmo sistema indicado para a primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na" Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Horas de estudo e preparación de actividades: 150
Sesións de seminario: 16
Sesións expositivas: 32
Sesións de avaliación: 3
Lecturas: 50
Preparación de exames: 35
Outras actividades: asistencia a cursos, conferencias, etc.:6.
Asistir á clase e participar.
Levar a materia ó día.
Ler detidamente os textos que se facilitan.
Convén ter unha certa preparación en Historia Xeral e de Galicia e en Historia da Arte.
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |