Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Catalán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Catalá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Dominio elemental do uso da lingua catalá que permita desenvolverse con efectividade e certa autonomía en situacións sociais de comunicación propias da vida cotiá (Marco Europeo Común de Referencia: A2-B1).
- Coñecemento da realidade lingüística e sociocultural da comunidade lingüística catalá.
- Fomento dunha actitude intelectual aberta e de respecto cara a realidade plurilingüe e multicultural.
- Desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e de aprendizaxe autónomo.
A materia de Lingua Catalá 2 está estruturada en 3 bloques temáticos. Cada un destes consta de tres partes que se traballan de maneira simultánea nas aulas: temas relacionados coas situacións de comunicación básicas, cos compoñentes gramaticais e o marco sociocultural necesarios para o desenvolvemento integrado e significativo das diversas destrezas lingüísticas fundamentais.
Bloque 1. Entorno: Paisaxe rural e urbano. A casa
Bloque 2. Historias de vida
Bloque 3. Compras e gastronomía
Contidos de feitos, conceptos e sistemas conceptuais
1. Pragmática
- Convidar a facer algo. Aceptar o rexeitar un convite
- Concertar unha cita. Quedar con alguén
- Convencións telefónicas básicas
- Pedir, conceder ou negar licenza para facer algo
- Felicitar e responder a unha felicitación
- Preguntar se se sabe algo e expresar a ignorancia ou coñecemento dun feito ou a orixe dunha información
- Narrar un feito ou un acontecemento pasado
- Manifestar interese ou desinterese
- Mostrar acordo ou desacordo. Pedir e dar opinión
- Comparar
- Expresar dúbida e escepticismo
- Expresar un estado físico ou de saúde (dor, frío ou calor, sono, fame, sede, benestar ou malestar…)
- Expresar un estado de ánimo (satisfacción, admiración, estima, alegría, tristeza, gratitude, confianza, medo, aburrimento, rexeitamento, indiferenza)
- Expresar desexos, gustos e preferencias
- Expresar a intención, vontade ou decisión de facer algo
- Preguntar e dar instrucións
- Pedir e ofrecer axuda
- Convencións no discurso oral: pedir a palabra, dala, interromper, deixar falar
- Convencións epistolares básicas
2. Elementos formais da lingua
- Acentuación e diérese
- Morfoloxía, usos sintácticos e semánticos de:
- Substantivos e adxectivos. Xénero e número (casos especiais).
- Relativos
- Verbo:
· Pretérito Perfecto e Imperfecto de Indicativo
· Imperativo dos verbos de uso máis frecuente; Formas non persoais
· Condicional simple e perfecto simple dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes
· Presente e imperfecto de subxuntivo
· Usos de ser e estar
· Perífrases verbais de probabilidade
- Pronomes persoais átonos
- Conxuncións e locucións conxuntivas de coordinación e subordinación máis frecuentes
- Adverbios e expresións adverbiais máis frecuentes de modo, lugar e tempo
- Adverbios de negación e afirmación. Adverbios de dúbida
- Concordancia de tempos verbais. Oracións subordinadas
- Estruturas comparativas
- Léxico: léxico máis frecuente referido a campos semánticos básicos e o relacionado cos intereses do alumnado: A vivenda, o barrio e a poboación. Itinerarios. Experiencias pasadas e recentes. Compras e gastronomía.
3. Lingua, cultura e sociedade
- Aspectos culturais. Características do ámbito da comunidade lingüística que poden ter implicacións no comportamento comunicativo: tradicións, referentes históricos, xeográficos, sociais, políticos e culturais (gastronomía, Sant Jordi, 11 de setembre…)
1. Básica
ABELLÓ, Xavier, RODRÍGUEZ, Judith, Llengua catalana. Elemental, 1, 2, 3. Barcelona, Barcanova, 2006.
BASTONS, Núria [et al.], Gramàtica pràctica del català. Barcelona, Teide, 2011.
COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions). Barcelona, Barcanova, 2012.
LLOMPART, Ignasi, Gramati.cat (adaptat a la nova normativa). Barcelona: Barcanova, 2017.
MAS, Marta [et al.], Veus 1, 2, 3. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2007-2008.
VILAGRASA, Albert, A punt 2 i 3. Curs de Català, Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2020-2021.
2. Complementaria
BADIA, Joan [et. al.], El llibre de la llengua catalana (per a escriure correctament el català). Barcelona, Castellnou, 2007.
BAU, Montserrat, PUJOL, Montserrat & RIUS, Agnès, Curs de pronunciació: exercicis de correcció fonètica. Barcelona, Àrtic, 1995
COMELLES, Salvador, Mil paraules, Barcelona: Barcanova, 2011.
ESTEBAN, Jordi, Català Bàsic A2. Barcelona, Teide, 2012.
ESTEBAN, Jordi, Fem-la petar, Vic: Àlber, 2003.
ESTEBAN, Jordi, VILASECA, Mercè & CAMPOY, Montse, Català elemental B1. Barcelona, Teide, 2014.
GUERRERO, Inés [et al.], Nou Nivell Elemental 1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2010.
INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Ortografia catalana. Barcelona, IEC, 2017.
INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Gramàtica de la llengua catalana. Barcelona, IEC, 2016.
LLOMPART, Ignasi, Gramati.cat. Solucions ràpides per dominar el català: manual d'autoaprenentatge en fitxes. Barcelona, Barcanova, 2019.
MACIÀ, Jaume, Fàci'ls fàcils: els pronoms febles. Barcelona, Teide, 1992.
MONEGAL, Carme, 156 activitats per a parlar en català, Vic: Àlber, 2004.
GIRALT I RADIGALES, Jesús (dir.), Català sense distàncies. Barcelona, Generalitat de Catalunya - Pòrtic, 1998-99.
Pack Diccionaris Castellà-Català i Català-Castellà, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2005.
ROIG, Nuri (coord.), Passos 2 (Nivell Elemental). Barcelona, Octaedro, 2007.
RUAIX I VINYET, Josep, Català fàcil. Barcelona, Claret, 2007.
SOLÀ, Joan (dir.), Gramàtica del català contemporani. Barcelona, Empúries, 2002, 3 vols.
SOLER I AMIGÓ, Joan (coord.), Tradicionari : enciclopèdia de la cultura popular de Catalunya. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 9 vols., 2005-2007.
VENY, Joan, Els parlars catalans. Palma, Moll, 1987 (7ª ed.).
VENY, Joan, Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986 (2ª ed.).
Verbicard: tots els verbs conjugats. Barcelona, Castellnou, 2006.
VV.AA., 116 icones turístiques de Catalunya, Barcelona: Generalitat de Catalunya, Departament d’empresa i coneixement, 2010.
XURIGUERA, J. Baptista. Els verbs catalans conjugats. Barcelona, Claret , 1998 (35ª ed.).
RECURSOS EN LIÑA
Diccionaris.cat
Diccionari de la Llengua Catalana Multilingüe
DIDAC. Diccionari de català
DIEC2 Diccionari de Català de l’Institut d’Estudis Catalans
Edu3.cat. Portal de ràdio i Tv educatives
Festes.org
Gencat. Llengua catalana
Guia de conversa universitària multilingüe
Gran Enciclopèdia Catalana
Intercat
Parla.Cat
Patrimoni.Gencat
Sons del català
Viasona. Tota la música en català
Viure a Catalunya
- Empregar o catalán como medio de comunicación en situacións da vida cotiá, en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
- Mellorar o grao de corrección na pronuncia e na entoación do catalán.
- Ler en voz alta correctamente.
- Comprender textos escritos de tipoloxía diversa de calquera grao de formalidade.
- Interpretar correctamente as ideas importantes de textos orais de certa extensión, en variedade estándar, de temática xeral o do ámbito académico do estudante.
- Afondar nas estruturas lingüísticas e o vocabulario precisos para as necesidades comunicativas do nivel elemental.
- Relatar feitos e experiencias de vida, así como acontecementos posibles, presentes, pasados e futuros, tanto de forma oral como escrita.
- Escribir textos coa corrección adecuada, facendo uso das regras gramaticais e ortográficas básicas.
- Usar o catalán como lingua vehicular da interacción comunicativa propia da actividade lectiva (entre alumnas/os e co profesorado).
- Saber utilizar dicionarios, gramáticas, libros e materias de consulta de maneira eficaz.
- Coñecer e empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para a aprendizaxe da lingua e cultura catalás.
Clases de carácter teórico-práctico, nas que se traballarán todas as habilidades lingüísticas: comprensión e expresión oral e escrita, dende un enfoque comunicativo por tarefas.
Método: VILAGRASA, Albert (et al.), A punt 2 i 3. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2019-2020.
Ademais do manual, farase uso doutros materiais (textos, vídeos, audios) procedentes da bibliografía pertinente ou elaborados polo profesorado. Sempre que sexa posible estes materiais reflectirán situacións do uso real da lingua (actualidade informativa e sociocultural) e procurarase que satisfagan os intereses dos estudantes.
Durante as clases faranse exercicios tanto individuais como en grupo e ao final de cada bloque se avaliarán os resultados da aprendizaxe mediante unha tarefa final global.
Fomentarase no alumnado a práctica do catalán fóra da aula:
- uso dos principais medios de comunicación cataláns (televisión, radio, prensa, etc.)
- intercambios lingüísticos con estudantes cataláns, presencias e/o virtuais.
Os estudantes deberán facer unha intervención oral na aula sobre un tema da cultura e sociedade catalá do seu interese, e tamén a lectura dun libro en catalán (poesía, teatro ou prosa) proposto polo profesorado.
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
Para aprobar a materia o alumnado ten que facer obrigatoriamente un exame final -oral e escrito- (50% da nota). O exame oral realizarase na mesma data que o exame escrito (sempre que sexa factible en función do número de estudantes matriculados).
Na cualificación da materia contará a participación activa nas clases e nas actividades organizadas e propostas pola Área, así como a realización dos exercicios e a puntualidade na súa entrega (10%). As tarefas finais de cada bloque valerán o 15% da nota final.
A intervención oral de temática cultural catalá formará parte da cualificación global da materia (20%).
A lectura do libro en catalán será avaliada cara a cualificación final (5%).
Nos casos no que o alumnado estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, a avaliación farase mediante un exame final (60% da nota). Ademais do exame, deberá facer traballos acordados coa profesora para suplir a aprendizaxe presencial (40% da nota).
Cando o alumnado teña dispensa de asistencia segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade (xullo) só se cualificará a materia polo exame final.
54 HORAS PRESENCIAIS
- Sesións teórico-prácticas: 48 horas
- Sesións de titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 3 horas
96 HORAS NON PRESENCIAIS*
- estudo e traballo persoal: 84 horas
- preparación avaliación: 12 horas
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumnado e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que este é o responsable final do seu traballo.
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da práctica docente.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Practicar a lingua catalá fóra das aulas (cancións, prensa, cine, televisión...) e entre os compañeiros de clase.
- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.
É necesario ter coñecementos de catalán ou ter cursado alomenos algunha materia de lingua catalá.
Maria Dolors Perarnau Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- dolors.perarnau [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | D07 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B05 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B05 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |