Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Conseguir un coñecemento abondo da variación lingüística, no que respecta á lingua galega, en toda a súa extensión: a histórica, a xeográfica, a social e a situacional.
• Proporcionar os coñecementos básicos sobre a historia da lingua e examinala nos textos.
• Proporcionar os coñecementos básicos sobre a a situación actual da lingua, tanto no que toca á súa diversidade xeográfica coma á súa situación social.
• Reflexionar sobre os aspectos sociais e políticos da construción dos estándares lingüísticos e comprender o proceso de estandarización da lingua galega.
• Capacitar os alumnos para poder acceder, cos coñecementos correspondentes a esta materia, ao título de Grao en Lingua e Literatura Galegas.
1. Concepto e tipos de variación lingüística. A variación na lingua galega.
1.1. A lingua.
1.2. A variación.
1.2.1. Parámetros da variación.
1.2.2. Dimensións da variación.
1.2.2.1. Variación diaglósica.
1.2.2.2. Variación diacrónica.
1.2.2.3. Variación socio-xeolectal.
1.2.2.3.1. Variación diatópica (xeolectal)
1.2.2.3.2. Variación diastrática (sociolectal)
1.2.2.4. Variación comunicativo-funcional.
1.2.2.4.1. Variación diafásica.
1.2.2.4.2. Variación diamésica.
2. Introdución á dialectoloxía da lingua galega.
2.1. Introdución á variación xeográfica na lingua galega. Principais características e principais trazos caracterizadores: bloques e áreas lingüísticas (visión de conxunto).
2.2. Articulación das variedades diatópicas da lingua galega.
2.2.1. Os falares galegos occidentais. Principais trazos e subdivisións. As áreas coruñesa, pontevedresa e ourensá.
2.2.2. Os falares galegos centrais. Principais trazos e subdivisións. As áreas mindoniense, lucu-auriense e central de transición.
2.2.3. Os falares galegos orientais. Principais trazos e subdivisións. As áreas asturiana, ancaresa, zamorana e de transición.
3. Introdución á historia da lingua e á gramática histórica galega.
3.1. Conceptos básicos
3.2. Formación da lingua galega: latinización, substratos e superestratos (sécs. II a. C. -VIII d. C.)
3.3. Galego medieval: emerxencia e declive do idioma galego durante a Idade Media (sécs. IX-XV).
3.3.1. Disgregación da Romania
3.3.2. Constitución do espazo lingüístico galego
3.3.3. Concepción individualizada do romance galego
3.3.4. Galego e portugués na Idade Media.
3.3.5. Uso oral e cultivo escrito
3.3.6. Cultivo escrito
3.4. Galego medio: a dialectalización da lingua galega (sécs. XVI-XVIII).
3.4.1. A limitada penetración do castelán.
3.4.2. Menosprezo e apoloxía da lingua galega.
3.4.3. Cultivo e estudo da lingua galega.
3.5. Galego contemporáneo: a reemerxencia contemporánea (sécs. XIX-XXI).
3.5.1. O impacto do proceso de construción do estado-nación español.
3.5.2. A tardía caída do monolingüísmo en galego.
3.5.3. A ampliación funcional da lingua galega.
4. Introdución á sociolingüística da lingua galega.
4.1. Conceptos básicos
4.2. Períodos históricos da lingua galega (desde o punto de vista sociolingüístico)
4.3. Concepto de interposición
4.4. Substitución lingüística
4.5. Cambios demográficos en Galicia desde 1850
4.6. Usos lingüísticos en Galicia nos últimos 150 anos
4.7. Plan Xeral de Normalización Lingüística
4.8. Variedades sociais da lingua galega actual
5. Variación e estándar.
5.1. Lingua e variedade estándar.
5.1.1. Definición e caracterización do estándar pola súa tipoloxía variacional.
5.1.2. Características e funcións do estándar.
5.1.3. Accións propias do proceso de estandarización.
5.1.4. Estándar e variación diatópica. Tipoloxías máis comúns.
5.1.5. Algúns exemplos de fixación do estándar no ámbito das linguas europeas.
5.2. Estandarización da lingua galega.
5.2.1. Plano legal.
5.2.2. Plano lingüístico.
5.2.2.1. O camiño histórico cara ao estándar da lingua galega. Propostas normativas.
5.2.2.2. O estándar oficial (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 1982).
5.2.2.2.1. Principios xerais.
5.2.2.2.2. Ortografía e morfoloxía.
5.2.2.2.3. Léxico.
5.2.2.2.4. Fonética e fonoloxía.
Bibliografía básica:
Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Galega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Monteagudo, X. Henrique (2005): “Do uso á norma, da norma ao uso: variación sociolingüística e estandarización no idioma galego”, en Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 377-436. http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf.
Monteagudo, X. Henrique (2017): “Lingua e sociedade en Galicia”, Labor Histórico, 3-1, pp. 14-48.
Bibliografía complementaria
Costas, Xosé Henrique (coord.) (2010): 55 mentiras sobre a lingua galega: análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma. Bertamiráns (Ames): Laiovento.
Dubert García, Francisco (2002): “Os sociolectos galegos”, Cadernos de lingua, 24, 5-28. http://web.usc.es/~fgdubert/artigos/sociolectos.pdf
Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (eds.) (20032): A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega. http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega (Seminario de Sociolingüística).
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1995): Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega (Seminario de Sociolingüística).
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia: compendio do III volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña : Real Academia Galega (Seminario de Sociolingüística).
Fernández Salgado, Benigno (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freitas Juvino, Mª Pilar (2008): Represión lingüística en Galiza no século XX. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González González, Manuel (dir.) (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. A Coruña: Real Academia Galega (Seminario de Sociolingüística).
Halliday, M.A.K. (19892): Spoken and written language. Oxford: Oxford University Press.
Lorenzo, Anxo (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”, Grial 179, 19-31.
Marino Paz, Ramón (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, Ramón (2008): Historia de la lengua gallega. Muenchen: LINCOM Europa.
Mariño Paz, Ramón (2017): Fonética e fonoloxía históricas das lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Monteagudo, X. Henrique (2017): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Moreno Cabrera, J. C. (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.
Santamarina, Antón (1994): “Norma e estándar”, en Holtus / M. Metzeltin / C. Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Vol. 6, 2. Tübingen: Max Niemeyer, 66-79.
Tuson, J. (2004): Patrimonio natural: elogi i defensa de la diversitat lingüística. Barcelona: Ed. Empuries.
VV. AA (2002): A normalización lingüística a debate. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
• Capacidade para recoñecer, polos seus trazos lingüísticos, as distintas áreas dialectais do galego.
• Capacidade para distinguir os textos galegos a través do tempo, polas súas características específicas.
• Capacidade para identificar as características que distinguen a lingua oral fronte á escrita, e os distintos rexistros lingüísticos.
• Capacidade para analizar criticamente a realidade sociolingüística de Galicia.
• Capacidade para elaborar unha reflexión crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas.
As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno no comezo do curso. Haberá os seguintes tipos de actividades:
a) Sesións expositivas, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia.
b) Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes na análise de textos de distintas etapas históricas da lingua galega (medievais, medios, prenormativos), no comentario de textos orais e de textos escritos de diferentes rexistros (coloquiais, elaborados) e na análise crítica de textos e reportaxes.
Para o seguimento da materia contarase coa axuda das aulas virtuais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A nota final do curso determinarase consonte os seguintes criterios:
1. O exame oficial (na data oficial establecida pola facultade) valerá o 75%. Para poder aprobar a materia haberá que ter, como mínimo, 4 puntos no exame.
2. O exercicio que o alumnado deberá entregar durante o curso valerá o 15%. Para este exercicio escollerase entre dúas opcións: a) realización de comentario dialectal dun texto oral actual (p. 18 da Guía docente); b) realización de comentario diacrónico dun texto antigo (p. 28 da Guía docente). Realizarase consonte as indicacións que se darán oportunamente durante o curso e deberase entregar a través da Aula Virtual tendo como data límite o 2 de maio de 2025 (1ª expositiva do Tema 5). Non se recollerá ningún exercicio entregado fóra de prazo. Para poder aprobar a materia haberá que ter, como mínimo, 3,5 puntos neste exercicio.
3. A asistencia e a participación activa nas aulas valerán o 10%.
Para aprobar a materia haberá que ter 5 puntos, como mínimo, de media entre as tres partes.
Para o alumnado que teña dispensa de asistencia á clase ou que, por motivos debidamente xustificados ante os profesores, non poida asistir regularmente ás aulas, os criterios son os seguintes:
1. O exame oficial (na data oficial establecida pola facultade) valerá o 85%. Para poder aprobar a materia haberá que ter, como mínimo, 4 puntos no exame.
2. O exercicio que o alumnado deberá entregar durante o curso valerá o 15%. Para este exercicio escollerase entre dúas opcións: a) realización de comentario dialectal dun texto oral actual (p. 18 da Guía docente); b) realización de comentario diacrónico dun texto antigo (p. 28 da Guía docente). Realizarase consonte as indicacións que se darán oportunamente durante o curso e deberase entregar a través da Aula Virtual tendo como data límite o 2 de maio de 2025 (1ª expositiva do Tema 5). Non se recollerá ningún exercicio entregado fóra de prazo. Para poder aprobar a materia haberá que ter, como mínimo, 3,5 puntos neste exercicio.
Para aprobar a materia haberá que ter 5 puntos, como mínimo, de media entre as dúas partes.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade (data oficial establecida pola facultade) os criterios para o cálculo da nota serán os mesmos. O alumnado deberá repetir as partes (exame e/ou traballo) nas que tivese menos puntuación que a mínima esixida na primeira oportunidade (4 puntos no exame e 3,5 puntos no traballo). Tamén poderán repetir as partes aprobadas na primeira oportunidade os alumnos que desexen subir nota nesas partes.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…>).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 24 horas.
Sesións de seminario: 24 horas.
Sesións de titoría: 3.
Sesións de avaliación: 3.
Total: 54 horas.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 48 horas.
Estudo e preparación de actividades programadas nos seminarios: 36 horas.
Preparación de exame: 12 horas.
Total: 96 horas
Asistencia ás aulas e realización dos traballos propostos.
Eduardo Miguel Moscoso Mato
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811829
- Correo electrónico
- eduardo.moscoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Mariño Paz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811817
- Correo electrónico
- ramon.marino.paz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Varela Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811816
- Correo electrónico
- xavier.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Guisantes Alonso
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- m.guisantes [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Galego | C04 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Galego | C05 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Galego | C06 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Galego | C04 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Galego | C05 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Galego | C06 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Galego | C07 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Galego | C07 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |