Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia vincúlase ao contexto actual de ensinanza e aprendizaxe de linguas do "Marco Europeo Común de Referencia para as linguas: aprender, ensinar e avaliar", do Consello de Europa, en concreto aos niveis A1 e A2", e segue a metodoloxía baseada no enfoque comunicativo por tarefas, entendendo por tarefas aquelas actividades que recrean situacións comunicativas reais nas que o alumnado ten que interactuar en lingua occitana cos seus compañeiros de clase para acadar os seguintes obxectivos:
- Dominar o uso básico, oral e escrito, da lingua occitana moderna.
- Coñecer a historia da lingua occitana no marco das linguas románicas en xeral e do marco galorromance en particular.
- Coñecer a realidade sociolingüística da lingua occitana contemporánea no contexto das linguas minoritarias e minorizadas actuais.
1. Contidos gramaticais e lingüísticos:
- Presentarse e saudar.
- Describirse fisicamente e describir a alguén.
- Dicir onde se está e dicir onde están as cousas.
- Dar ou pedir un enderezo.
- Contar números.
- Dar as grazas e responder a un agradecemento.
- Dar a data. Dar e pedir a hora.
- Falar do tempo.
- Describer actividades cotiás.
- Preguntar e dicir como se escribe ou como se pronuncia unha palabra ou expresión
2. Elementos formais da lingua
- Fonoloxía e grafía.
- O presente de indicativo (verbos regulares).
- O artigo.
- O xénero.
- A formación do plural.
- O presente de indicativo (verbos irregulares).
- Os posesivos.
- Os pronomes persoais.
- Os demostrativos.
- Os pronomes interrogativos.
- Preposicións e adverbios.
- Tempos verbais de perfecto.
- Tempos verbais de futuro.
- Formación de diminutivos e aumentativos.
- Formación de palabras: os sufixos.
3. Contidos teóricos:
- O occitano: descrición lingüística e sociolingüística.
- Introdución á Historia da lingua occitana.
A) Manuais, dicionarios e gramáticas:
Alibert, L., (1935), Gramatica ocitana segon los parlars lengadocians. Tolosa. SEO.
Alibert, L., (1966), Dictionnaire occitan-français d'après les parlers languedociens. Toulouse. IEO.
Bec, P., (1973), Manuel pratique d'occitan moderne. Paris, Picard.
Laux, Ch., (1997), Dictionnaire français-occitan (languedocien central). Puylaurens. IEO.
Lafont, R., (1981), Le verbe occitan. Nîmes. Maison d'animation et de recherches populaires occitanes.
Salvat, J., (1998), Gramatica occitana. Toulouse. Collège d'Occitanie.
Sauzet, P. e Ubaud, J., (1995), Le verbe occitan. Aix-en-Provence. EDISUD.
B) Estudos xerais:
Alén Garabato, M.C. (1999), "Do patois ó occitano: datos para un novo milenio", en Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Ed. a cargo de F. Fdez. Rei e A. Santamarina. Univ. de Santiago, pp. 303-318.
Bec, P., (1963), La langue occitane. Paris. PUF.
Lafont, R., (1971), Clefs pour l'Occitanie. Paris. Seghers.
C) Método audiovisual:
Salles-Loustau, Jean, (2004), Òc-Ben!, CRDP, Bordeaux.
- Emprego do occitano como medio de comunicación en situacións da vida cotiá, en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
- Comprensión das ideas principais e extracción de información específica nos textos, tanto orais coma escritos, de tipoloxía diversa.
- Lectura e comprensión de textos dunha certa extensión.
- Descrición, de xeito sinxelo, de persoas, obxectos, lugares e situacións, tanto de forma oral coma escrita.
- Posibilidade de manter conversacións da vida cotiá que esixan un intercambio simple e directo de información sobre temas familiares e habituais.
- Coñecemento de aspectos da historia e da actualidade sociolingüística do occitano.
- Utilización de novas tecnoloxías e medios audiovisuais para a aprendizaxe de linguas.
O curso terá carácter teórico e práctico, alternándose as clases teóricas sobre historia e sociolingüística do occitano coas prácticas, na clase e no laboratorio, de lingua occitana moderna.
Dedicarase unha hora á semana á parte teórica, que será expositiva, na que o profesor introducirá cada tema e os alumnos ampliarano mediante exposicións orais na clase e a presentación dun traballo escrito sobre calquera dos aspectos do contido do programa.
Dedicaranse dúas horas á semana á parte práctica, que se realizará no laboratorio de idiomas, utilizando o método audiovisual "Òc-Ben", do CRDP de Bordeaux.
Dado que a asistencia á clase e a participación nas actividades propostas en “Metodoloxía da ensinanza” son obrigatorias, non se prevé a realización de exame final para os alumnos que asistan a un mínimo do 80% das clases e superen o sistema de avaliación continua.
SISTEMAS DE AVALIACIÓN:
A) Sistema de avaliación continua. Os exercicios de avaliación previstos son os seguintes:
1. Dous comentarios escritos sobre calquera tema do apartado 3, sinalados polo profesor. Cada comentario terá un valor de 1 punto como máximo.
2. Un traballo escrito sobre calquera tema do apartado 3, a escoller polo alumno. Valorarase dito traballo con un máximo de 3 puntos.
3. Exercicios diarios, orais e escritos, no laboratorio de idiomas. A valoración global destes exercicios será de un máximo de 5 puntos.
Para superar a materia será necesario obter un mínimo de cinco puntos entre os tres exercicios de avaliación.
B) Sistema de avaliación mediante exame final:
Os alumnos que non superen a avaliación continua ou non asistiran ás clases darán conta do programa da materia no exame final oficial da convocatoria de xaneiro e/ou xuño ou xullo, con data establecida pola Facultade. Dito exame será escrito e oral.
Actividades presenciaies
Sesións expositivas: 10h
Sesións de seminario / laboratorio de idiomas / aula de informática: 45h
Sesións de titoría programadas: 2h
Sesións de avaliación: 3h
Total de horas de actividade presencial: 60h
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 40h
Realización de traballos de diverso tipo: 10h
Leituras: 10h
Preparación de exames: 30h
Total de horas de actividade non presencial: 90h
Total horas ECTS: 150
Dado que moita da bibliografía proposta está en lingua francesa, recoméndase un nivel básico de lectura e comprensión desta lingua.