Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
O principal obxectivo é ampliar o coñecemento dos compoñentes básicos do sistema lingüístico do romanés (dacorromanés) mediante a análise do sistema actual e elementos da historia da lingua. Tamén se pretende mostrar a historia externa, a constitución da lingua literaria e a situación actual do romanés e das súas variedades fóra de Romanía.
Obxectivo especial é profundar nos estudos de fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico tratados na materia Lingua romanesa 1.
a) Clases expositivas
TEMA 1. Historia externa do romanés
1.1. Emerxencia e evolución do romanés común: romanización da Península Balcánica e da Dacia; o territorio de formación do romanés (a teoría de Jirecek); o substrato étnico-lingüístico; o concepto de “latín danubiano”; pobos migratorios na área do romanés; fragmentación do romanés común; as variedades xenéticas do romanés meridional (balcánico) e a súa situación actual: arromanés ou macedorromanés, meglenorromanés e istrorromanés.
1.2. A organización socio-política e relixiosa na época das migracións (séc. III-XIV); a invasión eslava e a situación de diglosia coa introdución da lingua eslava na Igrexa; a invasión húngara e a situación do Principado de Transilvania; a formación e evolución dos estados medievais de Valaquia e Moldovia ata a Unión (1859).
1.3. O proceso de elaboración do romanés literario: as traducións relixiosas de Coresi, a Escola latinista de Transilvania ou Scoala ardeleana, a Biblia de Bucurestii (1688) dos irmáns Greceanu e a influencia grega na época fanariota. A Gramatia româneasca (1828) de Ion Heliade Radulescu e a unificación da lingua literaria. A elaboración na etapa dos grandes clásicos, a Epoca marilor clasici (1866-1886) de Mihai Eminescu, Ion Creanga, Ion Slavici e Ion Luca Caragiale.
1.4. O proceso de oficialización do romanés nos Principados danubianos. O romanés, lingua nacional de Romanía.
TEMA 2. Situación actual da lingua romanesa e das súas modalidades
2.1. Xeografía do romanés e peso demográfico entre as linguas europeas.
2.2. A área setentrional do dacorromanés (ou romanés común) e as súas variedades diatópicas.
2.3. A problemática da limba moldoveasca na actual República Moldova e o conflito lingüístico ruso-moldovo.
2.4. As modalidades da área meridional: arromanés (ou macedorromanés), meglenorromanés e istrorromanés. A vitalidade do arromanés actual e da súa lingua literaria.
TEMA 3. Fonoloxía do romanés
3.1. O sistema fonolóxico e a súa constitución.
3.2. O subsistema vocálico.
3.3. O subsistema consonántico.
3.4. Alternancias fonéticas e a súa función morfolóxica.
TEMA 4. O dominio nominal
4.1. Substantivo. Evolución das clases flexionais: a declinación bicasual actual. Evolución do plural e do xénero: o xénero neutro.
4.2. Adxectivo. Evolución das clases flexionais e a expresión da intensidade.
4.3. Sintagma nominal.
TEMA 5. O numeral
5.1. Numerais cardinais: formas herdadas e formas específicas.
5.2. Numerais ordinais.
TEMA 6. Clases fechadas de palabras e a súa orixe
6.1. Artigos e as súas categorías gramaticais.
6.2. Cuantificadores.
6.3. Pronomes persoais.
6.4. Demostrativos.
6.5. Posesivos.
6.6. Adverbios interrogativos.
6.7. Verbos auxiliares.
6.8. Preposicións e conxuncións.
TEMA 7. O verbo
7.1. Evolución das clases morfolóxicas e das desinencias verbais. Formas
verbais rizotónicas.
7.2. Creación dos tempos de futuro e dos tempos compostos para expresar anterioridade.
7.3. Formas non persoais: participios sigmáticos.
7.4. Sintagma verbal.
TEMA 8. Estrutura etimolóxica do léxico romanés
8.1. Fondo latino patrimonial: palabras herdadas só en romanés.
8.2. Pegadas do léxico traco-dacio.
8.3. Importancia do léxico eslavo: voces antigas e modernas.
8.4. Léxico grego: voces antigas e modernas.
8.5. Léxico húngaro e turco.
8.6. Fondo neolatino: renovación léxica. A influencia da lingua francesa.
8.7. Léxico alemán e inglés.
8.8. Outras achegas léxicas.
TEMA 9. Léxico. Formación de palabras
TEMA 10. Léxico. Campos semánticos
10.1. Festas e regalos.
10.2. Medios de comunicación.
10.3. Familia e parentesco.
10.4. Estudos: sistema de ensino.
10.5. Deporte: fútbol.
10.6. Ritos modernos.
10.7. Outros campos.
b) Clases interactivas
Tipos de prácticas:
-Comentario de textos da historia externa e da situación actual das variedades.
-Análise morfolóxica en textos diversos.
-Identificación de procesos derivativos, flexivos e compositivos que explican a formación de unidades léxicas.
-Lectura (e audición de ser posible) de textos con campos semánticos e léxico fundamental do romanés moderno.
Con asterisco (*) indícanse as obras recomendadas
1. Historia externa e situación actual do romanés
*Andreose, A. (2016): «Sullo “stato di salute” delle varietà romene all’alba del nuovo millennio», Lengas 79 http://lengas.revues.org/1107; DOI: 10.4000/lengas.1107
Avram, M. / Sala, M. (2007): Faceti cunostinta cu limba româna. Cluj: Echinox, 2001; Editia a II-a revazuta, 2007. Trad. C. Iliescu Gheorghiu e D. Ionela Prodan: Les presentamos la lengua rumana. Alicante: Universidad, 2013.
Bec, P.: “Histoire et structure. I Les origines II La langue roumaine”, en P. Bec: Manuel pratique de philologie romane, II. Paris: Picard, 1970, 139-88.
*Bochmann, K. (1999): “À l’est comme à l’ouest, où les extrêmes (géographiques) se touchent: Galice et Moldavie devant le problème de la langue”, en R. Álvarez, R./D. Vilavedra (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, I, Santiago de Compostela: Universidade, 249-63.
*Ionescu, C. (1999): “O romanés. Aspectos da historia externa con especial atención á súa situación fóra das fronteiras de Romanía”, en F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela: Universidade, 445-501.
Rosetti, Al. (1973): Brève histoire de la langue roumaine des origines à nos jours. The Hague / Paris: Mouton.
2. Historias da lingua e manuais
Bec, P. (1970): “III Structure et typologie du roumain”, en Bec: Manuel II Paris, 189-206.
*González-Barros, J. D. (20042): Esquemas de rumano. Gramática y usos lingüísticos. Madrid: Centro de Lingüística Aplicada Atenea.
Iancu, V. (2000): Istoria limbii române. Privire sintetica. Bucuresti: Editura Fundatiei Culturale Române.
*Labraña, S. et. al. (2009): “Minirretrato do romanés”, en Labraña et al.: EuroComRom – As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Aachen: Shaker Verlag, 218-230.
*Kohn, D. (2012a): Puls. Manual de limba româna pentru straini. Curs. Iasi/Bucuresti: Polirom [libro + CD].
Pop, L. (19932): Le roumain avec ou sans professeur. Romanian with or without teacher. Româna cu sau fara profesor. Cluj: Echinox [4 casetes].
*Reinheimer, S. / Tasmowski, L. (1997): Pratique des langues romanes. Espagnol français italien portugais roumain. Paris: Harmattan.
*Sala, M. (2002): Del latín al rumano. Versión española de Valeria Neagu. Paris: Unión Latina/Bucarest, Univers enciclopedic.
Sánchez Miret, F. (2007): “Morfosintaxis histórica·, en J. E. Gargallo/Mª. R. Bastardas (eds.), Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel, 250-274.
Vasilescu, A. et alii (2006): Teste de limba româna. Pasaportul lingvistica european. Bucuresti: Editura Noua; [libro + CD].
3. Dicionarios
*Academia Româna Inst. Ling. Iorgu Iordan (19982): DEX Dictionarul Explicativ al. Limbii române. Bucuresti: Editura Univers Enciclopedic. http:/www.dexonline.ro.
Bucurenciu, Ileana (2004): Diccionario español-rumano, rumano-español. Madrid: Turpin.
Bucurenciu, I. (2004): Diccionario español-rumano, rumano-español. Madrid: Turpin.
Calciu, A. et al. (1979): Dictionar român-spaniol. Bucuresi: Editura Stiintiifica Enciclopedica.
*Cioranescu, A. (1966): Diccionario etimológico rumano. La Laguna: Universidad.
Diaconescu, A. Mª (2005): Léxico para situaciones. Español / rumano. Român / Spaniol. Madrid: Centro de Lingüística Aplicada Atenea.
- Coñecemento de aspectos da historia e da actualidade sociolingüística do romanés no seu dominio lingüístico. Xa que esta lingua está moi afastada das restantes que integran a familia lingüística románica, cómpre adquirir coñecemento da situación e da estrutura lingüística do romanés moderno, único idioma románico do oriente europeo e lingua oficial de dous países do Consello de Europa: Romanía e Moldovia, así como adquirir coñecementos básicos de historia externa e interna da lingua.
- Competencias fonolóxicas: coñecemento da formación do sistema fonolóxico da lingua romanesa.
- Competencias gramaticais: coñecemento de elementos, categorías e clases gramaticais e a súa orixe.
- Competencias pragmáticas: coñecemento e uso de elementos específicos do romanés como formas de tratamento (pronome de cortesía; formas populares de tratamento), afirmación e negación (dobre negación e pronomes ‘negativos’), prohibición (imperativo negativo), gradación adxectival e adverbial, expresión dun estado físico o anímico co verbo a fi ‘ser’, petición de opinión, expresión de desexos, gustos ou dubidas.
- Lectura de textos modernos e análise do seu vocabulario.
As clases serán participativas. O profesor guiará e introducirá os temas aportando bibliografía. Os alumnos deberán realizar actividades diversas e traballos despois de cada tema, que serán orientados polo docente.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou para a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno.
Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán cualificados polo docente de maneira continua a través da súa participación e avaliación das diferentes actividades realizadas ao longo do semestre. A valoración dos obxectivos e actividades da materia será a seguinte:
i) asistencia e participación activa na clase (30% da nota);
ii) actividades e traballos específicos (70% da nota);
Para superar a materia os estudantes que a cursen en réxime de non presencialidade (non asistencia continua ás sesións de clase, sen xustificación oficial) ou non superen a cualificación mínima de cinco puntos no anterior sistema deberán realizar un exame final da materia, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e prácticas sobre os contidos do programa.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia realizarase a través dun exame final na data fixada polo Decanato.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas 25 Estudio individual 60
Clases interactivas 18 Realización de traballos 30
Titorías programadas 2 Realización do traballo final 15
Total horas de acti-
vidade presencial: 45 Total horas de actividade non presencial: 105
Dominio dos contidos da materia Lingua Romanesa 1
Maria Esther Corral Diaz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade