Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer a literatura occitana e os elementos que condicionaron o seu desenvolvemento histórico.
2. Recoñecer a importancia da literatura occitana no desenvolvemento doutras literaturas europeas.
3. Descubrir os problemas particulares da creación literaria en dominios lingüísticos minorizados.
4. Relacionar as situacións culturais e literarias entre a Península ibérica e Occitania.
-Tema 1. Os condicionantes das literaturas minorizadas.
-Tema 2. A literatura occitana da etapa de decadencia (ss. XIV-XV).
-Tema 3. O Renacemento e o Barroco occitanos. As escolas rexionais ata o século XVIII.
-Tema 4. O "Felibrige" e o Rexurdimento das letras occitanas.
-Tema 5. A crise despois do movemento "felibre".
-Tema 6. A literatura occitana do século XX.
Garavini, F. (1970), La letteratura Occitanica Moderna, Bologna: Sansoni-Accademia.
Gardy, Ph. (1996), L’écriture occitane contemporaine. Une quête des mots, Paris: L’Harmattan.
Gardy, Ph. (1997), Histoire et anthologie de la littérature occitane, tome II. L’Age du baroque, 1520-1789, Montpellier: Les Presses du Languedoc.
Jouveau, R. (1970), Histoire du Felibrige: 1876-1914, Nîmes: Bene.
Lafont, R.-Anatole, Chr. (1970), Nouvelle histoire de la littérature occitane, Paris: PUF.
Miremont, P. (1985), Le Félibrige et la langue d’OC, Périgueux: Lo Bornat.
Mistral, F. (1998), Mireya, Madrid: Cátedra.
Vernhièras B. (coord.) (1989), A literatura occitana contemporánea. Pequena antoloxía con versión galega, Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións, Universidade de Santiago de Compostela.
-Capacidade para entender a lingua literaria occitana.
-Familiaridade coa análise de textos de diversas épocas da literatura occitana.
-Realización rigorosa e con espírito crítico de breves traballos de investigación.
As clases serán participativas tratando de que os alumnos tomen parte activa no desenvolvemento da materia. A profesora guiará e introducirá os temas aportando bibliografía xeral e específica. Os alumnos deberán realizar diferentes tarefas (comentarios, reseñas de artigos e capítulos de libro sobre a creación literaria en determinados períodos,...), despois de asimilar as explicacións impartidas pola docente na clase.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas pola profesora ou para a preparación dos comentarios e actividades, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno.
Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán avaliados polas docentes de forma continua a través da asistencia e da súa participación (20 % do total da nota final valorando especialmente a implicación do estudante na adquisición e asimilación de contidos). Ademais, durante o cuadrimestre terán que realizar diferentes actividades e tarefas (lecturas, comentarios, reseñas...). Este segundo apartado terá una valoración de 80 % da cualificación.
Para superar a materia os estudantes que a cursen en réxime de non presencialidade deberán realizar un exame final, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de texto.
O exame de segunda oportunidade será tamén unha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de textos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades
Clases teóricas presenciais: 45 horas
Clases prácticas presenciais: 15 horas
Clases prácticas non presenciais, incluíndo a realización dun traballo persoal e comentarios de texto: 55 horas
Titorías individuais: 15 horas
Traballo autónomo do estudante: 75 horas
-Asistencia e participación activa na clase.
-Lectura dos textos e das obras indicadas pola profesora na aula.
-Realización coidada dos comentarios e dos traballos propostos.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos co nivel de corrección esperable para o seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Debora Gonzalez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B04-Laboratorio de Idiomas |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B04-Laboratorio de Idiomas |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |