Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As clases impartiranse en galego
O obxectivo central de «Conceptos fundamentais de teoría literaria e literatura comparada» (CfTLLC) consiste en promover con rigor e dinamismo intelectual unha ampliación das bases do coñecemento do feito literario alcanzadas nos tres cuadrimestres anteriores. Esa ampliación é, no esencial, unha apertura á análise comparada, isto é, internacional do fenómeno literario, así como das relacións da literatura con outras formas artísticas e culturais, e á comprensión crítica das coordenadas históricas, culturais, sociais e ideolóxicas nas que intervén todo discurso literario.
CfTLLC está conectada con calquera outra materia dos graos impartidos na Facultade de Filoloxía na que ocupen algún espazo nocións como ficción, texto, discurso, oralidade, canon, mito, globalización, ideoloxía, interpretación ou intermedialidade, entre moitas outras, así como con módulos nos que aparezan referencias á historia literaria, análise do discurso, pragmática, estética, teoría política, socioloxía, tematoloxía, semiótica da cultura, tradutoloxía, hermenéutica, literatura comparada e outras disciplinas.
A partir da idea de «conceptos viaxeiros», «teorías nómades» e «intraducíbeis», introdúcense tres constelacións conceptuais que son obxecto de exploración teórica e práctica.
Os obxectivos máis específicos son:
1) achegarse á tradición dos estudos literarios con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos;
2) coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura e a cultura;
3) visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario e as súas implicacións;
4) coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinaria o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada;
5) conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos estudos literarios;
6) adquirir conceptos e métodos que desenvolvan no alumnado estratexias de observación persoal do feito literario;
7) ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios;
8) fomentar o traballo e esforzo participativo e en grupo; e
9) promover unha aprendizaxe activa con grande implicación do alumnado.
Algúns grupos impártense en galego e outros en castelán.
PROGRAMA
1. Conceptos viaxeiros. Teorías nómades. Intraducíbeis
2. Globalización
3. Poscolonialismo
4. Xénero
Breve descrición:
CONCEPTOS VIAXEIROS: co obxecto de facer explícita a argumentación que dá sentido á denominación da materia —Conceptos fundamentais— preséntase a noción de conceptos viaxeiros debida a Mieke Bal, a proposta de teorías nómades por parte de Edward W. Said e o concepto de intraducibilidade de Barbara Cassin. A través deles interrogarase como viaxan os conceptos entre disciplinas, linguas e culturas, que acontece cando unha teoría viaxa e por que hai conceptos non xa que non poidan ser traducidos, senón que constantemente se volve sobre eles para reflexionar sobre os éxitos e fracasos da tradución.
GLOBALIZACIÓN: nunha liña de continuidade con conceptos anticipados na materia Teoría e Crítica literaria do primeiro curso dos Graos, este tema revisa a nube conceptual asociada ao concepto fundamental «globalización». Daranse, polo tanto, as chaves de cada un deses termos e aplicaranse á análise concreta de textos de distinto signo. Trátase igualmente de examinar o papel da literatura no contexto dos novos movementos sociais, económicos e políticos, na tensión entre os pulos globalizadores (ou glocalizadores) e a defensa de identidades de carácter máis local. Prestarase especial atención á literatura mundial, literatura global, best-sellers, circulación e tradución.
POSCOLONIALISMO: neste apartado preséntase a conexión existente entre globalización e imperialismo, que é obxecto de exploración a través das súas implicacións temáticas e imagolóxicas. Fornécese unha introdución ás teorías poscoloniais e decoloniais con especial énfase en fenómenos de hibridismo, subalternidade e ambivalencia. Interróganse os mecanismos de circulación literaria entre centros e periferias e a pervivencia dos mecanismos imperiais activos aínda despois dos procesos de descolonización política, con especial énfase na súa dimensión cultural.
XÉNERO: este tema achegarase ao concepto fundamental «xénero» no sentido de «gender», que deriva da distinción terminolóxica proposta polo sexólogo John Money en 1955 entre sexo biolóxico e xénero como os papeis culturais atribuídos a mulleres e homes. O pulo principal para a crítica de xénero provén na segunda metade do século XX do feminismo, en cuxo marco se fai fincapé en que, se masculinidade e feminidade son construcións culturais adquiridas, logo o xénero está aberto a cambios. Estudarase o xénero en conexión con nocións como alteridade, etnicidade e empoderamento, entre outras, e realizarase unha aproximación ao paradigma trans*.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Aron, Paul, Denis Saint-Jacques e Alain Viala, eds. Le Dictionnaire du littéraire. París: Presses Universitaires de France, 2002.
Ashcroft, Bill, Gareth Griffiths e Helen Tiffin, eds. Post-Colonial Studies: The Key Concepts. Londres: Routledge, 2000.
Cassin, Barbara, ed. Vocabulaire européen des philosophies. Dictionnaire des intraduisibles. París: Le Robert/Seuil. [Hai traducións a distintas linguas]
Edgar, Andrew e Peter Sedgwick, eds. Key Concepts in Cultural Theory. Londres: Routledge, 1999.
Equipo Glifo. Dicionario de termos literarios. Santiago Compostela: Centro «Ramón Piñeiro» para a Investigación en Humanidades. Web.
Greiner-Mai, Herbert, ed. Diccionario Akal de literatura general y comparada. Traducido por Roberto Mansberger Amorós. Madrid: Akal, 2006.
Payne, Michael, ed. Diccionario de teoría crítica y estudios culturales. Traducido por Patricia Willson. Bos Aires: Paidós, 2002.
Preminger, Alex e T. V. F. Brogan, eds. The New Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics. Princeton: Princeton University Press, 1993.
Szurmuk, Mónica e Robert McKee Irwin, eds. Diccionario de estudios culturales latinoamericanos. México DF: Siglo XXI/Instituto Mora, 2009.
Williams, Raymond. Palabras clave. Un vocabulario de la cultura y la sociedad. Ed. revisada e ampliada. Traducido por Horacio Pons. Bos Aires: Nueva Visión, 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Abascal Vicente, María Dolores. La teoría de la oralidad. Málaga: Universidad de Málaga, 2004.
Bal, Mieke. Travelling Concepts in the Humanities: A Rough Guide. Toronto: University of Toronto Press, 2002.
Butler, Judith. El género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad. Traducido por M.ª Antonia Muñoz. Barcelona: Paidós, 2007.
Casas, Arturo, ed. Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais de Galicia, 2004.
Damrosch, David. What is World Literature? Princeton: Princeton UP, 2003.
Domínguez, César, Haun Saussy e Darío Villanueva. Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la literatura comparada. Traducido por David Mejía. Madrid: Taurus, 2016.
García Canclini, Néstor. La globalización imaginada. Barcelona: Paidós, 1999.
Gnisci, Armando, ed. Introducción a la literatura comparada. Traducido por Luigi Giuliani. Barcelona: Crítica, 2002.
Guillén, Claudio. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada (Ayer y hoy). Barcelona: Tusquets, 2005.
Llovet, Jordi, ed. Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona: Ariel, 2005.
Martín Casares, Aurelia. Antropología del género. Culturas, mitos y estereotipos sexuales. Madrid: Cátedra, 2006.
McLuhan, Marshall. A Galaxia Gutenberg: a creación do home tipográfico. Traducido por Manuel Outeiriño. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2010.
Segarra, Marta. Género. Una inmersión rápida. Barcelona: Tibidabo Ediciones, 2021.
Selden, Raman, Peter Widdowson e Peter Brooker. La teoría literaria contemporánea. Traducido por Blanca Ribera de Madariaga. 3ª ed. actualizada. Barcelona: Ariel, 2001.
Vega, María José. Imperios de papel. Introducción a la crítica postcolonial. Barcelona: Crítica, 2003.
Villanueva, Darío, ed. Curso de teoría de la literatura. Madrid: Taurus, 1994.
En cada tema o alumnado deberá traballar con lecturas literarias e críticas de carácter obrigatorio, que serán avaliadas. No Campus Virtual aportarase unha bibliografía máis específica para cada tema.
Transversais:
CT1) entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos estudos literarios;
CT2) asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados;
CT3) desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario, a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada; e
CT4) aprender a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos, e á inclusión, así como á diversidade cultural.
Específicas:
CE1) entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos estudos literarios no marco dinámico da súa propia tradición;
CE2) asumir a pluralidade da noción de literatura e dos propios estudos literarios;
CE3) asimilar unha noción ampliada do concepto de texto;
CE4) estabelecer as metas e mecanismos apropiados para unha análise textual;
CE5) comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para aproximarse aos diferentes aspectos implicados no proceso literario e cultural;
CE6) desenvolver as capacidades de argumentación oral e escrita; e
CE7) favorecer a investigación individual e en grupo.
A materia está construída sobre o método da «clase invertida» («flipped classroom»), de xeito que se proporciona unha introdución ao tema semanal mediante materiais que deben ser traballados polo alumnado antes das sesións expositiva, na que se abordarán dúbidas e se profundizará nos contidos, e interactiva, na que se levará á práctica o aprendido. Combinaranse as sesións expositivas do profesorado coa participación na clase do alumnado, xa mediante preguntas en demanda de maior claridade, profundidade ou ampliación, xa mediante respostas a preguntas que o profesorado faga en determinados puntos da súa exposición.
Nas sesións prácticas procurarase en todo momento reforzar a interactividade na dobre dirección recén apuntada. O material de apoio, textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, dará incentivo a unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coas capacidades de observación, sensibilización artística, crítica e argumentación e coas habilidades interpretativas. Nas sesións expositivas e interactivas, así como nos contidos correlativos da propia Aula Virtual, será habitual o emprego de medios e arquivos electrónicos como reforzo da información.
A programación pode incluír outras actividades formativas, coma charlas de docentes convidadas, conferencias, visita a exposicións e museos, etc.
O Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES) foi creado co obxectivo central de favorecer un proceso de aprendizaxe centrado no alumnado. Este obxectivo só pode conseguirse en grupos moi reducidos. Segundo se afirma, por exemplo, polo Times Higher Education Rankings, «unha ratio profesorado:alumnado baixa contribúe a que o alumnado cultive relacións máis próximas co profesorado, teña acceso máis rápido á retroalimentación e poida implicarse máis nas discusións e seminarios». Lamentabelmente, nesta materia a ratio profesorado:alumnado, cuxa responsabilidade é allea ao corpo docente, é improcedente para a devandita aprendizaxe centrada no alumnado en grupos reducidos.
A materia posúe dous sistemas de avaliación, dos que o alumnado escollerá libremente un durante a primeira semana do semestre obrigatoriamente mediante rexistro na Aula Virtual. A escolla ten carácter definitivo, agás en caso de incumprimento dos requisitos da Opción 1, en cuxo caso procede pasar á Opción 2. Quen non realice o rexistro da súa opción en tempo e forma, queda automaticamente adscrito á Opción 2.
CONVOCATORIA ORDINARIA
* OPCIÓN 1: Avaliación continua (100% da cualificación final)
A Opción 1 inclúe:
1.- Asistencia obrigatoria: un número de ausencias non xustificadas superior ao 20% do número total de horas implicará a imposibilidade de proseguir a avaliación continua, coa posibilidade de avaliarse mediante a Opción 2 (alternativa á Opción 1). A efectos informativos, completado o calendario oficial de clases, farase pública unha relación do alumnado que superou o máximo de faltas.
2.- Intervencións individuais e/ou grupais (40% da cualificación final): se poden realizar ben a petición propia, ben a pedimento do profesorado, xa sexa con antelación ou sen aviso previo en clase. As intervencións consisten en discusións, presentacións, aclaracións, problematizacións, etc. baseadas nas lecturas literarias e críticas en relación cos contidos teóricos. Por causas sobrevindas, o profesorado poderá solicitar a entrega da intervención oral por escrito ou outro soporte. Os criterios de cualificación son: a) dominio teórico-conceptual (3 puntos), b) reflexión crítica (3 puntos), c) profundidade de análise (3 puntos), c) corrección expresiva (1 punto). Ao rematar o cuadrimestre publicarase unha listaxe coa cualificación xeral.
3.- Ensaio analítico (60% da cualificación final): análise de textos literarios e críticos nun espazo máximo de 2.000 palabras, que se entrega a través da Aula Virtual a data das convocatorias oficiais fixada polo Decanato da Facultade de Filoloxía. O contido do enunciado do ensaio darase a coñecer entre 72 e 96 horas antes da convocatoria oficial. Os criterios de corrección son: a) corrección ortográfica e claridade expositiva (1 punto), b) adecuación ás normas formais e estilísticas da expresión académica (1 punto), c) profundidade de análise e interrelación argumental, pensamento crítico e argumentación persoal (4 puntos) e d) dominio teórico-conceptual e aplicabilidade literaria orixinal (4 puntos).
* OPCIÓN 2 (alternativa á Opción 1): Avaliación por exame final (100% da cualificación final) nas convocatorias oficiais fixadas polo Decanato da Facultade de Filoloxía. A Opción 2 está contemplada para:
a) alumnado que decida libremente avaliarse por este medio como alternativa á Opción 1;
b) alumnado excluído da Opción 1 (por superarse a porcentaxe de inasistencia permitida);
c) alumnado con dispensa oficial de asistencia.
A Opción 2 inclúe:
1.- Exame presencial: nas convocatorias oficiais (40% da cualificación final), catro preguntas coa mesma metodoloxía e nivel de esixencia ca nas intervencións das intervencións da avaliación continua. Ao exame presencial pode acudirse con todo o material (incluídos dispositivos con conexión a Internet) que se estime oportuno.
2.- Ensaio analítico (60% da cualificación final): análise de textos literarios e críticos nun espazo máximo de 2.000 palabras, que se entrega a través da Aula Virtual a data das convocatorias oficiais fixada polo Decanato da Facultade de Filoloxía. O
contido do enunciado do ensaio darase a coñecer entre 72 e 96 horas antes da convocatoria oficial.
Os criterios de corrección son:
a) corrección ortográfica e claridade expositiva (1 punto);
b) adecuación ás normas formais e estilísticas da escritura académica (1 punto);
c) profundidade de análise e interrelación argumental, pensamento crítico e
argumentación persoal (4 puntos); e
d) dominio teórico-conceptual e aplicabilidade literaria orixinal (4 puntos).
Nas Opcións 1 e 2, en calquera momento o profesorado poderá solicitar unha entrevista oral co obxecto de discutir calquera cuestión dos exercicios de avaliación entregados.
CONVOCATORIA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE
Mantéñense as condicións sinaladas para a convocatoria ordinaria.
CRONOGRAMA:
* Semana 1: Presentación
* Semana 2: Conceptos viaxeiros. Teorías nómades. Intraducíbeis
* Semana 3: Globalización
* Semana 4: Globalización
* Semana 5: Globalización
* Semana 6: Práctica do ensaio
* Semana 7: Poscolonialismo
* Semana 8: Poscolonialismo
* Semana 9: Poscolonialismo
* Semana 10: Xénero
* Semana 11: Xénero
* Semana 12: Xénero
A secuencia de contidos pode verse alterada pola realización de actividades complementarias ou causas sobrevindas. Segundo o calendario oficial, poderá haber unha semana 13.ª que modifique o cronograma.
Convocatoria ordinaria: ensaio analítico (avaliación continua) // ensaio analítico e exame presencial (avaliación por exame final).
Convocatoria de segunda oportunidade: ensaio analítico (avaliación continua) // ensaio analítico e exame presencial (avaliación por exame final).
Esta materia ten oficialmente 6 ECTS, que equivalen a 150 horas totais (6 créditos por 25, tendo presente que un crédito presupón 25 horas de traballo –presencial e non presencial– para o alumnado). Dita carga distribúese da seguinte forma:
a) sesións expositivas: 0.84 ECTS=21 horas;
b) asimilación dos contidos expositivos: 0.84 ECTS=21 horas;
c) sesións interactivas síncronas: 0.84 ECTS=21 horas;
d) lecturas e asimilación de textos literarios e críticos(*): 2.4 ECTS=60 horas;
e) intervencións informadas: 0.48 ECTS=12 horas (Opción 1) // 4 preguntas exame presencial (Opción 2);
f) ensaio analítico: 0.6 ECTS=15 horas (Opcións 1 e 2).
(*) O tempo asignado ao traballo de lectura de textos literarios e críticos (60 horas) baséase na calculadora de carga de traballo do Center for Teaching Excellence de Rice University segundo tres variábeis: a) número de palabras por páxina, b) dificultade máxima de asimilación e c) obxectivo dirixido á comprensión. En función do número de horas e as tres variábeis mencionadas, a calculadora dá un resultado dunha media de 46.15 páxinas por semana.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, esíxese ao alumnado acollido á Opción 1 de avaliación unha asistencia puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serena e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesorado e coas fontes de aprendizaxe. En particular, aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
En virtude dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e do contexto bilingüe de Galiza, a interacción —tanto verbal como escrita— realizarase en calquera das dúas linguas oficiais (galego ou castelán).
ATENCIÓN TITORIAL:
As sesións presenciais teñen o seu complemento na atención titorial, que o profesorado ofrece durante seis horas por semana; para consultar o horario, prémase na hiperligazón correspondente do Departamento de Lingua e literatura españolas, Teoría da literatura e Lingüística xeral (Directorio > Nome da docente en cuestión). Xa que poden producirse variacións, recoméndase consultar periodicamente o horario de atención titorial. Para facer uso da atención titorial, debe solicitarse cita previa.
FALTAS DE ASISTENCIA ÁS PROBAS DA AVALIACIÓN:
Só se aceptan como causas xustificadas de faltas de asistencia as recollidas na Disposición Terceira da Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior. En consecuencia, calquera outro motivo non habilita para unha reprogramación da actividade de avaliación, e a súa non realización equivalerá a unha puntuación de 0. O alumnado sempre ten ao seu dispor a avaliación por exame final da materia.
COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA E USO DO CAMPUS VIRTUAL:
A única comunicación oficial para tódolos grupos é a realizada mediante os servizos de mensaxería do Campus Virtual. En consecuencia, é responsabilidade do alumnado a súa consulta periódica, así como o redireccionamento das mensaxes a unha dirección electrónica activa. Tamén é deber do alumnado a consulta periódica do Campus Virtual e a realización telemática e entrega en prazo das tarefas programadas. Cada docente comunicará cal é a canle de comunicación individualizada. A coordinación docente ten, entre outras funcións, o envío de información colectiva a través da Aula Virtual en representación do corpo docente da materia. Porén, o alumnado debe dirixir dúbidas e consultas exclusivamente ás/aos docentes dos seus grupos expositivo e interactivo, e non a quen exerza a coordinación da materia.
DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS:
A distribución do alumnado entre grupos persegue garantir unha distribución numérica equitativa. Neste sentido, é obrigatorio respectar dita distribución, sen que se poidan facer modificacións de grupo, agás en casos extremos xustificados. Neste caso, as solicitudes de cambio de grupo faranse oficialmente mediante mensaxe electrónica dirixida a quen coordine a materia e ás docentes do grupo que se deixa e o grupo no que se integra durante a PRIMEIRA SEMANA do semestre.
ETIQUETA ACADÉMICA: non se acepta o uso de teléfonos móbiles durante as aulas. Desaconséllase o uso doutros dispositivos electrónicos (portátiles, tablets, etc.) agás, en caso extremo, cando se empreguen para traballar con lecturas do seminario. Neste caso, ditos dispositivos deberán estar desconectados da rede de datos. As intervencións e discusións nas aulas deben ser seguidas coa máxima atención para así contribuír á xeración colectiva de coñecemento.
PLAXIO:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións».
ENTREVISTA/S:
O corpo docente resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar coas docentes coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación do sistema de avaliación a un sistema individualizado (titorías presenciais/virtuais, presentación e discusión de tarefas presenciais/virtuais, etc.).
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811770
- Correo electrónico
- anxo.abuin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Jesus Gil Gonzalez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- aj.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Margarita Garcia Candeira
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- margarita.garcia.candeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Do Cebreiro Rabade Villar
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811780
- Correo electrónico
- m.rabade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Rial Molanes
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- monica.rial.molanes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Sarah Vidal Horta
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- sarah.vidal.horta [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Galego | C11 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Castelán | C12 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Galego | C11 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | Galego | C10 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | Galego | D08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | Galego | C10 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | Galego | C12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | Galego | D08 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | Galego | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C08 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C09 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C10 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C11 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C12 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C12 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C07 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C07 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C11 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (L-O) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-K) | C12 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C12 |