Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Achegarse á tradición dos Estudos teatrais con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
2) Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura, a cultura e o teatro.
3) Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario-teatral e as súas implicacións.
4) Fundamentar a análise crítica de textos teatrais nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
5) Coñecer os conceptos e recursos da análise crítica do texto dramático e teatral /espectacular.
6) Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno teatral como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
7) Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios e teatrais.
8) Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal do feito literario-espectacular.
9) Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
1. Semioloxía do teatro. O espectáculo e o espectador. O personaxe e o actor
2. Segmentación do texto dramático e espectacular. Os códigos teatrais
3. A enunciación teatral. O diálogo teatral
4. O tempo e o espazo escénicos
5. A dramaturxia no século XX. Historia da posta en escena. O director de escena
6. Teatro e multiculturalismo. O posdrama. Conclusión: Cara a unha análise dos espectáculos teatrais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ABIRACHED, R., La crise du personnage dans le theâtre moderne, Grasset, París, 1978.
ABUÍN, A., El narrador en teatro, Universidade de Santiago, 1997.
BADIOU, A., Rapsodia por el teatro (Breve tratado filosófico), Agora, Málaga, 1993.
BOBES NAVES, M. del C., Semiología de la obra dramática, Taurus, Madrid, 1987.
BOBES NAVES, M. del C. (ed.), Teoría del teatro, Arco, Madrid, 1997.
BOGATYREV, P., "Les signes du theâtre", en Poétique, 8 (1971), pp. 517-530.
DEMARCY, R., Élements d'une sociologie du spectacke, UGE, París, 1973.
DE MARINIS, M., Semiotica del teatro. L'analisi testuale dello spettacolo, Bompiani, Milán, 1982.
DE TORO, F., Semiótica del teatro. Del texto a la puesta en escena, Galerna, Buenos Aires, 1987.
ELAM, K., The Semiotics of Theatre and Drama, Methuen, Londres, N. Y., 1980.
FERRANDO, B., El arte de la performance, Valencia, Mahali, 2009.
FISCHER-LICHTE, E., The Semiotics of Theater, Indiana University Press, 1992 (trad inglesa de Semiotik des Theaters, Gunter NarrVerlag, Tübingen, 1983).
FISCHER-LICHTE, E. Estética de lo performativo, Abada, Madrid, 2011.
GARCÍA BARRIENTOS, J.L., Cómo se comenta una obra de teatro, Síntesis, Madrid, 2002.
HORMIGON, J. A., Trabajo dramatúrgico y puesta en escena, Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España, Madrid, 1991.
ISSACHAROF, M., Le Spectacle du discours, José Corti, ParÃís, 1985.
KOWZAN, T., "Le Signe au théâtre", en Diogène, 61 (1968). Hay traducción en Th. Adorno (comp.), El teatro y su crisis actual, Monte Avila, Caracas, 1969, pp. 23-60.
LEHMANN, H.TH., El teatro posdramático, Cendeac, Murcia, 2013.
PAVIS, P., Diccionario del teatro, Paidós, Barcelona, 1983.
*PAVIS, P., El análisis de los espectáculos, Paidós, Barcelona, 2001.
PFISTER, M., The Theory and Analysis of Drama, Cambridge University Press, Cambridge, 1977.
ROUBINE, J.-J., Introducción ás grandes teorías do teatro, Vigo: Galaxia, 2002.
SANCHIS SINISTERRA, J., La escena sin límites, Madrid, Ñaque, 2002.
SEGRE, C., Teatro e romanzo. Due tipi di comunicazioneletteraria, Einaudi, Turín, 1984.
SARRAZAC, J.-P., L'Avenir du drame. Ecritures dramatiques contemporaines, Ed. de l'Aire, Lausanne, 1981.
UBERSFELD, A., Semiótica teatral, Cátedra/Universidad de Murcia, Madrid, 1989.
VEINSTEIN, A., La Mise en scène théâtrale et sa condition esthétique, Flammarion, París, 1955.
ZARRILLI, Ph., A interpretación (re)considerada, Galaxia, Vigo, 2010.
1) Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos teatrais no marco dinámico da súa propia tradición.
2) Asumir a pluralidade da noción de "teatro" e dos propios Estudos teatrais.
3) Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
4) Estabelecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
5) Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, discurso, autoría, interpretación, actuación, performance coa análise dramatolóxica.
6) Entender e saber aplicar os fundamentos da análise dramático-teatral.
7) Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para se aproximar aos diferentes aspectos implicados no proceso teatral.
8) Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos Estudos teatrais.
9) Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e teatrais.
10) Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito teatral a partir do manexo dunha terminoloxía acaída e ben asimilada.
Estudos teatrais aspira a articularse ademais como unha guía sólida para a comprensión e a análise dos textos teatrais e espectaculares na actualidade. Trátase polo tanto de fornecer das ferramentas necesarias para emprender esa tarefa atendendo aos seguintes parámetros:
-Lectura crítica dos espectáculos teatrais dende unha perspectiva semiolóxica.
-Información detallada de cada un dos posíbeis códigos que interveñen nunha posta en escena.
-Coñecemento das principais correntes teóricas na análise do feito teatral.
-Valoración crítica da relación entre o texto espectacular e o texto literario, dentro dos procesos de transducción.
Considerouse apropiado que cada tema ocupe dúas sesións expositivas, de maneira que haxa tempo suficiente para introducir pausadamente os contidos da materia. Contarase ademais con sesións de balance transversal e de prospectiva sobre cada bloque de temas, o que deixa así mesmo unha marxe de axuste para algún imprevisto que xurda durante o curso ou para atender algunha suxestión específica do alumnado destinada a complementar a información compartida.
As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse coa participación nas clases dos alumnos/as mediante intervencións individuais que demanden maior claridade, profundidade ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo. Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
As sesións de seminario reforzarán a interactividade e os momentos de debate arredor da proxección de espectáculos en vídeo. Os materiais de apoio serán textos espectaculares, fragmentos teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, así como outras producións artísticas e discursivas destinadas a incentivar unha comunicación ao servizo dos obxectivos e competencias expostos.
Aula Virtual
Activarase unha Aula Virtual para a materia e promoverase o uso e aproveitamento dos seus materiais e recursos. Así mesmo se porá en marcha un blogue da materia. A continuidade no seguimento desta ferramenta terá incidencia directa na nota final.
Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e elaboración de traballos (como mínimo un individual e un en grupo), o uso da Aula Virtual e blogue, a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas.
A nota dun traballo final en forma de exposición representa o 60% da calificación final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade (xaneiro e xuño/xullo). Da participación en clases expositivas e seminarios e do uso da Aula Virtual terase en conta a constancia na interactividade, o nivel e o interese das intervencións e o progreso neses parámetros ao longo do curso. Igualmente, valorarase a disposición a colaborar no marco do grupo, con atención particular á interacción co alumnado Erasmus (integración, apoio mutuo, activación de propostas en común...). Este apartado constitúe o 40% da nota final.
Das actividades prácticas nas sesións de seminario (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e a creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de anáise expostos, o rigor argumentativo, a presentación escrita e a calidade da exposición oral.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións da segunda oportunidade. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día. Os alumnos con dispensa realizarán un exame polo que obterán unha única nota final. Os alumnos con coincidencia horaria acordarán co profesor un sistema de avaliación acaíso ás súas circunstancias.
Non se realizará exame final nesta materia. A avaliación realizarase a partir do seguimento das actividades propostas.
ENTREVISTA/S:
O corpo docente resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Sesións expositivas: 30
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30
Sesiós de seminario: 15
Sesións de titoría programadas: 2
Leituras: 25
Realización de traballos de diverso tipo: 30
Sesións de avaliación: 3
Preparación de exames: 15
Total de horas de actividade presencial: 50
Total de horas de actividade non presencial: 100
Para o aproveitamento do programa desta materia sería moi estimábel a inscrición como usuario da Teatroteca do Centro de Documentación Teatral.
Monica Rial Molanes
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- monica.rial.molanes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D15-Seminario |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D15-Seminario |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |