Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumno coñeza os principais cambios fonéticos producidos no paso do latín ás linguas románicas, tanto no plano segmental coma no suprasegmental.
Que o alumno se decate de que os cambios fonéticos teñen lugar seguindo determinadas regularidades.
Que o alumno teña coñecemento dos cambios fonéticos que diferencian con claridade a Romania oriental da Romania occidental.
Que o alumno, a partir da análise dos cambios fonéticos producidos, saiba situar un texto medieval no territorio románico ao que pertence.
Que o alumno comprenda que por debaixo das regularidades dos cambios hai moitas veces loitas de tendencias distintas.
BLOQUE I
1. Do latín ás linguas románicas. O sistema vocálico do latín clásico
2. Os trazos suprasegmentais: o acento
3. As vogais tónicas
3.1. Constitución dos distintos sistemas vocálicos protorromances
3.2. A ditongación nas linguas románicas
4. As vogais átonas
5. Os ditongos do latín ao romance
6. A influencia das consonantes veciñas sobre o vocalismo. A nasalización
BLOQUE II
7. Do latín ás linguas románicas. O sistema consonántico do latín clásico
8. Evolución do sistema consonántico en principio de dicción
8.1. As consonantes simples
8.2. Os fonemas bilabiais
8.3. O fonema labiodental /f/
8.4. Os fonemas velares
8.5. Os grupos consonánticos
9. Evolución do sistema consonántico no medio de dicción
9.1. As consonantes simples
9.2. Evolución das consonantes xeminadas interiores
9.3. As consonantes xeminadas /nn/ e /ll/
9.4. Grupos consonánticos
10. Evolución do sistema consonántico en final de dicción
10.1. Consonantes primarias (-m,-n, -s, -t, -l, -d, -r, -c)
10.2. Consonantes finais secundarias e terciarias
Manuais
Bec, Pierre (1970-71). Manuel pratique de philologie romane, 2 vols., Paris: Picard.
Chaussée, F. de la (1974). Initiation à la phonétique historique de l'ancien français, Paris: Klincksieck, 1974.
García, Constantino -Dir - (1977). Lingüística románica, Madrid: UNED
Holtus, Günter, Metzeltin, Michael, y Schmitt, Christian, Coords. (1998-2005). Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols., Tübingen: M. Niemeyer.
Lausberg, Heinrich (1985). Lingüística románica, 3.ª reimp., 2 vols., Madrid: Gredos.
Maiden, Martin, Smith, John Charles, Ledgeway, Adam –Eds.– (2011). The Cambridge history of the romance languages, Cambridge: Cambridge University Press.
Sánchez Miret, Fernando (2001). Proyecto de gramática histórica y comparada de las lenguas romances, 2 vols., München: Lincom Europa.
Renzi, Lorenzo, y Andreose, Alvise (2003). Manuale di linguistica e filologia romanza, Bologna: Il Mulino
Martinet, A., Economía de los cambios fonéticos, Madrid: Gredos, 1974.
Tekavcic, P. (1980) Grammatica storica dell'italiano, 3 vols., Bologna: Il Mulino (1ª ed. de 1972), 2ª ed.
Dicionarios
Bloch, O. & Wartburg, W. von (1975), Dictionnaire étymologique de la langue française. 6è éd., Paris: Presses Universitaires de France.
Cioranescu, A. (1958), Diccionario etimológico rumano, La Laguna: Biblioteca Filológica, Universidad de La Laguna,.
Corominas, J. & Pascual, J.A. (1980 ss.), Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico (DCECH), 6 vols., Madrid: Gredos.
Cortelazzo, M. & Zolli, P. (1979-1988). Dizionario etimologico della lingua italiana, 5 vols, Bologna: Zanichelli.
Machado, J.P. (1977), Dicionário etimológico da língua portuguesa, 3 vols.;(1ª ed. 1952-1959), 2ª ed., Lisboa: edit. Confluência.
Meyer-Lübke, W. (3ª ed., 1935), Romanisches Etymologisches Wörterbuch (REW), Heidelberg: Carl Winter).
Wartburg, W. von (1928 ss.), Französisches Etymologisches Wörterbuch. Eine Darstellung des galloromanischen Wortschatzes, Heidelberg & Lichtenhahn e despois: Bonn-Berlin-Basel, 1928; Basel, 1944.
1. O alumno deberá ser quen de explicar as diferenzas fundamentais existentes entre o latín e o conxunto das linguas románicas no plano suprasegmental.
2. O alumno deberá ser capaz de distinguir os cambios fonéticos que son continuación de tendencias xa vixentes no latín vulgar dos que se produciron en época máis tardía no interior de cada unha das linguas románicas.
3. Sobre un texto románico concreto o alumno será capaz de localizar os fenómenos fonéticos que permiten adscribilo á Romania oriental ou á Romania occidental.
4. Coñecido o étimo e o seu resultado regular nunha lingua románica, o alumno estará en condicións de explicar os cambios fonéticos producidos na súa evolución e situalos cronoloxicamente.
5. Coñecido o étimo e un resultado románico, o alumno será capaz de discriminar se este resultado é un cultismo ou é patrimonial.
6. O alumno será capaz de localizar espacialmente a vixencia dos resultados de cada un dos subsistemas vocálicos do latín vulgar.
7. O alumno terá capacidade para explicar as prinicipais innovacións que se produciron no subsistema consonántico das linguas románicas con respecto ao do latín.
Combinaranse sesións expositivas, nas cales a/o docente presentará e ilustrará as nocións teóricas e a metodoloxía de carácter xeral, con sesións de seminario, que permitirán unha participación máis activa das/dos estudantes. A combinación de ambos tipos de sesións ten por obxectivo que o alumnado poida asimilar e aplicar correctamente as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se agardan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse 3h. de titorías programadas, de acordo cos horarios dos discentes, coa finalidade de guiar e asesorar no proceso de aprendizaxe e avaliación do alumnado.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Procederase a unha avaliación continua da aprendizaxe baseada en:
1. A participación activa durante o curso a través da satisfactoria realización de lecturas críticas, tarefas, comentarios, debates, etc. (ata o 30% da cualificación final), mediante o cal a/o estudante poderá progresivamente adquirir e adestrar as habilidades e competencias esperadas nesta materia.
2. A realización de dous traballos relativos a algún dos temas da sección I e da sección II respectivamente (ata o 70% da cualificación final). Entregarase unha versión escrita, aínda que o traballo deberá ser presentado e defendido oralmente nunha das sesións presenciais.
O alumnado que teña recoñecida a dispensa oficial debe presentar un traballo escrito por cada bloque do programa (ata o 70% da cualificación final). Así mesmo, deberá realizar unha selección de lecturas que serán indicadas no inicio do curso pola docente, e das que deberá realizar un comentario (ata o 30% da nota final).
As/Os estudantes deben redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable no seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Exame escrito, con cuestións relativas ao temario da materia, valorado de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo das/dos estudantes.
Tempo presencial:
Sesións expositivas: 32h.
Sesións de seminario: 16h.
Titorías programadas: 3h.
Tempo de traballo autónomo: TOTAL 96h.
Nocións e contidos teórico-prácticos: 48h.
Traballos de aprendizaxe-avaliación: 48h.
É unha materia que para a maioría das/dos estudantes vai resultar novidosa, e que esixe unha dedicación continuada. Por esta razón, recoméndase levar ao día a materia, participar activamente nas sesións, realizar as lecturas recomendadas e que non se deixe a preparación dos traballos para os días inmediatamente anteriores á entrega.
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Negri
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D15-Seminario |
Xoves | |||
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |