Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ser capaz de realizar pequenas análises lingüísticas.
Coñecer os conceptos básicos da gramática e ser capaz de aplicalos en traballos de creación propia.
Reflexionar sobre a estrutura da lingua galega.
1. Fonética articulatoria: os segmentos fonéticos, a transcrición fonética
2. Alófonos e fonemas
3. Morfoloxía
3.1. Breve repaso dos conceptos básicos: palabra, lexema, morfema
3.2. Teoría clásica do morfema. Problemas: morfo cero, morfo baleiro, amálgama etc.
3.3. Flexión vs. formación de palabras (derivación e composición)
3.4. A noción de paradigma e as propiedades morfosintácticas
4. Sintaxe
4.1. ¿Que é a sintaxe?
4.2. Unidades sintácticas
4.3. Relacións sintácticas (funcións sintácticas, semánticas e informativas)
4.4. Construcións sintácticas
BIBLIOGRAFÍA BASICA
Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (eds.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 215-246.
Duarte, I. e A. M. Brito (1996): “Sintaxe”, en Isabel Hub Faria et alii: Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa. Lisboa: Caminho, pp. 247-302.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2000): Gramática da lingua galega III. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998): Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra.
García-Miguel, L. M. e C. Cabeza (2000): “Sintaxe”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe, Xerais: Vigo, pp. 543-584.
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 585-627.
Martínez Celdrán, E. (2001): Introducción á Fonética. Vigo: Galaxia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez, Rosario / Xosé Luís Regueira / Henrique Monteagudo (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
Andrade, A.e M.do Céu Viana (1996): “Fonética”, en Isabel Hub Faria et alii: Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa. Lisboa: Caminho, pp. 115-167.
Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon Press.
Culicover, P. (2008): Natural Language Syntax. Oxford: OUP.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, en Verba 18, pp. 69-128.
Raposo, Eduardo Buzaglo Piava et alii (eds.) (2013/2020): Gramática do português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian. 3 volumes.
Regueira Fernández, X.L. (Coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
Rojo, G. e T. Jiménez Juliá (1989): Fundamentos de análisis funcional. Santiago: USC.
Tallerman, Maggie (1998): Understanding syntax. London: Arnold.
Vidal Figueiroa, T. (2000): “Fonética e Fonoloxía”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe. Xerais: Vigo, pp. 629-719.
Ser capaz de crear unha análise lingüística, seguindo un método claro e sendo coherente cunha teoría.
Nun nivel básico, ser capaz de avaliar a coherencia e resultados dos traballos de investigación en lingüística galega
· Sesións expositivas. Para a introdución dos conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística, aplicados a datos da lingua galega. A explicación apoiarase moitas veces na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
· Sesións de seminario. Traballaranse contidos vistos nas sesións expositivas.
· Actividades do curso. Exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos nas aulas. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.
· Lecturas. Ó longo do curso poderáse encargar unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
Nesta materia farase uso del Campus Virtual da USC para traballar. Os alumnos e alumnas deberán atender ó seu correo rai da USC.
Atención: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asistencia ás clases é obrigatoria. A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
A) Actividades do curso. Esta é a parte de avaliación continua. Ó longo do curso, recolleranse diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial coma non-presencial. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así coma o deseño e presentación. A avaliación destas actividades suporá un 30% da nota final. N.B.: Haberá unha data de entrega para cada traballo; fóra desa data, non se recollerán traballos se xa foron corrixidos na clase; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas.
B) Contidos da materia: É obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. Alén dos contidos teórico-prácticos, valorarase o dominio do código normativo, a coherencia e a cohesión textual. A nota deste exame escrito conta o 70%.
A nota final obterase sumando A e B.
C) Os alumnos con dispensa de asistencia outorgada polo Decanato poderán realizar algúns traballos a maiores. O profesor porá datas límites para a entrega de cada traballo; non se recollerán traballos máis alá do último día das clases; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas. Deben comunicar ó profesor esta situación nas dúas primeiras semanas de clase. Neste caso, os traballos sumarán o 30% da nota final; o 70% restante obterase no exame oficial correspondente.
D) Todos aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame oficial de segunda oportunidade. Este exame valerá o 100% da nota para tódolos que se presenten, pois non se terán en conta as notas de avaliación continua.
Horas de estudo e preparación de actividades: 150
Sesións de seminario: 16
Sesións expositivas: 32
Sesións de titoría programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
Realización de traballos de diverso tipo: 30
Lecturas: 25
Preparación de exames: 35
Outras actividades: asistencia a cursos,conferencias, etc. 6
Asistir á clase e participar. Traer as lecturas e traballos feitos. Levar a materia ó día.
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Antonio Cidrás Escáneo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811905
- Correo electrónico
- francisco.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D11 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Galego | D03 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Galego | D03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | Galego | D03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | Galego | D03 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C07 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C07 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C07 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C07 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C08 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C08 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C08 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C08 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C07 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C07 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C07 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C07 |