Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
ESPECÍFICOS:
—Iniciar ao estudante nos estudos literarios cunha perspectiva histórica, crítica e filolóxica.
—Proporcionar os coñecementos e ferramentas básicos para a lectura, a interpretación e a análise dos textos da literatura española.
XERAIS:
—Fomentar o hábito de lectura.
—Ofrecer orientación histórica e teórica que axude a identificar e situar os textos literarios.
—Mellorar a formación cultural do alumno.
—Contribuír ao desenvolvemento da capacidade de expresión e argumentación.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Aproximación ao estudo da literatura española.
2. Panorama histórico da literatura española.
2.1 Literatura española medieval.
2.2 Literatura española do século XVI.
2.3 Literatura española do século XVII.
2.4 Literatura española dos séculos XVIII y XIX: Ilustración e Romanticismo.
2.5 Literatura española dos séculos XIX y XX: desde o Realismo á Xeneración de 1914.
2.6 Literatura española do século XX: desde as vangardas ao século XXI.
CLASES INTERACTIVAS:
Realización de actividades, individuais e en grupo, a partir dos textos literarios comentados, e evaluación das competencias adquiridas nos textos teóricos e literarios (antoloxías de textos da historia da literatura española) de lectura obrigatoria que serán suministrados a través do Campus Virtual.
BÁSICA:
Alvar, C., J. C. Mainer & R. Navarro, Breve historia de la literatura española, Madrid, Alianza, 1997.
Azaustre, A. & J. Casas, Introducción al análisis retórico, Santiago, Universidade, 1994.
Pedraza, F. B. y M. Rodríguez Cáceres, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
Quilis, A., Métrica española. Madrid, Alcalá, 1969.
Villanueva, D., La lectura crítica de la novela, Santiago, Universidade, 1988.
COMPLEMENTARIA:
Alberich, J. et al., Historia de la literatura española, Madrid, Castalia, 1990.
Alborg, J. L., Historia de la literatura española, Madrid, Gredos, 1966-1999.
Canavaggio, J., ed., Historia de la literatura española, Barcelona, Ariel1994-1995.
Díez- Borque, J.M., ed., Historia de la literatura española, Madrid, Taurus, 1980.
Fuente, R., ed., Historia de la literatura española; Madrid, Júcar, 1991.
Jones, R. O., Historia de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1977.
Pedraza, F. B. y M. Rodríguez Cáceres, Manual de literatura española, Tafalla, Cénlit, 1980-2000.
—, Historia esencial de la literatura española, Madrid, EDAF, 2000.
Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid, Castalia, 2009, 2 vols.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desenvolver a competencia comunicativa.
De acordo cos contidos expostos, a metodoloxía terá un carácter teórico-práctico, principio xeral que se pode sintetizar nas seguintes líñas básicas.
En canto á docencia, o plantexamento da materia como introducción á Literatura Española centrarase nos contidos teóricos e na súa aplicación práctica aos textos obxecto de estudo. Para acadar os obxectivos e competencias fixadas, tratarase de manter un equilibrio entre as explicacions teóricas e a participación activa do estudantado nas sesions presenciais.
En canto á aprendizaxe, o estudantado adoptará unha actitude participativa. Durante o desenvolvemento das explicacións teóricas, poderá intervir plantexando dúbidas ou respondendo a eventuais preguntas. Asimesmo, o alumno deberá desenvolver fóra da aula determinadas actividades como lecturas de textos literarios en relación coas explicacións teóricas, ademáis do estudio individual dos contidos da materia. Dita lectura, que debe facerse coa antelación necesaria, é imprescindíbel para o axeitado seguimento das sesións presenciáis. Segundo a normativa vixente na USC, a asistencia ás sesións presenciais, expositivas e interactivas, será obrigatoria, agás no disposto verbo da dispensa de escolaridade e coincidencia horaria.
Primeira oportunidade
— 60% da cualificación: exame teórico-práctico, que terá lugar na data oficial fixada polo centro.
— 40% da calificación: resultado das evaluacións das actividades presenciais e non presenciais propostas polos docentes.
Os estudantes con dispensa oficial de escolaridade ou coincidencia horaria serán avalidados exclusivamente mediante o exame, que puntuará o 100% da cualificación.
Segunda oportunidade
De ser necesario, o estudante poderá repetir o exame. Pola contra, manteranse as cualificacións das actividades interactivas de primeira oportunidade.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas:16
Titoría personalizada: 3
Sesiones de evaluación: 3
Total de horas de actividade presencial: 54
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
Estudo e preparación de actividades programadas en clase: 30
Lecturas: 16
Preparación de exámes: 96
Total de horas de actividade no presencial: 100
— Asistencia constante, activa e participativa ás sesións presenciais.
— Planificación das lecturas e do traballo persoal, para un axeitado aproveitamento das sesións presenciais.
— Realización de actividades e exercicios non presenciais propostos polos docentes.
— As titorías permitirán aclarar dúbidas ou profundar nalgún aspecto. En caso de confinamento, a atención será telemática, a través do Campus Virtual ou o correo electrónico.
Idioma de impartición: castelán
Alejandra Ulla Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- alejandra.ulla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Candela Iglesias Balsa
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- candela.iglesias.balsa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C12 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |