Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ofrecer unha introdución ao estudo da recepción da literatura e da cultura medievais ao longo dos séculos, con especial atención á cultura contemporánea.
-Percibir as características particulares da produción literaria da Idade Media, atendendo a todos os elementos que interveñen nela.
-Adquirir coñecementos sólidos e claros da evolución da literatura medieval e da importancia que adquire na formación do pensamento contemporáneo occidental.
-Recoñecer a produción literaria medieval como unha rede intertextual, na que os xéneros e as áreas se relacionan, debendo estudarse as súas diversas manifestacións sempre no seu espazo contextual e non de forma illada, aínda que atendendo ás súas características propias.
TEMA 1
- A formación do concepto de Idade Media. Percepción dos séculos medios ao longo dos tempos: do Humanismo ata o século XXI.
- O interese actual pola Idade Media. Que Idade Media e por que: os tópicos sobre a época medieval e a súa orixe.
TEMA 2
- O coñecemento do pasado a través de fontes indirectas. O século XIX como horizonte mitoxenético da época actual.
- Implicacións ideolóxicas das indagacións históricas. Lexitimacións identitarias e procesos de apropiación simbólica. A Idade Media na creación dos mitos nacionais.
- O proceso de percepción do pasado. A ficcionalización da Historia e a súa recreación na cultura contemporánea: da literatura ás festas históricas.
TEMA 3
- A posmodernidade como nova Idade Media. Paralelos entre a Idade Media e os tempos actuais.
TEMA 4
- A recuperación da Idade Media nos comezos da Idade Contemporánea: o neomedievalismo victoriano.
- A recuperación do mito artúrico na literatura e nas artes plásticas.
- Da Idade Media á Idade Media fantástica: a literatura fantástica e o ciclo da Terra Media de J. R. R. Tolkien.
TEMA 5
- A Idade Media na cultura do espectáculo: cultura escrita e cultura da imaxe.
- O cinema sobre a Idade Media. Coordenadas históricas e sociais do cinema norteamericano. A relación do cinema medievalizante e outros xéneros cinematográficos.
- A evolución contemporánea do cinema artúrico.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Baura García, E., "El origen del concepto historiográfico de la Edad Media oscura. La labor de Petrarca", Estudios Medievales Hispánicos, 1 (2012), pp. 7-22.
Eco, U., La nueva Edad Media, Alianza Editorial, Madrid, 1997 (1ª ed. 1974).
Heers, J., La invención de la Edad Media, Crítica, Barcelona, 1995.
Sanmartín Bastida, R., "De Edad Media y medievalismos: propuestas y perspectivas", Dicenda: Estudios de lengua y literatura españolas, 22 (2004), pp. 229-247.
Valdeón Baruque, J. "La desmitificación de la Edad Media", en J. A. Gómez Hernández e M. E. Nicolás Marín (coord.), Miradas a la historia: reflexiones historiográficas en recuerdo de Miguel Rodríguez Llopis, 2004, pp. 29-38.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Alianza Editorial, Madrid, 1991.
Benito Ruano, E. (coord.), Tópicos y realidades de la Edad Media, Madrid, 2000-2002, 2 vols.
Cid Lucas, F. (coord.), Quince caminos para seguir a Tolkien, Diputación Provincial, Cáceres, 2007.
Eco, U. et alii, La nueva Edad Media, Alianza Editorial, Madrid, 2004 (1ª ed. 1973).
García Sempere, M. e Martos, J. L. (eds.), L'Edat mitjana en el cinema i en la novel.la històrica, Universitat d'Alacant, Alacante, 2009.
Hobsbawm, E. e Ranger, T. (eds.), La invención de la tradición, Barcelona, 2002 (1ª ed. 1983).
Jauss, H. R., Pour une esthetique de la réception, Gallimard, Paris, 1978.
Jurado Morales, J. (ed.), Reflexiones sobre la novela histórica, Universidad de Cádiz, Cádiz, 2006.
Lyon, D., Postmodernity, Open University Press, Buckingham, 1994 [Postmodernidad, Alianza Editorial, Madrid, 1996].
Peña-Ardid, C., Literatura y cine, Madrid, 1992.
- Capacidade de relacionar diferentes períodos históricos, os procesos de recepción e comprensión das épocas pasadas e de reflexionar sobre a importancia que tales procesos adquiren na configuración da sociedade actual.
- Capacidade de relacionar diferentes manifestacións artísticas como partes dun discurso cultural máis amplo.
O profesor desenvolverá os temas de clase baseándose en explicacións apoiadas eventualmente por textos e outros tipos de materiais gráficos e audiovisuais, coa posibilidade de que os alumnos realicen exercicios e traballos ao longo do curso, como parte das actividades derivadas do sistema de avaliación continua.
Considérase esencial a asistencia a clase, por canto se pretende dar un carácter práctico á materia.
Sistema de avaliación continua, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nestas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa realización dun traballo final de carácter individual.
Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúensen de acordo co seguinte valor á hora de calcular a cualificación final:
a) Asistencia a clase: 30% da nota final, computando tanto a presencialidade como a participación nas actividades da aula.
b) Realización de traballos: 70%, para o que se require a realización de todos os traballos esixidos.
Así mesmo, para superar a materia, a avaliación destes dous apartados deberá ser positiva.
Os alumnos que non se acollan a esta modalidade de avaliación (incluíndo aquí os alumnos que obtiveran unha dispensa de asistencia a clase ou ben que non poidan asistir ás aulas por seren repetidores, por problemas sobrevidos ao longo do curso ou calquera outra razón) deberán realizar un exame final. Así mesmo, para a segunda segunda convocatoria prevese a realización doutro exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", da USC.
Actividades
Clases teóricas presenciais: 45 horas
Clases prácticas presenciais: 15 horas
Clases prácticas non presenciais, incluíndo a realización dun traballo persoal e comentarios de texto: 55
Titorías individuais: 15
Traballo autónomo do estudante: 75
A asistencia regular ás clases e a lectura da bibliografía básica recomendada ao inicio do curso son esenciais para seguir correctamente os contidos das exposicións teóricas e prácticas, á vez que prepararán o alumno para realizar os traballos con bo rendemento e eficacia.
Os estudantes deberán redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable ao seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
Santiago Gutierrez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B05 |
28.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
28.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
03.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
03.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |