Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais
Fixar os distintos conceptos de cultura e da súa interpretación.
Comprender e analizar a actividade cultural como un fenómeno social.
Comprender e asumir a dimensión profesional da análise dos campos culturais.
Entender a planificación como un sistema de intervención social e para o benestar.
Por en contacto o / a estudante cos fundamentos teóricos e as principais aplicacións da intervención práctica nos campos culturais
Obxectivos específicos
Ser capaz de analisar programas e produtos culturais no marco inter-sistemático lusófono
Entrar en contacto cos fundamentos teóricos e as principais aplicacións da intervención práctica nos campos culturais lusófonos.
Ter capacidade para buscar e determinar os diferentes axentes implicados na planificación cultural, con atención ao inter-sistema lusófono.
b
Concepto de Planificación
A comprensión sistemática da planificación
Principais elementos a ter en conta na Planificación Cultural.
Planificación estratéxica e planificación interpretativa
Os axentes culturais. Fabricador@s de ideas e emprendedor@s da cultura
Cultura e Política Cultural
Xestión e organización da cultura.
O proxecto cultural. Aproximación á elaboración e avaliación.
Cultura, turismo, patrimonio e territorio
Cultura e comunidade: identidade, lealdade, patrimonio e cohesión colectivos. Marca(s) da comunidade
A Cultura e o lugar, a cultura e o nacional, a cultural e intersistémico. A planificación da cultura neses ámbitos.
Cultura e diversidade; cultura e integración; cultura e desenvolvemento.
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
BECKER, Howard (2010). Mundos da arte. Lisboa: Livros Horizonte. [Art Worlds, Berkeley, University of California Press, 1982].
BOURDIEU, Pierre (1996). Regras da Arte: Gênese e estrutura do campo literário.São Paulo: Companhia das Letras,. [Les Regles De L'Art ; Genese Et Structure Du Champ Litteraire, Paris, Points, 1998, reimpressão]
BOURDIEU, Pierre (2007). A distinção: crítica social do julgamento. São Paulo: Edusp; Porto Alegre, RS: Zouk. [La Distinction: critique sociale du jugement, Paris, Minuit, 1979]
EVEN-ZOHAR, Itamar (1999). “Planificación de la cultura y mercado”. Universidad de Tel-Aviv. http://www.tau.ac.il/~itamarez/works/papers/trabajos/EZ-Planificacion19….
EVEN-ZOHAR, Itamar (2005). Papers in Culture Research. [Electronic Book, available from http://www.even-zohar.com]. http://www.tau.ac.il/~itamarez/ez_vita/EZ-TOCS-Books.htm#Culture_Resear…
Even-Zohar, Itamar (2021) O trabalho ideacional e a produção de energia social. Trad. Carolina Alves Magaldi, Juliana Steil, Roberta Rego Rodrigues. Florianópolis: Rafael Copetti Editor. Disponível em https://www.tau.ac.il/~itamarez/works/books/Even-Zohar%202021--O%20trab…
Martel, Frédéric (2011): Mainstream. Enquête sur cette culture qui plaît à tout le monde. Paris: Flammarion.
Mestres, À.; Casacuberta, D. (2004). "Aspectos genéricos y conceptuales sobre planificación estratégica y gestión cultural". Periférica (núm. 5). Cádiz: Vicerrectorado de Extensión Universitaria de la Universidad de Cádiz.
Roselló, D. (2008). Diseño y evaluación de proyectos culturales (5.ª edición). Barcelona: Editorial Ariel.
Saez, G. (1990). "La structure de la politique culturelle et la démarche évaluative". En: Recherche évaluation dans les politiques culturelles. Grenoble: Cenat.
Visión dos procesos culturais dunha forma integral.
Capacidade para entender o valor transformador da cultura.
Adquisición de coñecementos básicos sobre planificación da cultura.
Profundización nos métodos de investigación (investigación indutiva e dedutiva, ferramentas empíricas) e caracterización de axentes implicados nos procesos.
Aplicación práctica dos coñecementos teóricos ou do contido adquiridos na materia a diversas tipos de entidades e ámbitos: patrimonio, industria cultural, etc.
Aproximación da elaboración de informes e propostas de acción cultural.
Dominio profesional das ferramentas básicas de exposición e divulgación: elaboración de traballos propios e orixinais e exposición pública dos traballos.
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa.Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na Aula Virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira.
Está previsto o sistema de ensino-aprendizaxe a través de Aprendizaxe por Servizo (ApS)ou Aprendizaxe por Proxecto (ApP), que inclúe prácticas de campo.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará dos seguintes items:
a) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: máximo de 7 valores.
b) Realización de un traballo escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas pola docente (coa cal debe ser combinado o tema): máximo de 2 valores.
c) Realización de traballos voluntarios vinculados á matéria: máximo de 1 valor.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, a/o estudante poderá recuperar ou mellorar – dentro do prazo fixado a tais efectos – calquera item, mediante a (re)elaboración para (nova) entrega das tarefas marcadas e/ou dos traballos non apresentados ou considerados deficientes.
Na Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
Estando previsto o sistema de ensino-aprendizaxe baseado en ApS ou ApP, a avaliación antes indicada adaptarase, nese caso a estas modalidades e, igualmente, a un traballo cooperativo e/ou en equipo. Contémplase a posibilidade de realización de prácticas de campo.
Sistema de avaliación específico para o estudantado que demostre que non pode asistir ás aulas (ou non a todas) da materia. No caso de que non poida asistir a ningunha aula, será de aplicación o mesmo rexime que o fixado para a dispensa de asistencia. No caso de que poida asistir, minimamente, periódica e parcialmente, deberá asistir ás aulas que puider e terá un acompañamento e recomendacións complementares por parte do docente para garantir unha avaliación continuada, para compensar a súa ausencia coa realización dos traballos que lle foren encomendados.
Dispensa de asistencia ás aulas: o rexime será similar ao indicado para as persoas con coincidencia horaria, adaptado ás súas necesidades e sen asistencia ás aulas-
Variábel, segundo tipo de estudantes ea súa motivación. É máis importante, en todo caso, realizar as lecturas e buscar a documentación indicados polo profesor e reflexionar sobre elas que aplicar acrítica a vía memorística.
Traballo diario no sentido indicado e asistencia indispensábel ás aulas, excepto os casos indicados no sistema de avaliación.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc), sempre que a docente o considerar oportuno.
Estando previsto o sistema de ensino-aprendizaxe baseado en ApS ou ApP, a avaliação antes indicada será adaptada, nese caso a estas modalidades
Elias Jose Feijo Torres
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- eliasjose.torres [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Irina Malyuchenko
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- i.malyuchenko [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Portugués | D02-Aula de informática de docencia |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |