Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Adquisición de competencias para a comunicación de nivel avanzado em lingua portuguesa.
b) Adquisición de competencias metalingüísticas na lingua portuguesa atendendo, especialmente, á estratifcación social do uso lingüístico, e á adquisición do vocabulario e das estruturas culturais para a interacción social em comunidades de lingua portuguesa.
c) Adquisición de habilidades prácticas subordinadas ao obxetivo esencial de consolidar a competencia comunicativa en portugués ao nivel dos usuarios nativos.
d) Adquisición de coñecementos metalinguísticos referentes ás variedades do portugués europeo, brasileiro e africano.
e) Adquisición de coñecementos referentes ás principais características e singularidades das culturas dos países lusófonos nos aspectos que condicionan a norma lingüística
f) Aprofundar na aprendizaxe e desenvolvemento das competencias necesarias para o dominio da gramática e do léxico do portugués num nivel de excelencia.
g) Aprofundar os coñecementos sobre a historia e a variación xeográfica e social do portugués.
1. Actos de fala.
2. Referencia e enunciación
3. Estructura semántica do léxico
4. Implicatura conversacional
5. Forza ilocutoria e actos ilocutórios
6. O discurso relatado
7. Estratexias de marcación de foco
8. Discurso e marcadores discursivos
9. Formas de tratamento
BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
LEVINSON, S. (1983) Pragmatics. Cambridge: CUP.
MATEUS, M.H.M. et al (2003) Gramática da Língua Portuguesa (5ª ed. revista e aumentada). Lisboa: Caminho
RAPOSO, E. et al. (2013) Gramática da Língua Portuguesa, vol. 2. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.
SEARLE, J. (1969) Speech Acts. Cambridge: CUP.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR:
BEAUGRANDE, R. de (1980) Text, discourse and process: a multidisciplinary science of texts. London: Longman.
BROWN, P. & LEVINSON, S. (1987) Politeness: some universals in language use. Cambridge: CUP.
CARBALLO AMADO, Amanda (2016), O uso de ser e estar no português e no espanhol: apresentação contrastiva. Lusofilia 5 (2017), pp. 55-77.
FERREIRO VILARIÑO, Mariña (2023) A distribuição de mais grande, mais pequeno, face a maior, menor, no português europeu. Lusofilia, 17, pp. 41-54.
FONSECA, J. (1994) Pragmática Linguística. Introdução, teoria e descrição do Português. Poro:Porto Editora.
FIUZA FERNANDEZ, Natalia (2023), Dois processos de variação/mudança no português do Brasil: uso de “ter” com valor existencial e o apagamento do /R/ no fim de palavra. Lusofilia, 17 pp. 55-68.
GRUBER, H. & REDEKER, G. (eds) (2014) The pragmatics of discourse coherence. Theories and applications.
Amsterdam: John Benjamins.
VIDAL HORTA, S. (2019), Egas Moniz, herói da independência de Portugal. Lusofilia, nº 10, pp. 83-93.
HUANG, Y. (2007) Pragmatics. Oxford: OUP.
KASPAR, G., & ROSE, K. (2002). Pragmatic Development in a Second Language. Oxford: Blackwell Publishing.
Schneider, K. & Barron, A. (2015) Pragmatics of Discourse. Berlin: De Gruyter Mouton.
CHARAUDEAU, P. & MAINGUENEAU, D. (org)..Dictionnaire d’Analyse du Discours. Paris: Seuil, 2002;
GUILLAUMOU, J. Discours et événement. L’histoire langagière des concepts, Presses Universitaires de Franche-Comté. 2006
MARILLAUD, P & GAUTHIER, R. (dir). L ?intertextualité, Actes du 24e colloque d’Albi, Toulouse, CALS, 2004
TANNEN, D. et al. Handbook of Discourse Analysis. Oxford & Cambridge, MA: Basil Blackwell, 2001
van DIJK, T. A. Discourse in Society, http://www.discourses.org/
--Desenvolver o pensamento crítico e inmunizar os alumnos face as tentativas de instrumentalización
--Desenvolver nos alumnos habilidades para desmascarar as estratéxias fraudulentas de manipulación social
--Habilitar os alumnos para o exercício profesional en lingua portuguesa dentro de parámetros democráticos e de respecto polos dereitos da humanidade
Utilizarase unha metodoloxía que poida garantizar a competencia activa na oralidade do portugués, así como o dominio pleno da cortesia, delicadeza, expresión des emocións e de todos os outros aspectos da comunicación oral e escrita. A metodoloxía adaptarase ás necesidades específicas dos alumnos/as, e basearase na esixible participación activa deles e na responsabilidade compartida cos docentes da materia no sentido de garantizar a consecución dos obxectivos fixados. Tamén se procurará a cooperación constante dos alumnos no sistema de avaliación.
O aula virtual será un elemento importante se o número de alumnos /as matriculados /as é superior a oito.
Considerase prioritario para efectos de avaliación as habilidades relativas á oralidade, conquerindo garantiza-la comprensión e expresión correcta en portugués falado.
Para a avaliación son considerados os ámbitos e procedimentos seguintes, por orde xerárquica de importancia:
- Exposicións orais de trabalhos (4) sobre as lecturas obrigatorias
- Exames escritos de contidos teóricos e competencia práctica (4)
A nota final será a media de oito notas: catro de probas escritas, catro de exposicions orais sobre os textos de leitura obrigatoria. Non se fai media nos casos nos que a calificación sexa inferior a 4. Nese caso a nota mais baixa será a nota final.
Para a aprobación exixese alcanzar unha media que represente 55% do total da calificación máxima absoluta.
A língua da avaliación será obrigatória e exclusivamente o portugués.
A asistencia ás clases será rexistrada e tida en conta para os debidos efeitos, en aplicación da “Normativa de asistencia a clase” aprobada no “Consello de Goberno” da USC do 25 de Marzo de 2010, ademais da normativa específica que a Facultade de Filoloxía estableza con respecto a isto.
Na segunda oportunidade a avaliación será feita con critrrios idénticos aos da primeira, salvo que a asistencia e participación nas clases sexa substituída por traballo dirixido non presencial que consistirá en actividades de recuperación.
Para o alumnado ao que se lle recoñeza o dereito a non asistir a clases se realizará unha proba final que incluirá as diferentes partes da materia. Na parte correspondente ás obras de lectura se realizará unha grabación para avaliar el grao de corrección no uso oral da lingua portuguesa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Sesións expositivas: 35 horas
Informática de docencia: 15 horas
Titoría programada: 4 horas
Sesións de avaliación: 6 horas
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación das actividades programadas da aula: 25 horas
Realización de traballos: 35 horas
Lecturas: 5 horas
Preparación de exames: 20 horas
Outras actividades: 5 horas
Ante calquera dúvida consultar na páxina do XOPRA:
http://www.usc.es/export
/sites/default/gl/servizos/
sxopra/descargas/Memoria
_Grao_Lenguas_Literaturas
_Modernas.pdf
Ver páxina 231
A realización de 34 exercicios prácticos que son propostos como actividade non presencial constitúe un elemento importante para garantiza-la adquisición do sistema fonolóxico do portugués, especialmente do dominio das oposicións entre consoantes xordas e vozeadas (caça-casa), e do sistema vocálico (pode-pôde), etc.
A docencia é impartida en portugués e nas actividades de avaliación é obrigatorio utilizar o portugués.
Julio Dieguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811845
- Correo electrónico
- julio.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D14 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | B06 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |
20.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
25.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |