Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Historia Contemporánea, Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia realizarase unha aproximación histórica e antropolóxica á sociedade e cultura galegas contemporáneas. Esbozaranse as características máis significativas dun marco cultural e social concreto, tendo en conta os posibles enfrontamentos culturais e a pluralidade intrínseca de toda construción social. Prestaremos atención ás diferentes expresións políticas, sociais e culturais que conforman a idea de identidade e estereotipos identitarios.
1. Culturas políticas na Galicia contemporánea
2. Galicia: un país de emigración
3. Cultura da violencia e memorias históricas
4. Ruralidades: da crise finisecular á desagrarización e a patrimonialización
Barreiro Fernández, Xosé Ramón, Historia social da guerra de independencia en Galicia, Xerais, 2009
Beramendi, Xusto, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, 2007
Beramendi, Xusto, Historia mínima de Galicia, Turner, 2016
Cabana Iglesia, Ana, La derrota de lo épico, Prensas Universitat de Valencia, 2013
Cabana Iglesia, Ana, Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, tresCtres, 2009
Cabo Villaverde, Miguel, A vida desmedida de Basilio Álvarez, Ourense, Deputación Provincial de Ourense, 2023
Costa Rico, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Xerais, 2004
Dubert, Isidro (ed), Historia das historias de Galicia, Xerais, 2016
Dubert, Isidro, A morte en Galicia, Xerais, 2019
Fernández Prieto, Lourenzo e Míguez Macho, Antonio (ed.), Golpistas e verdugos de 1936, Galaxia, 2018
Ferrández Pérez, Daniela, A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea, Xerais, 2002
Gondar Portasany, Marcial Crítica da razón galega : entre o nós-mesmos e o nós-outros, A Nosa Terra, 1993
Gondar Portasany, Marcial Romeiros do Alén: antropoloxía da morte en Galicia, Xerais, 1989
González Reboredo, Xosé M., “Suxestións sobre o futuro da identidade cultural de Galicia” en Galicia: de hoxe noutros corenta anos, 2019, 243-259
González Reboredo, Xosé Manuel, “Foklore rural e neofolklore urbano”, Raigame, 27, 2007, 54-59.
González Reboredo, Xosé Manuel, “Tradicións reinterpretadas e inventadas : os grupos étnicos de Europa e o papel do folklore na construcción das súas identidades” en Cuadernos de Estudios Gallegos, 2000, Vol.47 (112), 326-352
Godinho, Paula Usos da memória e práticas do patrimonio, Colibrí 2012
Herrero Pérez, María de las Nieves, The tourism imaginary and pilgrimages to the edges of the world en Herrero and Roseman, 2015
Herrero Pérez, Nieves, Los últimos mineros un estudio antropológico sobre la minería en España, CIS, 2002
Jiménez-Esquinas, Guadalupe, Del paisaje al cuerpo. La patrimonialización de la Costa da Morte desde la antropología feminista, 2020 EHU/UPV
Leira Castiñeira, Francisco e Cabo Villaverde, Miguel (eds.), A xustixa pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea, Xerais, 2021
Mariño Ferro, Xosé Ramón, Antropoloxía de Galicia, Xerais, 2000.
Miguez Macho, Antonio, Historia breve de Galicia, Silex, 2011
Murado, Miguel Anxo, Outra idea de Galicia, Debate, 2008
Prada Rodríguez, Julio (ed.), Galicia en transición, Silex, 2019
Rodríguez Campos, Xaquín, “Del patrimonio local a las comunidades transnacionales: turismo y etnicidad en Galicia en Los lindes del patrimonio: consumo y valores del pasado, Icaria, 2010, 85-103
Rodríguez Campos, Xaquín, Las paradojas de la negociación de una identidad nacional gallega” en Quaderns de l'Institut Català d'Antropologia, 20, 2004, 81-103.
Rodríguez Teijeiro, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Galaxia, 2010
Roseman, Sharon & Alonso Población, Enrique, Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas, Sotelo Blanco, 2012.
Veiga Alonso, Xosé Ramón, Juana de Vega. Condesa de Espoz y Mina (1805-1872), Galaxia, 2022
Villares Paz, Ramón, Galicia: unha nación entre dous mundos, Pasado y presente, 2019
Villares Paz, Ramón, Historia de Galicia, Galaxia, 2016
Villares Paz, Ramón, Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017
-Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais.
-H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
- Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
A pesar do carácter presencial da materia, para o seu seguimento utilizarase a aula virtual como ferramentas fundamental para garantir o control e a custodia de todo o material entregado polo alumnado que forme parte do proceso de avaliación continua. Así mesmo, a docente tamén poderá empregar a aula virtual para facer chegar ao alumnado materiais que integrarán o contido da materia así como o seu uso para notificacións e comunicación directa co alumnado.
A metodoloxía docente desta materia participa dun sistema mixto baseado, principalmente, na combinación de tres liñas xerais de traballo. A primeira, supedítase á exposición dos conceptos teóricos máis relevantes da disciplina por parte da docente coa axuda dos materiais proporcionados a través do campus virtual. En segundo lugar, a través das tarefas potenciarase a participación activa do alumnado que deberá realizar unha serie de actividades complementarias e participar na elaboración de materiais para o estudo da materia co obxecto de expoñelos perante os seus compañeiros, co que se facilitará a ampliación de coñecementos á vez que servirá como repaso para os contidos desenvolvidos por parte da docente e os dos compañeiros. En terceiro lugar, o estudo autónomo dos discentes e as horas de traballo persoal e, polo tanto fóra da aula, permitirán que aqueles sexan capaces de acadar un grao de coñecemento óptimo dos contidos da disciplina, participar activamente na aula virtual, elaborar con rigor os epígrafes do programa encomendados para a súa preparación, así como as distintas tarefas individuais ou grupais, e, en síntese, superar positivamente a avaliación da materia.
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a docente non se atope de permiso.
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita na que os alumnos serán examinados sobre os temas que conforman o programa da materia e da que formarán parte os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases. Dita proba computará por valor do 20% da cualificación final. Competencias avaliadas: Con02, Comp06, Comp08.
2) Traballos individuais ou en conxunto: o alumnado deberá entregar un dossier co traballo final da materia (70%) e realizar as tarefas periódicas indicadas na aula (10%) para poder superar esta parte da avaliación. A porcentaxe de cualificación desta proba corresponderá ao 60% do total. Competencias avaliadas: H/D03, H/D05, Comp08.
3) Asistencia e participación activa na aula. Suporá o 10% da avaliación. Competencias avaliadas: Comp08.
A realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame, traballos conxuntos e individuais) así como as actividades prácticas é obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que exista conformidade entre os profesores que imparten a materia
Todas as probas de avaliación, agás as probas teóricas de conxunto (exame), serán susceptibles de ser realizadas en modalidade presencial e/ou virtual de tal xeito que non se require un procedemento específico para a avaliación do alumnado que conte con dispensa de asistencia.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Docencia expositiva: 24 horas.
Docencia interactiva/seminario:24 horas.
Titorización individual alumnado: 3 horas.
Exame: 4 horas.
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95 horas.
Recoméndase unha dedicación continuada ao estudo da materia e un uso frecuente da aula virtual.
Participar nas sesións e realizar as tarefas dentro dos prazos fixados.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto cunha actitude crítica e analítica dos textos e materiais propostos pola docente.
Uns mínimos coñecementos informáticos que permitan ao alumnado un correcto seguimento da materia.
Ao longo do curso atenderanse titorías de carácter grupal e voluntario nas que se resolverán dúbidas sobre a materia.
O uso do Campus Virtual da USC é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Freire Paz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Noelia Valiño Vazquez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- noelia.valino.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 12 |
24.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 11 |
19.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 13 |