Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Planificación dos contidos para entornos audiovisuais: o guión e o storyboard.
2. Gravación en vídeo dixital: son e luz.
3. Edición profesional e amateur.
4. Principais necesidades a ter en conta para a difusión dun proxecto cultural audiovisual.
TEMA 1. INTRODUCIÓN AOS MEDIOS AUDIOVISUAIS
1.1 Introdución.
1.2 Estrutura económica do sector audiovisual.
1.3 Fases da produción audiovisual dun proxecto cultural.
1.4 Modelos de produción.
TEMA 2. PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO
2.1 Guión e storyboard.
2.2 Fases na produción.
2.3 Previsión e necesidades.
TEMA 3. PREPRODUCIÓN, PRODUCIÓN E POST-PRODUCIÓN
3.1 Elaboración do plan de traballo: calendario, orzamento e financiamento.
3.2. Preparación da rodaxe.
3.3.Organización de equipos humanos e técnicos.
3.4 Gravación en vídeo dixital: son e luz.
3.5 Edición profesional e amateur.
TEMA 4. DIFUSIÓN DO PROXECTO CULTURAL
4.1 Medios e canles de distribución.
4.2 Plan de marketing.
4.3 Novos formatos para novas audiencias.
PARTE PRÁCTICA: Produción de pezas audiovisuais para a difusión dun proxecto cultural.
1. Documentación e plan de traballo.
2. Guión e storyboard.
3. Preprodución (calendario, orzamento e financiamento).
4. Realización (rodaxe).
5. Posprodución (edición).
6. Plan de difusión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bustamante Ramírez, E. (2011). Industrias creativas. Gedisa.
Cancho, N. & García, M. A. (2018). Planificación de proyectos audiovisuales. Altaria.
Martínez, T. J. (2016). La gestión cultural: Conceptos y experiencias. Delta Publicaciones Universitarias.
Pardo, A. (2016). Producción ejecutiva de proyectos cinematográficos. Eunsa.
Roselló Cerezuela, D. (2017). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bauman, Z. (2010). Vida Líquida. Ediciones Paidós.
Consello da Cultura Galega (2022). Barómetro da cultura galega 2022. Consello da Cultura Galega.
Delgado Porras, A. (2015). Propiedad intelectual. Civitas.
Devesa Fernández, M. (2006). El Impacto económico de los festivales culturales. SGAE-Fundación Autor.
Fernández, F. & Barco, C. (2009). Producción cinematográfica. Del proyecto al producto. Editorial Díaz de Santos
Freixanes, V.F; Meixide, A. (ed).(2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia.
García Canclini, N. (2007). Lectores, espectadores e internautas. Gedisa.
Kindem, G. & Musburger, R. B. (2007). Manual de producción audiovisual digital. Omega.
Marzal, J. & López, F. (coord) (2008). Teoría y técnica de la producción audiovisual. Tirant lo Blanch
Peirano, M. (2019). El enemigo conoce el sistema. Debate.
Sainz, M. (2002). El productor audiovisual. Síntesis.
Throsby, D. (2011). Economía y Cultura. Cambridge University Press.
Zafra, R. (2017). Después del entusiasmo. Anagrama.
Zallo, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
Zettl, H. (2000). Manual de producción de televisión. Thomson Paraninfo.
• Con04: Recoñer as principais tendencias e procesos culturais da actualidade tanto en contextos próximos como internacionais.
• H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en funcións dos obxectivos que se persigan.
• Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
• Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
-Clases maxistrais. Exposición e explicación dos contidos teóricos da materia e directrices dos proxectos a realizar polo alumnado.
-Asistencia a conferencias ou outros eventos. Asistencia a diferentes actos que posibiliten que o alumnado entre en contacto directo coa experiencia profesional.
- Prácticas de campo: actividades académicas realizadas fóra da Facultade e guiadas polo/a docente, como as visitas a empresas e institucións no contexto da materia.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
-Resolución de problemas/exercicios. Identificación do problema, proposta de hipótese de resolución, aplicación e avaliación da solución adoptada.
-Presentacións na aula. Exposición na aula por parte do alumnado dos resultados do seu traballo autónomo que permite o desenvolvemento de competencias de comunicación oral e de uso das TIC.
-Estudos de caso. Achegamento empírico a un fenómeno ou feito relevante que implica unha aproximación contextualizada a datos reais a través do análise de modelos paradigmáticos de xestión cultural.
PONDERACIÓN (%)
Proba escrita: Exame final tipo test no que se avalían os coñecementos adquiridos na parte teórica. Máximo 30%.
Asistencia e participación na aula: Máximo 10 %.
Parte práctica: estudos de caso, debates, resolución de exercicios e proxecto final. Actividades de avaliación continua: Máximo 60%.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para o alumnado con dispensa de asistencia e/ou diversidade funcional deseñarase un plan personalizado.
• Docencia Expositiva: 24h.
• Docencia Interactiva/seminario: 24h.
• Titorías individuais do alumnado: 3h.
• Exame: 4h.
• Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95h.
É moi importante que o alumnado aprenda a interpretar datos relevantes para emitir xuízos de valor reflexivos e fundamentados, adquirindo a capacidade de análise e crítica. Recoméndase que o alumnado realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema co fin de seguir de forma correcta o temario e a adquisición de competencias.
A bibliografía proposta xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, alén diso, todos os procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán ser avaliados.
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | CLIS_01 | - | Aula 12 |
26.05.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 15 |
30.06.2025 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 16 |