Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga, Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dos conceptos e ferramentas que permitan identificar, analizar, comprender e interpretar o patrimonio cultural no seu contexto territorial e a construción do espazo como paisaxe cultural, entendido este como o produto das modificacións que se xeraron ao longo do tempo nun territorio como consecuencia de factores de diverso tipo (propiedade da terra, herdanza, tipoloxía de cultivos, rede de comunicación, devocións, planificacións urbanísticas etc.)/ etc.). Partindo da definición da paisaxe cultural como unha realidade complexa, resultado da acción do desenvolvemento de actividades humanas nun territorio concreto, faise necesario coñecer a súa evolución histórica para identificar os trazos que o caracterizan e determinar a súa identidade.
1. Paisaxe cultural, paisaxe histórico: os seus fundamentos.
2. A paisaxe política: a construcción social da paisaxe
3. A concepción da paisaxe dende abaixo: espazo e identidade nas sociedades tradicionais
4. A imposición da paisaxe dende arriba: modelos, administración e disciplinamento
Aguiló, M. (2005): Paisajes culturales, Madrid.
Amado Reino, X., Barreiro Martínez, D., Criado Boado, F., Martínez López, M. C., Especificaciones para una gestión integral del impacto desde la arqueología del paisaje, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
Anschuetz, Kurt F. et alii (2001): “An Archæology of Landscapes: Perspectives and Directions”, Journal of Archæological Research 9, nº 2, 152-197.
Aréchiga Carrillo, M. J. B., “El mapa como representación cultural e instrumento de poder. Cartografía y conocimiento geográfico en nueva España y México (siglo XIX)”, Notas Históricas y Geográficas, 2018-07 (20), pp. 122-141.
Azcárate, B., Fernández, A. (2018): Geografía de los paisajes culturales, Madrid.
Bandarin, F., Van Oers, R., El paisaje urbano histórico: La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Madrid, Abada Editores, 2014.
Caballero Sánchez, J. V., Zoido Naranjo, F. (2008):”Formación y desarrollo de una línea de investigación: la dimensión paisajística de los conjuntos arqueológicos”, Cuadernos Geográficos, 43, 181–198.
Cebey Sánchez, J. A., Villalón Legrá, G., Mederos Jiménez, Y., “Propuesta de contenidos para el estudio del paisaje cultural en la formación del Gestor Sociocultural”, Mendive, 2023, Vol. 21 (1).
Costa-Casais, M., & Kaal, J., “La configuración del paisaje cultural durante la Alta Edad Media (siglos V-XI): cambios ambientales y actividad antrópica en el noroeste de la Península Ibérica”, Estudos Do Quaternário / Quaternary Studies, 0(12), 2015, 1-13.
Fernández Salinas, V.; Silva Pérez, R. (2016): “Deconstruyendo los paisajes culturales”, Cuadernos Geográficos 55(1), 176-197.
Laurence, R (1996): Roman Pompeii. Space and society, Londres.
López Silvestre, F., “Por una historia comprensible de la idea de paisaje, apuntes de teoría de historia del paisaje”, Quintana, 2 (2003), pp. 287-303.
Maderuelo, J. (dir.), Paisaje e historia, Madrid, Abada, 2009.
Mijal Orihuela, G., “Nociones de "paisaje" y "paisaje cultural". Un estado de la cuestión”, Pensum (Córdoba), 2018-12, Vol. 4 (4).
Patterson, J. R.(2006): Landscapes and cities : rural settlement and civic transformation in early imperial Italy, Cambridge.
Pereira Menaut, G., Portela Silva, E., El territorio en la historia de Galicia: organización y control. Siglos I-XXI, Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015
Sánchez Pardo, J. C., Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la plena Edad Media: tesis doctoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008.
Sereni, E. (1987): Storia del paesaggio agrario italiano, Roma.
Silva, R., “Agricultura, paisaje y patrimonio territorial. Los paisajes de la agricultura vistos como patrimonio”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, Sevilla, AGE, n. 49, 2009, pp. 309-334.
Sobrado Correa, H., “Transformaciones del paisaje agrario gallego en la Edad Moderna”, Spanish Journal of Rural Development, Vol. 1, n. 3 (Nov. 2010), pp. 71-84.
Spencer, D. (2010): Roman Landscape: culture and identity, Greece and Rome: new surveys in the classics 39, Cambridge.
Tosco, C., Martín Gutiérrez, E., El paisaje como historia, Cádiz, Editorial UCA, 2020.
Zárate Martín, M. A. (2011): “Paisajes culturales urbanos, entre la protección y la destrucción”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles 57, 175-194.
Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- Con03: Diferenciar os principais conceptos relacionados coas intervencións no ámbito do patrimonio cultural
- H/D01: Mostrar flexibilidade e capacidade de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Parte do temario será exposto nas clases teóricas (24 horas) nas cales será indispensable a utilización de presentacións de Power Point así como outros recursos audiovisuais (vídeos curtos de páxinas web/imaxes/reconstrucións en 3D). Tamén se utilizarán dossiers documentais que, entregados previamente aos alumnos, permitiranlles seguir mellor a explicación. Igualmente importantes serán as clases interactivas (24 horas) no que os alumnos deberán analizar documentación proporcionada coa debida antelación, ou ben se realizarán debates sobre un tema determinado. Nalgunhas delas, nas datas previamente fixadas, os alumnos expoñerán os traballos que servirán como medio de avaliación continua. Por suposto nunha materia destas características será indispensable realizar visitas extra- aularias. Por último, nas titorías en grupos reducidos (3 horas) o alumno recibirá unha atención personalizada, non só de dúbidas de certos aspectos, senón de complemento da información que recibiu. Nas titorías guiaráselle á hora de realizar os seus traballos, indicaráselle como acceder á bibliografía e cal é a aconsellable, así como os problemas que xurdirán a medida que progrese nos mesmos.
A avaliación será continua, de maneira que o 90% da nota obterase pola participación nas clases interactivas (15%), a realización de breves traballos escritos (15%) e orais (20%) e a presentación dun traballo final tutelado que deberá ser exposto en clase nas datas sinaladas ao comezo (40%). A normas de cada un dos traballos, así como o material obxecto de comentario será facilitado pola Profesora nas clases. Ao comezo do curso fixaranse as condicións de realización e a data límite en que deberán ser entregados. Avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutros libros ou de información obtida na internet. Será fundamental demostrar a capacidade de análise e tamén se valorará a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión escrita/oral e a ortografía. Para a realización de cada un, o alumno sempre poderá acudir á profesora nas correspondentes horas de titoría, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos. O resto da cualificación (10%) corresponderase co exame final.
Los alumnos que tengan concedida la dispensa de asistencia podrán entregar sus trabajos a través del campus virtual. Na segunda oportunidade de xullo os alumnos deberán realizar o mesmo tipo de probas que se realizaron ao longo do curso para a avaliación continua. CONVOCATORIAS POSTERIORES: Para os alumnos que suspendesen a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (DOG 21 de xullo de 2011).
Estudo e preparación das actividades programadas na clase: 25
Realización de traballos: 30
Lecturas: 15
Preparación de exámenes: 20
Outras actividades: 5
Total de horas de actividade no presencial:95
Ao ser avaliación continua, o alumno deberá esforzarse por cumprir os prazos fixados e realizar un traballo constante
Maria Dolores Dopico Cainzos
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881824730
- Correo electrónico
- mdolores.dopico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Castro Redondo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 15 |
20.05.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 15 |
02.07.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 13 |