Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Mostrar a importancia do patrimonio arqueolóxico como fonte histórica indispensable para o coñecemento do mundo antigo.
Coñecer os seus conceptos básicos, o seu significado e as diferenzas estruturais respecto a outras formas de patrimonio (cultural, artístico, etnográfico..).
Manexar as formas de divulgación, conservación e musealización e a súa diversidade (patrimonio situado en centros urbanos, paisaxes arqueolóxicas).
Entender a súa vinculación coa sociedade como elemento de identidade pero tamén como forma de dinamización socioeconómica.
1. O patrimonio arqueolóxico, definición e conceptos básicos.
2. O patrimonio arqueolóxico nos centros urbanos.
3. A paisaxe arqueolóxica.
4. Patrimonio arqueolóxico e sociedade
BALLART J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso, Barcelona, 2002.
ALONSO FERNÁNDEZ, L., Diseño de exposiciones : concepto, instalación y montaje, Madrid, 1999.
ALONSO IBÁÑEZ, M. R.: El patrimonio histórico. Destino público y valor cultural,
Madrid, 1991.
ASTRO MORALES, F., BELLIDO GANT, M. L. (eds.): Patrimonio, museos y turismo
cultural: claves para la gestión de un nuevo concepto de ocio, Córdoba, 1998.
BELLIDO GANT, Mª L. (dir.), Difusión del patrimonio cultural y nuevas tecnologías, Sevilla, 2008.
DOMÍNGUEZ ARRANZ, A. (ed.): El Patrimonio arqueológico a debate: su valor cultural y económico. Actas de las Jornadas celebradas en Huesca del 7 al 8 de mayo de 2007, Huesca, 2009.
FONTAL MERILLAS, O.: La educación patrimonial. Teoría y práctica en el aula, el museo e Internet, Gijón, 2003.
GARCÍA FORTES, S., FLOS TRAVIESO, N.: Conservación y restauración de bienes
arqueológicos, Madrid, 2008.
GONZÁLEZ ACUÑA, D.: Patrimonio arqueológico urbano: propuesta metodológica de evaluación del estado de conservación y riesgo, Sevilla, 2004.
HERNÁNDEZ CÓRDOBA, F. X.: Museografía didáctica e interpretación de espacios arqueológicos, Gijón 2012.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F.: Los museos arqueológicos y su museografía, Gijón, 2010
-- Manual de Museología, Madrid, 2001.
IGLESIAS GIL, J. M. (ed.): Cursos sobre el Patrimonio Histórico, Santader, 2002-2009
INIESTA, A. y MARTÍNEZ, J.A.: Intervenciones sobre el patrimonio arqueológico: de la excavación al museo, Murcia, 2002.
MONDÉJAR JIMÉNEZ, J.A., GÓMEZ BORJA, M.A.(coord.): Turismo cultural en ciudades Patrimonio de la Humanidad, 2009.
MOURE, A.: Escritos sobre historiografía y Patrimonio Arqueológico, Santander, 2006.
PÉREZ-JUEZ GIL, A.: Gestión del Patrimonio Arqueológico: el yacimiento como recurso turístico, Barcelona, 2006.
QUEROL, Mª A.: Manual de gestión del Patrimonio Cultural, Madrid, 2010.
QUEROL, Mª A., MARTÍNEZ, B.: La gestión del Patrimonio Arqueológico en España, Madrid, 1996.
RODRÍGUEZ, I.: Arqueología Urbana en España, Barcelona, 2003.
VV.AA.: Seminario sobre Parques Arqueológicos, Madrid, 1993.
VV.AA.: Actas de la I Reunión Internacional sobre el Patrimonio Arqueológico: modelos de gestión, Valencia, 1995.
VV.AA.: Función social del Patrimonio histórico: el turismo cultural, Cuenca, 2002.
AA.VV. (2000): Presentando el pasado. Arqueología y turismo cultural. Trabajos de Prehistoria, 57. Madrid.
AA.VV. (2000): I Congreso Internacional sobre musealización de yacimientos arqueológicos. Ciudad, Arqueología y Desarrollo (Alcalá de Henares, 26-29 de septiembre de 2000). Alcalá de Henares.
AA.VV. (2005): III Congreso Internacional sobre musealización de yacimientos arqueológicos. De la excavación al público. Procesos de decisión y creación de nuevos recursos (Zaragoza, 15, 16, 17 y 18 de noviembre de 2004), Institución Fernando el Católico y Ayuntamiento de Zaragoza, Zaragoza.
VV.AA. (2009):Arqueología, patrimonio y desarrollo urbano: problemática y soluciones: Actas del seminario de Girona (2009), Gerona.
Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- Con03: Diferenciar os principais conceptos relacionados coas intervencións no ámbito do patrimonio cultural
- H/D01: Mostrar flexibilidade e capacidade de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Parte do temario será exposto nas clases teóricas (24 horas) nas cales será indispensable a utilización de presentacións de Power Point así como outros recursos audiovisuais (vídeos curtos de páxinas web/imaxes/reconstrucións en 3D). Tamén se utilizarán dossiers documentais que, entregados previamente aos alumnos, permitiranlles seguir mellor a explicación. Igualmente importantes serán as clases interactivas (24 horas) no que os alumnos deberán analizar documentación proporcionada coa debida antelación, ou ben se realizarán debates sobre un tema determinado. Nalgunhas delas, nas datas previamente fixadas, os alumnos expoñerán os traballos que servirán como medio de avaliación continua. Por suposto nunha materia destas características será indispensable realizar visitas extra- aularias, especialmente a Museos ou xacementos arqueolóxicos próximos á cidade (M. Castro Viladonga, M. Provincial, M. Domus do Mitreo, Sta. Eulalia, entre outros). Por último, nas titorías en grupos reducidos (3 horas) o alumno recibirá unha atención personalizada, non só de dúbidas de certos aspectos, senón de complemento da información que recibiu. Nas titorías guiaráselle á hora de realizar os seus traballos, indicaráselle como acceder á bibliografía e cal é a aconsellable, así como os problemas que xurdirán a medida que progrese nos mesmos.
A avaliación será continua, de maneira que o 90% da nota obterase pola participación nas clases interactivas (15%), a realización de breves traballos escritos (15%) e orais (20%) e a presentación dun traballo final tutelado que deberá ser exposto en clase nas datas sinaladas ao comezo (40%). A normas de cada un dos traballos, así como o material obxecto de comentario será facilitado pola Profesora nas clases. Ao comezo do curso fixaranse as condicións de realización e a data límite en que deberán ser entregados. Avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutros libros ou de información obtida na internet. Será fundamental demostrar a capacidade de análise e tamén se valorará a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión escrita/oral e a ortografía. Para a realización de cada un, o alumno sempre poderá acudir á profesora nas correspondentes horas de titoría, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos. O resto da cualificación (10%) corresponderase co exame final.
Los alumnos que tengan concedida la dispensa de asistencia podrán entregar sus trabajos a través del campus virtual. Na segunda oportunidade de xullo os alumnos deberán realizar o mesmo tipo de probas que se realizaron ao longo do curso para a avaliación continua. CONVOCATORIAS POSTERIORES: Para os alumnos que suspendesen a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (DOG 21 de xullo de 2011).
En caso de suspensión da docencia presencial por mor da emerxencia sanitaria, todos os traballos serían presentados a través das tarefas da aula virtual, dispoñendo o alumno, en todo momento, do material necesario para a súa realización, que sería proporcionado pola profesora ben directamente, ben a través de recursos electrónicos/web.
Estudio y preparación de actividades programadas en la clase: 25
Realización de trabajos: 30
Lecturas: 15
Preparación de exámenes: 20
Otras actividades: 5
Total de horas de actividad no presencial:95
Ao ser avaliación continua, o alumno deberá esforzarse por cumprir os prazos fixados e realizar un traballo consta
Maria Dolores Dopico Cainzos
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881824730
- Correo electrónico
- mdolores.dopico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Folgueira Rios
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- francisco.folgueira.rios [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 15 |
23.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 14 |
11.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 13 |