Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta asignatura pretende proporcionar aos estudantes unha primeira aproximación á análise económica de datos no ámbito da xestión cultural, para que os futuros graduados coñezan as principais fontes e ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto socioeconómico dun proxecto cultural. Por tanto, os resultados de aprendizaxe esperados son:
1. Coñecer as principais ferramentas da análise económica.
2. Coñecer as principais fontes de información socioeconómica e cultural.
3. Coñecer os diferentes tipos de avaliación e as principais técnicas para levalas a cabo.
4. Analizar os custos e beneficios de calquera proxecto cultural
5. Avaliar o impacto dun proxecto cultural, tanto cualitativa como cuantitativamente.
6. Elaborar informes de avaliación
Esta materia proporciona aos alumnos as ferramentas necesarias para poder avaliar desde un punto de vista socioeconómico calquera proxecto cultural. A perspectiva fundamental consiste na comparación dos beneficios (económicos e sociais) e os custos (directos e de oportunidade), a partir da información proporcionada por diversos indicadores. Os principais contidos son:
1. Principais conceptos: beneficios, custos, custos de oportunidade, impacto económico directo, indirecto e total, impacto social, criterios avaliación (eficacia, eficiencia, sustentabilidade, participación, avaliablidade, pertinencia, equidade).
2. Fontes de información estatística.
3. Creación e selección de indicadores.
4. Metodoloxías de avaliación.
5. Elaboración de cadeas produtivas.
6. Elaboración de informes de avaliación.
- Asociación de Festivales de Música (2021). Reflexiones sobre la medición del impacto de los festivales de música.
- Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: PortAmérica. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Resurrection Fest. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Revenidas. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SinSal. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SonRías. Xunta de Galicia. 2018
- Tarancón, M.A. (2003). Técnicas de Análisis Económico Input-Output. Editorial Club Universitario. Alicante.
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxección económica e no seu impacto para o desenvolvemento social das comunidades
- Con11: Coñecer os aspectos básicos de planificación, deseño, organización e difusión de proxectos culturais tanto na súa vertente física como dixital
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais
O profesorado proporcionará a través da aula virtual os materiais necesarios para o estudo da materia.
A metodoloxía basearase na clase maxistral asíncrona, a resolución de problemas e exercicios e o estudio de casos.
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona. Esta sesión semanal de docencia non presencial síncrona será utilizada polos docentes para realizar aquelas actividades que consideren máis adecuadas para guiar e axudar ao alumnado no seu proceso formativo.
O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, forman parte da actividade non presencial de docencia telemática e deberán realizarse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
A avaliación da materia ten en conta toda as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 60 % pola avaliación continua e nun 40% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas. En calquera caso, establécese a obrigatoriedade de asistencia á sesión final de exame de xeito presencial, no día e hora fixados pola facultade, tanto na primeira como na segunda oportunidade. Este requisito é imprescindible para poder superar a materia.
A avaliación continua terá en conta o traballo desenvolvido polo alumnado nas tarefas que serán encargadas semanalmente a través da aula virtual. Estas tarefas poderán consistir na resolución de exercicios, comentario de textos ou vídeos, ou estudos de caso.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliacioón do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo de estudo e de traballo por parte do alumnado que require esta materia distribúese do seguinte xeito:
- Asistencia ás sesións non presenciais síncronas: 15 horas
- Traballo autónomo e individual do alumnado: 54 horas
- Titorías e orientación: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas
Polo tanto, e seguindo co recollido na memoria de verificación do título, a carga total da materia é de 75 horas.
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 15 |
03.06.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
27.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |