Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia achegarase á noción das industrias culturais e creativas desde unha aproximación diacrónica, para o que resultará tamén preciso describir a sociedade de comunicación de masas que serve como ecosistema para as anteditas industrias culturais, sobre todo desde a fin da II Guerra Mundial no denominado mundo occidental e a ter en conta procesos como a descolonización, o colapso do bloque soviético, os movementos antiglobalización e a irrupción e popularización da internet doméstica nas vésperas da mudanza de milenio, cando a sociedade de comunicación de masas vira en postmodernidade.
Neste contexto global que bosquexamos, entendemos que resulta imprescindible para o alumnado dun grao en Xestión Cultural na Universidade de Santiago de Compostela coñecer as industrias culturais de Galicia, así como o marco e o artellado institucional que interveñen na cultura galega: organismos e entidades con competencias, actores políticos, asociacionismo, os diferentes sectores e as súas características, ademais dos desafíos actuais.
Logo de cursar esta materia, o alumnado deberá ser quen de:
a) Abordar o concepto de produción cultural como unha actividade económica industrial, cunha determinada estrutura e composición.
b) Recoñecer o papel central que as industrias culturais desempeñan nas sociedades de comunicación de masas: a concentración e os procesos transnacionais que as condicionan.
c) Decatarse da relevancia das diferentes revolucións tecnolóxicas nas industrias culturais e creativas, desde a imprenta á electricidade, a gravación de son e imaxe, a difusión audiovisual masiva ata internet e a intelixencia artificial.
d) Contextualizar como as industrias culturais interveñen na xestión cultural.
e) Desenvolver unha posición crítica sobre a acción das industrias culturais no conformado dunha hexemonía cultural e ser consciente das tensións entre actores hexemónicos e marxinais.
1. Aproximación ao concepto teórico das industrias culturais e creativas: perspectiva diacrónica
2. Ramas das industrias da cultura: editorial, fonográfica, medios de comunicación, narrativas audiovisuais e videoxogos e publicidade. Festivais e espectáculos.
3. Globalización e fenómenos de concentración das industrias culturais.
4. Mapeo das industrias culturais en Galicia. Grupos de comunicación.
5. Impacto tecnolóxico sobre as industrias culturais e creativas. Paradigmas actuais: a cibercultura.
Básica:
ADORNO, T. e HORKHEIMER, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta.
BUSTAMANTE, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Gedisa.
DAVIES, R. e SIGTHORSSON, G. (2013). Introducing the creative industries: From theory to practice. SAGE.
DELGADO PORRAS, A. (2015). Propiedad intelectual. Civitas.
FREIXANES, V.F. e MEIXIDE, A. (ed). (2010) O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia.
MARTEL, F. (2011). Cultura mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Editorial Taurus.
MATTELART, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Paidós Comunicación.
Complementaria:
ADORNO, T. W. (1998). “Resumo sobre a industria cultural”. A Trabe de Ouro, 34, 63-68.
CASTELLS, M. (2009). Comunicación y poder. Alianza.
CAVES, R. E. (2000). Creative Industries: Contracts between Art and Commerce. Harvard University Press.
CEBRIÁN HERREROS, M. et al. (ed) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Comunicación Social.
CONSELLO DA CULTURA GALEGA (2022). Barómetro da cultura galega 2024.
CRUZ, N. (2023). Macrofestivales. El agujero negro de la música. Ediciones Península.
HALLIN, D.C. E MANCINI, P. (2004): Comparing Media Systems. Three Models of Media and Politics. Cambridge University Press
LEDO, M. (Cord.) (2013). Cine, diversidad y redes: pequeñas cinematografias, politicas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural. Buenos Aires: Instituto Universitario Nacional de Arte. Área Trasdepartamental de Crítica de Artes: Santiago de Compostela Universidade.
LÓPEZ, X. e OTERO, M. (2001). As factorías da sociedade da información: produción de contidos para Internet. Edicións Lea.
OUTEIRIÑO. M. (comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
REIG, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Gedisa.
THROSBY, D. (2011). Economía y cultura. Cambridge University Press.
VOGEL, H. (2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Fundación Autor.
VV.AA. (2002). Comunicación y Cultura en la era digital. Madrid: Fundación Alternativas.
ZALLO, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
Con10: Comprender os fundamentos das produccións culturais como industria e o seu marco lexislativo.
Con14: Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedemientos da cultura dixital na súa xestión.
H/D07: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
Impartiranse clases expositivas e achegaranse materiais audiovisuais (entrevistas, podcast) e escritos (extractos da bibliografía, textos tirados de medios e redes). Incentivarase a produción textual por parte do alumnado: tanto para motivar a aprendizaxe como para dispor asemade de elementos de avaliación.
Metodoloxías docentes
Modalidade virtual: clase maxistral
Modalidade virtual: estudos de casos
Modalidade virtual: documentos bibliográficos
Modalidade virtual: foros de discusión
Modalidade virtual: traballo tutelado
Modalidade virtual: resolución de problemas
Modalidade virtual: presentacións na aula
Modalidade virtual: aula invertida
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
A avaliación será continua.
A nota final calcularase a partir do resultado do exame final, o traballo monográfico e as análises e exposicións propostas.
1. Exame final: 20%.
2. Traballo monográfico: 60%
3. Análises e exposicións: 20%
Valorarase a achega individual ao grupo, a participación nos debates e foros, o seguimento do traballo e a capacidade expositiva.
Na segunda oportunidade manteranse o mesmo peso porcentual para a obtención da cualificación final da materia. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teórica ou práctica), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nuns e noutras penalizaranse faltas de ortografía recorrentes, incorreccións sintácticas e a pobreza na expresión escrita.
Para o alumnado con diversidade funcional deseñarase un plan personalizado.
Haberá 14 horas de docencia (unha hora semanal), que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin na facultade ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) usada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais estarán ao dispor do alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse sesións de titoría en grupo destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Para a realización destas titorías utilizarase a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) usada para as clases presenciais ou calquera outro procedemento de comunicación virtual.
As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
O seguimento da materia verase beneficiado da atención permanente a informacións e contidos de actualidade relacionados coas industrias culturais, sobre todo, aqueles vencellados cos procesos ligados ao sector en Galicia.
El seguimiento de la asignatura se verá beneficiado de la atención permanente a informaciones y contenidos de actualidad relacionados con las industrias culturales, sobre todo, los relativos a los procesos vinculados al sector en Galicia.
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Veiga Izaguirre
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 114 |
29.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |