Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Traballar con fontes documentais literarias de todo tipo (manuscritas, hemerográficas, editoriais, arquivísticas, etc.) en soporte físico e dixital.
- Identificar, interpretar e utilizar materiais literarios galegos de todas as épocas e tipoloxías.
- Coñecer os fundamentos do mercado editorial e as fases do proceso editorial en diferentes clases de editoriais e medios.
- Posuír, en suma, un coñecemento básico e xeral que sirva de base para enfrontarse de forma autónoma a unha futura acción cultural que teña como meta o recuperar, promover, difundir, valorizar ou preservar o patrimonio literario galego material e inmaterial con criterios literarios científicos.
O concepto de patrimonio literario.Texto literario oral e texto escrito.
A literatura oral como patrimonio intanxible da cultura galega.
Estudo teórico-práctico dos diversos tipos de textos escritos literarios existentes no ámbito cultural galego (manuscritos, impresos, documentos hemerográficos e textos literarios escritos de calquera categoría).
Mecanismos de creación, preservación e difusión do texto literario escrito.
Métodos, técnicas e recursos para o traballo cos diferentes tipos de materiais literarios: bibliotecas e arquivos xerais e persoais de escritores, fontes documentais dixitalizadas, hemerotecas físicas e dixitais, etc.
Procesos e exemplos de patrimonialización literaria: casas-museos de escritores, rutas literarias, etc.
Introdución ao mundo editorial galego.
O proceso de edición e as súas fases de desenvolvemento, do orixinal á edición impresa e dixital.
Ademais das referencias e recursos que figuran a continuación, achegarase en cada tema a correspondente bibliografía.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Julián Martín Abad, Leonardo Romero Tobar & Nieves Iglesias, eds., Seminario de archivos personales, Madrid, Biblioteca Nacional, 2006.
Iñaki Arrieta Urtizbereai (ed.), El género en el patrimonio cultural, Bilbao, Universidad del País Vasco, 2017.
Carmen Blanco, Nais, damas, prostitutas e feirantas, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1995.
Carmen Blanco, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, Editorial Nigra, Vigo, 1997.
Carmen Blanco, Sexo e lugar, Colección Universitaria, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2006.
Nicole Denoît y Catherine Douzou, eds., La résidence d'artiste, Tours, Presses Universitaires François Rabelais, 2016.
Hipólito Escobar, Historia de las bibliotecas, Madrid, Ediciones Pirámide, 1990.Antonio Javier González Rueda, Patrimonio literario y gestión cultural: fundaciones, legados y otras tribulaciones, Jaén, Madara Editoras, 2020.
Guía de la Asociación de Casas-Museo y Fundaciones de escritores, Madrid, ACAMFE, 2002.
Nathalie de Saint-Phalle, Hoteles Literarios. Viaje alrededor de la Tierra, Madrid, Alfaguara, 1993.
Fernando Savater, Lugares con genio. Los escritores y sus ciudades, Buenos Aires, Editorial Sudamericana / Penguin Random House Grupo Editorial Argentina, 2013.
Fernando Savater & Sara Torres, Aquí viven leones. Viaje a las guaridas de los grandes escritores, Barcelona, Editorial Debate, 2015.
Francesca R. Uccella, Manual de patrimonio literario. Espacios, casas-museo y rutas, Gijón, Ediciones Trea, 2013.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Miguel Falomir (dir.), Pasiones mitológicas, Museo del Pardo, Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid, 2021.
José Luis Puerto, La ruta imaginada. El camino de Santiago en la literatura, León, Edilesa, 2004.
Claudio Rodríguez Fer (ed.), Cátedra Valente. XX Aniversario, Santiago de Compostela, Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, 2020.
Darío Villanueva (ed.), Las huellas del camino, Biblioteca Nacional, Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid, 2022.
BIBLIOGRAFÍA AUXILIAR
Contexto gallego-hispánico:
Eduardo Azofra Agustín & Ana Chaguaceda Toledano, La casa-museo Unamuno, Salamanca, Ediciones Universidad, 2003.
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (Madrid de Galdós, Vetusta de Clarín, Marineda & Madrid de Pardo Bazán, Madrid de Valle-Inclán, Granada & Nueva York de Lorca).
José Montero Padilla, Antonio Machado en su Casa-Museo de Segovia, Madrid, Editorial Everest, 1979.
París-Buenos Aires. Trazando la Rayuela. Un mapa de lectura sobre la novela de Julio Cortázar, Segovia, Aventuras Literarias, 2017.
Sergio Vila-Sanjuán & Sergi Doria, Paseos por la Barcelona literaria, Barcelona, Ajuntament de Barcelona, 2017.
Contexto gallego-internacional:
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (París de Hugo, Comuna de Rimbaud, Londres de Jane Austen, Sherlock Holmes de Conan Doyle, Mundo de Verne, Lisboa de Pessoa, Nueva York de Auster).
Guide des maisons des illustres, París, Ministère de la Cultura, 2017, ampliado en 2021.
Ian Gunn & Clive Hart, James Joyce’s Dublin: A Topographical Guide to the Dublin of Ulysses, Thames and Hudson Ltd, 2004.
Henri Raczymow, Le Paris litteraire et intime de Marcel Proust, París, Parigramme, 1997.
Hélêne Rochette, Maisons d'écrivains et d'artistes. Paris et ses alentours, París, Parigramme, 2014.
Anne Trubek, A Skeptic's Guide to Writers' Houses, University of Pennsylvania Press, 2010.
Coñecementos:
Con01: Coñecer e pór en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial.
Con03: Diferenciar os principais conceptos relacionados coas intervencións no ámbito do patrimonio cultural.
Con06: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de forma oral como escrita.
Con14: Comprender o funcionamiento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedimentos da cultura dixital á súa xestión.
Habilidades ou destrezas:
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz.
H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero.
Competencias:
Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, a igualdade de xénero, a multiculturalidade e a non discriminación de persoas con diversidade funcional.
Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
Utilizaranse documentos bibliográficos e recursos dixitais, combinando leccións maxistrais con análises e comentario crítico de documentos. Potenciaranse discusións e debates, así como exposicións en público centradas na elaboración de proxectos e en estudos de casos concretos.
Haberá unha hora de docencia semanal non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais poranse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
En canto ás sesións de titorización, planificaranse 15 sesións de titoría en grupo reducido. destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas sesións de titoría planificaranse en 15 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para posibilitar a participación e interacción síncrona entre docentes e estudantes, empregarase a tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para o desenvolvemento das clases da materia, así como o correo electrónico.
As consultas realizadas polo alumnado mediante envío de correo electrónico serán atendidas en prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, salvo causa xustificada. Así mesmo, as actividades e tarefas propias da avaliación continua serán cualificadas nun prazo non superior a un mes, agás causa xustificada.
A materia está constituída polas clases expositivas as e as interactivas e a súa avaliación será por un sistema de avaliación continua, que suporá un 60% da cualificación global. A tal fin, terase en conta como sistema de avaliación:
A) Participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais): 20%.
B) Realización de tarefas puntuais, explicadas oportunamente, así como as lecturas indicadas e os seus correspondentes controles, realizados dentro ou fóra da aula e programados con antelación. Así mesmo, prevese a realización dun traballo escrito cuxa natureza e características se precisarán oportunamente: 40%.
C) Exame. O 40% da nota final da materia resérvase para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-Deste modo, a cualificación final da materia será o resultado da media ponderada obtida en ambas partes 60% e 40%, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-A nota da avaliación continuada (60% da cualificación global) mantense igualmente se o alumno realiza o exame da parte teórica tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 6 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas que se distribúen da seguinte forma:
ACTIVIDADE FORMATIVA
Docencia non presencial síncrona: 15 horas (0% presencialidade).
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas (0% presencialidade).
Docencia non presencial asíncrona: 14 horas (0% presencialidade).
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas (0% presencialidade).
Avaliación final (exame): 4 horas (100% presencialidade).
Recoméndase atención ós acordos e unha actitude activa:
- Seguimento das aulas.
- Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas nos prazos que se establezan.
- Lectura atenta do programa da materia e do resto de materiais que a docente achegue para aclarar aspectos relativos a contidos, probas, traballos, etc.
LINGUA DA DOCENCIA
A lingua base da docencia é o galego. Se for preciso, acordarase entre profesora e alumnado o uso do español, segundo criterios filolóxicos.
Non é preciso un dominio absoluto da lingua estándar para cursar a materia.
A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua a través da literatura, con información e material específicos para cada caso persoal.
Maria Del Carmen Ares Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
23.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |