Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia os/as estudantes, cómpre que sexan quen de:
1. Coñecer e comprender os principais paradigmas e modelos teóricos sobre a análise social da cultura e os seus referentes nas súas axeitadas coordenadas espazo-tempo.
2. Activar a capacidade de reflexionar, razonar e interpretar crítica e analíticamente ao respecto do contido dos procesos de socialización e os “feitos sociais culturais” coa mirada e aparellos metodolóxicos da Socioloxía da Cultura.
3. Achegar no itinerario formativo -experimental e investigador- xa descrito, as perspectivas de: xénero e sustentabilidade
4. Saber aplicar as competencias e as habilidades desenvolvidas na aprendizaxe desta asignatura de Ciencias Sociais para reproducir e producir coñecemento da materia de carácter científico social-empírico.
5. Intercambiar e/ou transferir as súas achegas e coñecementos (comunicar por escrito ou expoñer en público, ou implementando outro soporte académicamente axeitado).
1. Socioloxía: episteme e metodoloxía da investigación social.
2. Mirada sociolóxica: a construción social da realidade.
3. Cultura e socioloxía: conceptualización e analise social da cultura.
4. Socioloxía da cultura: a constitución simbólica da sociedade.
5. Sociedade e cultura: a conformación da sociedade da cultura.
6. Ecosistemas culturais: mapping cultural no espazo-tempo.
7. Industrias culturais e creativas: cultura mainstream .
8. Retos socioculturais s.XXI: democracia e memoria, sociedade do risco, perspectiva de xénero e sostibilidade.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A. (1998). Sociología de la Cultura. La constitución simbólica de la sociedad. Barcelona: Ariel.
- (et al) (2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
- (2011). “Sociología de la cultura”, en Giner, S. Teoría Sociológica. Barcelona: Ariel.
Baudrillard, J. (2005). Cultura y simulacro. Barcelona: Kairós.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
Bourdie, P. (1988). La distinción. Criterios y bases del gusto. Taurus. Madrid.
- (1990). Sociología y cultura. México: Grijalbo.
- (2000). Cuestiones de Sociología. Madrid: Akal.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Costa, X. (2006)Sociología del conocimiento y de la Cultura. Tirant lo Blanch.
Eco, U. (1977) Apocalípticos e integrados. Bacelona.Lumen
Elías, N. (1993) El proceso de civilización. México: FCE.
Giner, S. (1990)Sociología. Nexos. Barcelona
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Marcuse, H. (1999). Eros y civilización. Ariel, Barcelona.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Morin, E. (1966). El espíritu del tiempo. Ensayo sobre la Cultura de Masas, Taurus, Madrid.
Muñoz, B. (1989). Cultura y comunicación. Introducción a las teorías contemporáneas. Barcelona: Barcanova.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Williams, R. (1994) Sociología de la cultura. Barcelona. Paidós.
-Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
-Con12: Identificar estratexias para un desenvolvemento sostible do territorio mediante actividades culturais (turismo, xestión e conservación do patrimonio, espectáculos, etc.)
-H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo, á organización e á sociedade
-H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
-Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
-Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e respostas aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do estudantado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e estudantado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia. As consultas realizadas polas/os estudantes serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Na aula virtual os/as docentes poñerán a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral, comentarios de texto, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc.
A) Participacion activa na aula virtual (titorias, chasts, foros, e debates, e outras ferramentas virtuais): 20%
B) Actividades académicas programadas de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 40%
C) Proba escrita: 40%
Información importante:
- Na 2ª oportunidade os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade.
- Para aprobar a materia é preciso facer a proba escrita e ter realizado e entregado, no prazo establecido, as tarefas, prácticas ou traballos programados (avaliación contínua); así como ter acadado un mínimo na cualificación de cada parte (a metade da porcentaxe correspondente: 2 puntos no apartado B) e no apartado C) outros 2 puntos).
- Para as convocatorias posteriores: o alumnado que suspendese a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 hs.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas
Actividade presencial: tutorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 12 horas
Proba escrita: 4
Se aconsella:
- A asistencia ou seguementp ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
Información importante:
- As características e condicións para a realización destas tarefas, prácticas, traballos ou probas se explicarán ao comezo do curso.
- Para superar a materia é preciso e obrigatoria a realización das tarefas académicas programafas e a realización dunha proba escrita.
- O prazo para a realización e entrega das actividades-tarefas se especificará oportunamente en función do desenvolvemento do cuadrimestre.
Outras consideraciones de interés.
Además das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2. A participación activa e la realización puntual e en prazo das tarefas previstas.
3. A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos.
4. A calidade dos traballos que, ademáis dunha axeitada organización e presentación textual, deberán cumprir cos prazos sinalados para a súa entrega.
5. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade, correción expresivas, a coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6. O coñecemento e dominio da teoría e os métodos da materia e a capacidad para establecer relacións, incorporar e integrar achegas doutras materias cursadas no grao.
Mar De Santiago Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982824737
- Correo electrónico
- mdelmarde.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |