Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as han de ser capaces de:
1. Coñecer e aplicar correctamente ferramentas informáticas e manexar novas tecnoloxías dixitais relacionadas coa posta en valor do patrimonio cultural.
2. Deseñar e desenvolver unha páxina web que permita visualizar de forma usable e ergonómica contidos culturais.
3. Deseñar equipos de traballo creativos con iniciativa e espírito emprendedor que permitan adquirir, analizar, sintetizar e divulgar coñecementos á sociedade en xeral.
Desenvolvemento Web para difusión cultural:
1. Contornos de desenvolvemento e xestores de contido.
2. Deseño de páxinas web.
3. Usabilidade web e experiencia de usuario (UX).
Novas tecnoloxías aplicadas á produción de contidos culturais:
4. Introdución ao manexo de datos con compoñente espacial.
5. Introdución ao procesado de fotografía dixital.
6. Introdución á Realidade Virtual e Aumentada.
Básica
- "Learning Web Design 5e: A Beginner's Guide to HTML, CSS, JavaScript, and Web Graphics". Jennifer Niederst Robbins. O'Reilly Media, Inc, USA; 5th edition (25 mayo 2018). ISBN-10 : 1491960205
- "La gestión cultural en la era digital". Fernández Suárez, G. F. y Fernández Tilve, M. D. (2022). Madrid, McGraw Hill. https://doi.org/10.15581/004.43.2019
- "Difusión patrimonial en la web: herramienta de análisis para instituciones culturales". Fernando Díaz Pérez; Lorena Martínez Solís; Celia Chaín Navarro. Revista General de Información y Documentación. Vol. 29 Núm. 2 (2019). DOI: https://doi.org/10.5209/rgid.66972
Complementaria
- "Omeka S". https://omeka.org
- "Arches Project Open Source Data Management Platform". https://www.archesproject.org
- "Omeka S como alternativa para el desarrollo de colecciones digitales y proyectos de humanidades digitales". Alcaraz Martínez, Rubén. 2022. BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació, núm. 48 (junio). <https://bid.ub.edu/es/48/alcaraz.htm>. DOI: 10.1344/BiD2022.48.06
- "El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript". Juan Diego Gauchat. MARCOMBO S.A; N.º 3 edición (12 abril 2019). ISBN-10 : 8426724639.
- "Curso de desarrollo web: HTML, CSS y JavaScript". Mario Rubiales. 2021. Madrid: Anaya Multimedia. ISBN 978-84-415-4414-7.
- "Museos españoles y tecnologías digitales: estado de la cuestión". Retos, recursos y nuevas propuestas / coord. por Eva Álvarez Ramos Árbol académico, Francisco Javier Blasco Pascual. Árbol académico, 2018, ISBN 978-84-16178-83-4, págs. 41-45.
- "Sistemas de información geográfica: una introducción para estudiantes de Geografía". Escolano Utrilla, Severino. Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragoza, 2015. ISBN 84-16935-31-9.
- "Representación espacial y mapas". Rodrigues-Silveira, Rodrigo. CIS - Centro de Investigaciones Sociológicas. 2013. ISBN 84-7476-619-2.
- "Photoshop y fotografía digital: principios conceptuales". Armentia, José Luis. Paracuellos de Jarama, Madrid: Ra-Ma. 2020. ISBN 9788499649689.
- "Cuando el mundo se virtualiza: La virtualización de la vida cotidiana y de las relaciones personales". Alcoceba Hernando, José A.; Serrano, Manuel Martín; Velarde, Olivia. Barcelona: Editorial UOC. 2021. ISBN 84-9180-824-8.
- "Uso de tecnologías 3D en la digitalización y difusión de documentos de alto valor patrimonial". Pereira Uzal, José Manuel. El profesional de la información, vol. 22, n. 3, 2013, pp. 215-223
- "Immersed in the news: how VR and 360-degree video have triggered a shift in journalistic storytelling". Pérez Seijo, Sara; Benítez de Gracia, María José; Reis, António. Merging practices in the age of automated digital journalism. London: Routledge, Taylor & Francis Group, 2023. Páxinas 67-77.
Competencias:
- CG2: Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
- CG3: Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estructura organizativa.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CT1: Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- CT5: Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e execicio profesional.
- CT7: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
- CT8: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
- CE11: Comprender e aplicar as estratexias da comunicación cultural no contorno dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.
- CE12: Coñecer as posibilidades que os novos contornos dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente de creación dixital.
- CE15: Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Resultados da aprendizaxe:
- Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen os novos contornos dixitais para a reinterpretación e revalorización da experiencia cultural.
- H/D05: Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
- H/D07: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
- Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos ámbitos de coñecemento propios da titulación, tanto con fins formativos como para o exercicio profesional.
Haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
Unha combinación de:
- Presentacións con audio explicando contidos do programa
- Utilización de recursos e fontes bibliográficas, si é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
- Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través de aula virtual
- Utilización de tecnoloxía de streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros de profesorado e alumnado
- Vídeos breves nos que se profundiza nalgún aspecto concreto dos contidos
- Enlaces dixitais que dean aceso a materiais audiovisuais
- Utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto
- Presentación oral de traballos
- Traballo colaborativo a través de debates en foros y chats, así como debates moderados polo/la docente a través de tecnoloxías de Videoconferencia
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e hai que transmitila pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona. Esta sesión semanal de docencia non presencial síncrona será utilizada polos docentes para realizar aquelas actividades que consideren máis adecuadas para guiar e axudar ao alumnado no seu proceso formativo. Esta sesión de docencia non presencial síncrona non debe entenderse como equivalente, ou substitutiva, das sesións expositivas da modalidade presencial. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións de docencia síncrona (presentacións, vídeos, esquemas, textos, fontes,....) teñen que poñerse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, forman parte da actividade non presencial de docencia telemática e deberán realizarse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
Compromiso docente de atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
Teranse en conta todas as actividades realizadas polos estudantes (participación na análise de casos, discusión e análise de lecturas e documentos, presentación e exhibición de traballos, etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria
A) Asistencia e participación tanto na aula coma na aula virtual: 10%
B) Avaliación continua: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CG2, CG3, CT1, CT5, CT7, CT8, CE11, CE12, CE15.
C) Exame final de contidos: Peso na cualificación final: 40%
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante exame parcial e/ou final. Para poder sumar a parte de nota derivada da avaliación continua é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 5 sobre 10 no exame.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CE11, CE12, CE15.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións".
Docencia síncrona non presencial: 15 horas, 0% presencial
Titorías sincrónicas non presenciais: 15 horas, 0% presencial
Docencia asíncrona non presencial: 14 horas, 0% presencial
Traballo persoal do alumno e outras actividades: 102 horas, 0% presencial
Avaliación final (exame): 4 horas, 100% presencial
Juan Diego Gutiérrez Gallardo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- juandiego.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
20.01.2025 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
13.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |