Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 43 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Biofarmacia e Farmacocinética II abarca o estudo dos procesos asociados ao tránsito dos medicamentos no organismo; Liberación, Absorción, Distribución, Metabolización e Excreción (LADME). O contido do programa estructurouse co obxectivo de que o alumno adquira unha formación básica sobre as características anatomofisiolóxicas das distintas vías de administración e os procesos de LADME, o que lle debe permitir valorar as posibilidades para a administración de fármacos de distinta natureza.
Programa de clases expositivas (30h)
Bloque 1. Introducción
Tema 1. Biofarmacia. Concepto, evolución histórica e relación coa Tecnoloxía Farmacéutica e a Farmacocinética (1 hora).
Tema 2. Procesos básicos. Liberación, absorción, distribución e eliminación de fármacos. Concepto de etapa limitante. Curva niveles plasmáticos-tempo. Biodisponibilidad e bioequivalencia (1 hora).
Tema 3. Liberación de fármacos a partir de formas farmacéuticas. Caracterización cinética do proceso de liberación: parámetros utilizados. Liberación e biodisponibilidad de fármacos. Correlaciones in vivo-in vitro (2 horas).
Tema 4. Absorción de fármacos. Paso a través de membranas biolóxicas. Estrutura das membranas e epitelios. Mecanismos de paso a través de membranas: Factores que o condicionan. Clasificación biofarmacéutica de fármacos (2 horas).
Bloque 2. Vías de administración
Administración por vías mucosas
Tema 5. Administración oral. Características anatomofisiolóxicas do tracto gastrointestinal. Factores que inflúen na absorción intestinal de fármacos. Absorción sanguínea e linfática. Factores que inflúen no acceso e retención de fármacos a nivel colónico (3 horas).
Tema 6. Administración rectal e vaginal. Características anatomofisiolóxicas do recto. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora).
Tema 7. Administración bucal e sublingual. Características anatomofisiolóxicas da cavidad bucal. Aspectos biofarmacéuticos (1 horas.
Tema 8. Administración por vías respiratorias. Administración nasal. Administración pulmonar. Características anatomofisiolóxicas. Aspectos biofarmacéuticos (2 horas).
Tema 9. Administración oftálmica. Características anatomofisiolóxicas. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora).
Tema 10. Administración sobre a pel. Características anatomofisiolóxicas da pel. Administración tópica e transdérmicas. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora)
Tema 11. Administración polas vías iv, intramuscular e subcutánea. Aspectos biofarmacéuticos (2 horas)
Bloque 3. Distribución
Tema 12. Dinámica da distribución: modelo de Kety. Magnitude do proceso de distribución: volume aparente de distribución (3 horas).
Tema 13. Unión a proteínas plasmáticas. Características da unión fármaco-proteína. Unión a compoñentes tisulares (2 horas)
Tema 14. Distribución a zonas especiais: (I) Distribución ao sistema nervioso central. (II) Distribución feto-placentaria (2 horas).
Bloque 4. Eliminación
Tema 15. Concepto de aclaramiento e razón de extracción. Influencia do fluxo sanguíneo, unión a proteínas e actividade do órgano de eliminación sobre o aclaramiento. Vida media de eliminación (2 horas).
Tema 16. Biotransformación. Localización de procesos de biotransformación. Reaccións de biotransformación. Efecto de primeiro paso: predicciones (1 hora).
Tema 17. Excreción renal. Mecanismos de excreción renal. Aclaramiento renal e factores que o condicionan (1 hora).
Tema 18. Outras vías de excreción. Excreción biliar e ciclo enterohepático. Excreción en saliva. Excreción en leite materna (1 hora).
Bloque 5. Relación Biofarmacia-Farmacocinética
Tema 19. Procesos dose-dependente. Procesos saturables a nivel de absorción, distribución, metabolización e excreción. Cronofarmacocinética (1 hora).
Programa de clases interactivas (18h):
Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da asignatura e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente. Ao bloque 1 destinásense 4 horas de seminario, ao bloque 2, 3 e 4, 5 horas de seminario e ao bloque 5, 1 hora de seminario. Ademais destas cuestións valorarase a realización de traballos en equipo que terán relación co contido da materia.
Programa de clases prácticas (6h)
Práctica 1. Estudo da permeabilidad de fármacos a través de barreiras biolóxicas
Básica
Domenech J., Martínez J. y Peraire C. Tratado General de Biofarmacia y Farmacocinética. Vol. I y II. Síntesis. Madrid; 2013.
Ducharme M.P. y Shargel L. Applied Biopharmaceutics and Pharmacokinetics, 8a Ed. McGrawHill. New York; 2022.
Taylor K.M.G. y Aulton M.E. Aulton’s Pharmaceutics: The Design and Manufacture of Medicines. 6a Ed. Elsevier. Edinburgh; 2021.
Complementaria
Avdeef A. Absorption and drug development: solubility, permeability and charge state. 2nd Ed. John Wiley & Sons. Hoboken; 2012.
Washington N., Washington C. y Wilson C.G. Physiological Pharmaceutics: Barriers to Drug Absorption, 2ª Ed. Taylor & Francis. Londres; 2001.
Curry S.H. y Whelpton R. Drug disposition and pharmacokinetics: principles and applications for medicine, toxicology and biotechnology. John Wiley & Sons. Hoboken; 2022.
Martínez-Pacheco R. Tratado de Tecnología Farmacéutica. Vol I. Sistemas Farmacéuticos y Vol II. Operaciones Básicas. 1ª ed. Madrid: Editorial Síntesis; 2016.
Martínez-Pacheco R. Tratado de Tecnología Farmacéutica. Vol III. Formas de dosificación. 1ª ed. Madrid: Editorial Síntesis; 2017.
Coñecementos:
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovigilancia
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 25. Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
Con 27. Coñecer as propiedades físico‐químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos
Con 30. Coñecer como determinar a biodisponibilidad e avaliar a bioequivalencia, así como os factores que as condicionan.
Habilidades ou destrezas:
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 16. Deseñar, optimizar e elaborar as formas farmacéuticas garantindo a súa calidade, incluíndo a formulación e control de calidade de medicamentos, o desenvolvemento de fórmulas maxistrais e preparados oficinales.
H/D 18. Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 13. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp 14. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 15. Apreciación da diversidade e multiculturalidad.
Comp 16. Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp 17. Compromiso ético.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Habilidades de investigación.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 26. Deseño e xestión de proxectos.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
Comp 29. Motivación de logro.
Clases expositivas, interactivas e tutorías.
As clases expositivas serán presenciais. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Nas clases interactivas (seminarios), o alumno debe participar activamente de distintas formas: resolución de exercicios na aula, exposición de traballos, probas de avaliación, etc. Tanto o profesor como os alumnos poden contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos na aula. Para as clases prácticas de laboratorio, o alumno dispoñerá dun manual de prácticas que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas para realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos para realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados.
Exame escrito (T).
O exame final da materia, que se celebrará na data sinalada na correspondente guía do curso da Facultade de Farmacia, constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta curta e resolución de problemas. O exame valorarase entre 0 e 10 puntos e esíxese unha puntuación mínima de 4 puntos. A nota obtida no exame representa o 70% da nota final. No caso do alumnado que estea exento de asistencia a clase, esta valoración poderá ascender ao 90%, xa que non estará obrigado a ser avaliado pola súa participación nos seminarios.
Avaliación dos seminarios (S)
Avaliarase a participación activa nos seminarios. Esta avaliación realizarase mediante o seguimento da resolución das cuestións e problemas plantexados na clase, a exposición de traballos e a participación nos debates que poidan xurdir. A cualificación máxima será de 2 puntos, e suporá o 20% da nota final. Esta nota manterase en convocatorias sucesivas, salvo que o alumno desexe ser avaliado de novo.
Avaliación da práctica (P).
Avaliarase a participación activa nas prácticas. Esta avaliación realizarase mediante o seguimento dos coñecementos previos e da súa intervención na realización da práctica. Ademais, durante ou unha vez rematadas as prácticas, avaliaranse os coñecementos adquiridos. A cualificación máxima será de 1 punto, e representará o 10% da nota final. Esta nota manterase en convocatorias sucesivas, salvo que o alumno desexe ser avaliado de novo.
Cualificación final (CF).
A cualificación final da materia obterase sumando o que corresponda a cada un dos apartados anteriores:
CF = 0,7xT + 0,2xS + 0,1xP
A materia queda aprobada se a nota final é igual ou superior a 5 e, sempre que a cualificación obtida en cada un dos apartados sexa polo menos de 4 puntos sobre 10.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia será realizada a través dás seguintes vías:
No exame teórico: Con 01, Con 02, Con 04, Con 06, Con 07, Con 10, Con 25, Con 27, Con 30, Comp 01, Comp 02, Comp 03.
Na avaliación das prácticas de laboratorio: Con 04, Con 25, Con 30, H/D 01, H/D 05, H/D 06, H/D 16, H/D 18.
Na avaliación das clases interactivas: H/D 01, H/D 05, H/D 06, Comp 01, Comp 02, Comp 03, Comp 04, Comp 05, Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 10, Comp 11, Comp 12, Comp 13, Comp 14, Comp 15, Comp 16, Comp 17, Comp 18, Comp 19, Comp 20, Comp 25, Comp 26, Comp 28, Comp 29.
As horas traballo presencial no aula ou no laboratorio son 60.
As horas de traballo persoal do alumnos son 90.
O alumno deberá evitar o simple esforzo memorístico, xa que non resulta adecuado nin suficiente. Debe dirixir o estudo a conseguir comprender, razoar e relacionar os contidos da materia.
A participación activa nas clases interactivas permitirá ao alumno unha mellor comprensión de moitos dos aspectos explicados en clases de teoría, o que facilitará o estudo para o exame final.
Maria Josefa Alonso Fernandez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815454
- Correo electrónico
- mariaj.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814877
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Diaz Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- patricia.diaz.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Rial Hermida
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- mariaisabel.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Philipp Lapuhs
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- philipp.lapuhs1 [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Julia Baena Paz
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- julia.baena [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |