Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
As metas que se pretenden alcanzar inclúen o dotar á futura enfermeira/o dos coñecementos imprescindibles para un exercicio profesional legal e ético.
Ao finalizar o curso coñecerán os límites da profesión e os dereitos dos pacientes, así como poderase distinguir e discutir críticamente, no marco do seu exercicio profesional, sobre aquelas situacións sobre as que se exerce unha tutela clara por parte da lei daqueloutras nas que unicamente os aspectos éticos serán os que poden guiar os seus actos, aprendendo a valorar desde unha perspectiva ética e/o legal os actos propios da súa profesión.
Para iso, proporcionarase a terminoloxía básica necesaria para a compresión dos problemas legais relacionados coa súa profesión e introducirase ao estudante na ética aplicada ao coidado de enfermería.
MÓDULO 1.- CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE DEREITO, DEONTOLOXÍA, ÉTICA E MORAL.
- Concepto e características de ética, moral, deontología e dereito.
- Principios da bioética. Declaracións de principios éticos.
- Dilemas bioéticos. Comités de ética.
MÓDULO 2.- CÓDIGO DEONTOLÓXICO E PRÁCTICA PROFESIONAL. HISTORIA CLÍNICA, DEREITO Á INFORMACIÓN. CONSENTIMENTO INFORMADO.
- Ética profesional e Deontoloxía. Código Deontolóxico da Enfermería.
- Dereitos Humanos e Dereitos Fundamentais. Dereitos e deberes do pacientes
- Intrusismo profesional
- Información. Autonomía de decisión. Consentimento informado: concepto e regulación.
MÓDULO 3.- SECRETO, INTRUSISMO E RESPONSABILIDADE PROFESIONAL.
- Confidencialidade e secreto profesional.
- A Historia Clínica.
- Responsabilidade do profesional sanitario
- Delitos de homicidio e lesións. Malos tratos.
- Delitos contra a liberdade sexual
MÓDULO 4.- PROBLEMAS DE INICIO E FINAL DA VIDA. INTERRUPCIÓN DO EMBARAZO. TRANSPLANTE DE ÓRGANOS. INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA. BASES DE ADN E ANÁLISE XENÉTICOS.
- Problemas do final da vida. Eutanasia.
- Políticas demográficas; Interrupción voluntaria do embarazo; Reprodución asistida;
- Trasplante de órganos.
- Investigación biomédica: ética e lexislación. Investigación con humanos e con animais.
- Estudos xenéticos. Bases de datos de ADN. Manipulación xenética.
- Ética y Legislación. Medina Castellano, C.D. Ediciones DAE (Difusión Avances de Enfermería),2009. Madrid.
- Bioética y Derecho. Blázquez Ruíz, FJ. Ediciones Eunate, 2014
- Ética y Deontología Médica. López Martín, S. Ediciones Marbán.2011.
- Bioética, Derecho y Sociedad. Casado, M y otros. Editorial Trotta. 2015
- Normativa Sanitaria Galega. 2ª edición. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
- Principios de ética biomédica. Beauchamp TL, Childress JF. Masson, Barcelona, 2002.
- Medicina Legal y Toxicológica. Gisbert Calabuig.7ª ed. Elsevier SA. Barcelona 2018
- Ethical and regulatory aspects of clinical research: Readings and commentary. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 2003
- Bermejo F, Sanjuanbenito L. Ética y atención primaria. Agencia Laín Entralgo. Madrid. 2006.
- Borrell i Carrió F. Práctica clínica centrada en el paciente. Triacastela. Madrid. 2011
- Feito Grande, L. Ética y Enfermería. San Pablo/Univ. Pontificia de Comillas. Madrid, 2009
- Davis, Tschudin, de Raeve. Ética en Enfermería. Triacastela. Madrid, 2009
- Gascón Abellán y cols. Derecho Sanitario y Bioética. Ed. Tirant Lo Blanc. Madrid. 2011
- Gracia D., Júdez. J. Ética en la práctica clínica. Triacastela, Madrid. 2004
Normas xurídicas, convenios ou “declaracións” que se deben de consultar na súa versión consolidada (actualizada):
Normas xurídicas, convenios ou “declaracións” que se deben de consultar na súa versión consolidada (actualizada):
- Código penal. Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro.
- Código Civil.
- Lei 14/1986, do 14 de abril, xeneral de sanidade.
- Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica
- Lei Orgánica 3/2008 do 5 de decembro de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Lei 14/2007, do 3 de xullo de investigación biomédica.
- Lei 20/2011, do 21 de xullo do Rexistro Civil.
- Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo de saúde sexual e reprodutiva.
- Lei Orgánica 3/2021, de regulación da eutanasia.
- Lei 14/2006 do 26 de maio sobre técnicas de reprodución humana asistida.
- Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
- Lei de Galicia 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica.
- Lei de Galicia 5/2015, do 26 de xuño de dereitos e garantias da dignidade das persoas enfermas terminais.
- Decreto 29/2009, do 5 de febreiro, de uso e acceso á historia clínica electrónica.
- Lei 16/2003, do 28 de maio de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde.
- Real Decreto Lexislativo 1/2015, pola que se aproba o texto refundido de garantías e uso racional do medicamento.
- Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
- Declaración sobre Bioética e Dereitos Humanos da Unesco.
- Convenio Consello de Europa para a protección dos Dereitos Humanos e a dignidade do ser humano respecto a as aplicacións da bioloxía e a medicina (Convenio de Oviedo 1997)
- Declaración de Helsinqui da Asemblea Médica Mundial.
- Código Deontolóxico da Enfermería Española.
- Convenio Internacional sobre a Diversidade Biolóxica.
- Declaración Universal sobre o Xenoma Humano.
- Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG1. Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
CG8. Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde –enfermidade.
CG12. Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermería española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
CT2. Capacidade para o traballo en equipo.
CT3. Motivación.
CT4. Compromiso ético.
CT5. Capacidade para a resolución de problemas.
CT6. Coñecementos básicos da profesión.
CT7. Capacidade de análise e síntese.
CT9. Capacidade para a toma de decisións.
CT11. Habilidades interpersoais.
CT15. Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
CE23.Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermería española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermería. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores
Clases expositivas: Expoñeranse os conceptos fundamentais de cada tema e identificaranse as fontes de coñecemento para o adecuado estudo destes.
Clases interactivas. Seminarios: Realizaranse traballos ou casos prácticos nos que se tratará de fomentar a procura reflexiva por parte do alumnado dos distintos aspectos obxecto de estudo, así como o seu posicionamento #ante a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos. Realizaranse estudos de casos baseados en problemas, fomentando a reflexión e a discusión.
Titorías individuais: Para seguimento individual e resolución de dúbidas.
- Exame: 70% - 80% % da puntuación. Proba obxectiva sobre os contidos da materia
- Avaliación continua: asistencia, participación e realización de actividades propostas 20% - 30 % da puntuación.
- Clases expositivas: 26 horas.
- Clases interactivas. Seminarios: 10 horas.
- Titorías: 1,5 horas.
- Probas de avaliación: 2 horas.
As dificultades para a comprensión da materia nacen en parte da linguaxe utilizada nos aspectos legais, xa que pode resultar diferente e novo no currículo. Con todo, o coñecemento dos termos xurídicos elementais,e normas básicas é un dos obxectivos que se pretende, como requisito fundamental para alcanzar o desenvolvemento e autonomía necesaria como profesionais coñecedores da regulación xurídica e ética que afecta á súa profesión.
Para iso será necesaria a progresiva inmersión do alumno no manexo das normas e os termos aplicables. Recoméndase a lectura directa de normas, tratando de ver as interrelacións e facendo xuízo crítico das mesmas.
Por outra banda, o coñecemento dos valores básicos da profesión e dos aspectos éticos implicados no exercicio da profesión resultan imprescindibles, e para iso é fundamental a aprendizaxe na metodoloxía da bioética, a reflexión e a deliberación que axuden á comprensión e achegamento aos problemas expostos e á toma de decisións.
Manuel Gómez López
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- manuel.gomez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
14.01.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |
10.06.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |