Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 5 Total: 7
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Introducir ao alumno/a ao método de traballo na investigación sanitaria
-Fomentar o pensamento crítico
-Mellorar a capacidade de traballar en equipo, especialmente naqueles interdisciplinares
-Coñecer as características da carreira investigadora
En cada curso académico ofertaranse prácticas nas institucións coas que previamente se asinou un convenio de colaboración. As actividades para realizar polo alumnado estarán destinadas a reforzar competencias relacionadas coa investigación en coidados, clínica, e/o biosanitaria nos futuros graduados/as en Enfermería. En cada oferta concretarase un programa de actividades, segundo as características e obxectivos de cada centro e cada grupo de traballo ao que se incorpore o alumno/a.
-Introducción a la investigación en Ciencias de la Salud. Polgar S. Ed. Elsevier. 2021. -Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Pallás A. Ed. Elsevier. 2019. -Cómo leer un artículo científico. Greenhalgh T. Ed. Elsevier. 2016. -Diseño de investigaciones clínicas. Hulley S, Cummings S, Browner W, Grady D, Newman T. Ed. Wolters Kluwer. 2014. -Metodología de la investigación. Bernal CA. Ed. Pearson. 2016.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto
especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XERAIS
- Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, #de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
- Coñecer os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar adecuadamente os recursos dispoñibles
- Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico–técnicos e os de calidade.
- Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
- Coñecer os sistemas de información sanitaria
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
-Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
-Capacidade para o traballo en equipo.
-Capacidade para a resolución de problemas.
-Capacidade de análise e síntese.
-Habilidade para traballar de maneira autónoma.
-Habilidades de investigación.
-Habilidades básicas de manexo de computadores.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Comprender desde unha perspectiva ontológica e epistemológica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermería, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes
- Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermería ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
- Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermería española, inspirado no código europeo de ética e deontología de enfermería. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
Resultados da aprendizaxe
-Desenvolve habilidades básicas de investigación científica
-Coñece a natureza e obxectivos da investigación básica e a investigación clínica
-Coñece as etapas e desenvolvemento da carreira investigadora
-Desenvolve capacidade para o traballar en equipo
-Posúe habilidades de xestión da información científica
-Coñece a estrutura dunha publicación científica
-Posúe espírito crítico para seleccionar e interpretar a literatura científica
-Sabe comunicar, a nivel básico, os resultados dun traballo de investigación
-Coñece a normativa aplicable á investigación sanitaria a nivel nacional e internacional
-Coñece as fontes de financiamento da investigación sanitaria
-Basea as intervencións de enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
-Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
O/a estudante realizará prácticas en grupos de investigación das institucións coas que previamente se asinara un convenio de colaboración. Estará supervisado/a por un titor/a profesional e pola coordinadora da materia.
A avaliación será continua, empleándose follas de avaliación e a realización dunha memoria de prácticas por parte do estudante.
A materia consta de 3 ECTS, o que implica 70 horas de prácticas presenciais e 5 horas de traballo autónomo.
Asistencia con aproveitamento a todas as prácticas programadas, consultando dúbidas ao titor/a profesional e/ou á coordinadora da materia. Consulta de bibliografía recomendada para un maior rendemento das prácticas.
María José Ferreira Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariajose.ferreira [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Escola Enfermeria Lugo AULA Nº 1C |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |