Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por obxectivo que o futuro persoal de enfermería adquira as habilidades necesarias para interpretar e analizar criticamente os problemas de saúde da comunidade como o resultado de procesos político-sociais, culturais e biolóxicos.
Ao finalizar o alumno deberá:
- Coñecer e aplicar os conceptos e métodos de Saúde Pública orientados a prestar unha atención integral de saúde á poboación.
- Ser capaz de identificar os factores que determinan o nivel de saúde da poboación e as estratexias para evitar desigualdades e inequidades en saúde.
- Describir os fundamentos da promoción da saúde, as súas funcións e estratexias.
- Recoñecer e analizar a influencia que as políticas públicas teñen sobre a saúde, así como analizar e avaliar o papel dos sistemas de saúde como elementos crave para a equidade en saúde.
- Coñecer e analizar os efectos da contorna, así como do cambio climático na saúde.
- Coñecer as técnicas xerais de saneamento, esterilización, desinfección, desinsectación e desratización.
- Coñecer as principais intervencións de prevención e control das enfermidades transmisibles e non transmisibles.
Bloque I: Concepto de Saúde (2 horas)
Tema 1. Os determinantes da saúde. Os determinantes sociais e as inequidades e desigualdades en saúde. O sistema sanitario como fonte de inequidade
Tema 2. Saúde Pública
Bloque II: Ambiente e saúde (4 horas)
Tema 3. Ecoloxía e saúde
Tema 4. Contaminación atmosférica
Tema 5. A auga: problemas e depuración
Tema 6. Xestión de residuos
Bloque III: Hábitos de vida e saúde (2 horas)
Tema 7. Hábitos de vida e saúde. Exercicio físico e Dieta
Tema 8. Concepto de drogodependencias. Consumo de alcol. Consumo de tabaco
Bloque IV: Epidemioloxía e profilaxe das enfermidades transmisibles (8 horas)
Tema 9. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles
Tema 10. Profilaxe xeral das enfermidades transmisibles
Tema 11. Inmunizacións (profilaxes de disposición)
Tema 12. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión parenteral
Tema 13. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión aérea e de gotas
Tema 14. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto
Tema 15. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión fecal-oral
Tema 16. Epidemioloxía e prevención das infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria (IRAS)
Bloque V: Epidemioloxía e prevención das enfermidades non transmisibles (2 horas)
Tema 17. Epidemioloxía e prevención xeral das enfermidades non transmisibles
Tema 18. Epidemioloxía e prevención das enfermidades mentais
Seminarios e laboratorios:
- Determinantes de saúde nos países a Unión Europea. Desigualdades en saúde (4 horas)
- Elaboración dun Programa de atención comunitaria para promoción de estilos de vida saudable (4 horas)
- Actuación fronte a un brote de toxiinfección alimentaria (2 horas)
- Medidas preventivas para as viaxes internacionais (2 horas)
- Vacinación en situacións de risco (3 horas)
- Análise da situación do cancro a nivel mundial (3 horas)
Alfonso Roca MT, Alvárez-Dardet Díaz C. Enfermería Comunitaria I. Serie Manuales de Enfermería. Masson Salvat S.A. Barcelona. 1992.
Barrueco Ferrero et al., 2009.In Barrueco Ferrero M., Hernández Mezquita M.A., and Torrecilla García M. (eds): Manual de prevención y tratamiento del tabaquismo, 4. . Badalona: Ediciones Médicas, 2009. César Pereiro Gómez y Juan José Fernández Miranda (Coordinadores) Guía de adicciones para especialistas en formación. Socidrogalcohol. Valencia, 2018. ISBN: 978-84-945737-8-1.
Estrategia NAOS (Nutrición, Actividad Física y Prevención de la Obesidad). https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/docs/documentos/nutricion/estrategiana…
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, Delgado Rodríguez M et al. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona:Elsevier- Masson; 2015.
Hernández-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Ed Panamericana, Madrid, 2018.
Benach J. La salud de todos y sus causas. La salud pública, la equidad y sus causas: ¿de qué depende nuestra salud? Barcelona: Observatorio de la Salud, Universitat Pompeu Fabra; 2012.
Gavidia V, Talavera M. La construcción del concepto de salud. Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales. 2012; 26: 161-75.
European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2020 report. Disponible en: https://www.eea.europa.eu//publications/air-quality-in-europe-2021
Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2019. Disponible en:
https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/publicacion…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2014-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
Segura Del Pozo J. Desigualdades sociales en Salud: Conceptos, estudios e interpretaciones. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia; 2013.
Subdirección General de Información Sanitaria. Salud mental en datos: prevalencia de los problemas de salud y consumo de psicofármacos y fármacos relacionados a partir de registros clínicos de atención primaria. BDCAP Series 2. [Publicación en Internet]. Madrid: Ministerio de Sanidad. 2021.
WHO Regional Office for Europe. Social inequalities and their influence on housing risk factors and health. Copenhagen: WHO Regional Office for Europe; 2014. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/107955/E92729.pdf?sequ…
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?uuid=88abfd7c-9c05-…
U.S. Preventive Services Task Force. Guide to Clinical Preventive Services 2014. Disponible en: https://www.ahrq.gov/professionals/clinicians-providers/guidelines-reco…
WHO guidelines on tuberculosis infection prevention and control2019 update. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/311259/9789241550512-e…
BÁSICAS E XERAIS
CG4-Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
CG6 - Basear as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
CG9. Fomentar estilos de vida saudable, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 – Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT2 - Capacidade para o traballo en equipo.
CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT7 - Capacidade de análise e síntese.
ESPECÍFICAS
CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermería ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
Clases expositivas (18 horas): Sesións nas que o docente expoñerá os conceptos teóricos dos contidos, co apoio de medios audiovisuais e informáticos.
Clases interactivas en grupos reducidos: Clases teórico/prácticas nas que se traballará sobre os diferentes temas das clases interactivas. Requírese a participación activa do alumnado. O traballo do alumno podería ser individual ou en grupo, podendo ter que terminar algúns traballos fóra de clase. Para poder optar á avaliación continua o alumno deberá asistir ás clases interactivas.
Titorías (individuais ou en grupos reducidos) (2,3 horas): as titorías están dirixidas a aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Exame: A adquisición dos coñecementos adquiridos será avaliado mediante un exame que poderá incluír preguntas curtas, preguntas tema ou preguntas tipo test de todos os temas abordados nas clases expositivas e interactivas. Pregúntalas tipo test terán unha única resposta válida, sen que conten negativas as incorrectas. O exame final cualificarase de 0 a 10. Para superar a materia será preciso superar este exame.
O peso do exame será como máximo do 70% e o peso da avaliación continua representará como mínimo o 30%.
Avaliación continua: Para a avaliación continua poderanse utilizar distintos criterios: asistencia ás clases expositivas ou interactivas, entrega de traballos realizados en clase de modo individual ou grupal, realización de probas tipo test ao final dos seminarios, laboratorios ou clases expositivas, ben escritas ou a través da aula Virtual. A avaliación continuada cualificará de 0 a 10.
Nota final: Para obter a nota final sumaranse as notas do exame e a avaliación continua. Se o exame non está aprobado non se terá en conta a avaliación continua.
A nota final será: Exame final0,7 + Avaliación continua0,3
Na avaliación extraordinaria de xullo manterase o mesmo sistema de avaliación que se empregou na convocatoria anterior. O mesmo sistema de avaliación tamén será utilizado para os alumnos que cursasen a materia noutra universidade vía Erasmus e volvan con ela suspensa.
A nota global obtida na avaliación continua se garda só por un ano.
Traballo na aula
Clases expositivas: 18h
Clases interactivas: 18h
Titorías: 2,3h
Probas de avaliación: 2h
Total horas traballo na aula: 40,3h
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo: 36h
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 10h
Orientación e resolución de dúbidas: 2h
Elaboración, presentación e exposición: 1h
Realización e revisión do exame: 4,5h
Total horas traballo persoal do alumno: 53h
Asistencia ás clases, tanto teóricas como prácticas, e dedicación a reler a materia o tempo recomendado.
Consulta, ampliando os temas, da bibliografía recomendada.
Valorarase fundamentalmente e grao no que os alumnos entenden a materia, e a súa capacidade de analizar globalmente os problemas de saúde.
Ramón Rabuñal Rey
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- ramon.rabunal [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Maria Teresa Queiro Verdes
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariateresa.queiro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 5 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 5 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | AULA 5 |
20:00-21:25 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | AULA 5 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |