Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O estudantado:
- Aplica o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
- Dirixe, avalía e presta os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
- Ten a capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade.
- Comprende a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional debe desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
- Promove a participación das personas, familia e grupos no seu proceso de saúde - enfermidade.
- Identifica os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
- Identifica e analiza a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
- Aplica os métodos e procedementos necesarios no seu eido para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
- Analiza os datos estatísticos referidos a estudios poboacionais, identificando as posíbeis causas de problemas de saúde.
- Educa, facilita e apoia a saúde e o benestar dos membros da comunidade con vidas afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
- Basea as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñíbeis.
- Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Módulo I. Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Evolución, principios, obxectivos e competencias da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- A especialidade enfermeira.
- A enfermaría comunitaria de enlace. Coordinación entre niveis asistenciais/continuidade de coidados.
- Metodoloxía enfermeira na Atención Primaria de saúde
Módulo II. Modelos de coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Proceso de Atención en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Calidade e Seguridade do paciente en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- A consulta de Enfermería. Modelos e tipos de consulta. Características e obxectivos da consulta. Funcións e actividades. Metodoloxía de traballo na consulta.
- A atención domiciliaria en Enfermaría. Concepto de “Visita Domiciliaria”. Tipos e obxectivos. Etapas da atención domiciliaria. Metodoloxía de traballo na atención domiciliaria.
- A Xestión de Casos nos coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Procedementos en Enfermaría Familiar e Comunitaria: Cirurxía menor ambulatoria.
Módulo III. Coidados de Enfermaría á persoa.
- Atención de Enfermaría á infancia e adolescencia.
- Atención de Enfermaría á persoa adulta.
- Atención de Enfermaría ás persoas con procesos crónicos.
- Atención de Enfermaría á muller.
- Atención de Enfermaría ás persoas anciás.
Módulo IV. Coidados de Enfermaría á familia.
- Estrutura e dinámica familiar.
- Plan de atención familiar. La prestación de coidados na contorna familiar.
Módulo V. Coidados á comunidade.
- Diagnóstico de saúde comunitaria desde a taxonomía enfermeira.
- Participación comunitaria. Intervencións con diferentes grupos.
- Adaptación da contorna comunitaria e domiciliaria ás situacións de discapacidade. Desenvolvemento da vida cotiá na vivenda, nos espazos públicos, no transporte, produtos de apoio.
Básica.
- Martínez Riera, J. R., e del Pino Casado, R. Manual práctico de enfermería comunitaria. Barcelona: Elsevier; 2020.
- Sola, e Zurro, A. M. Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes. Elsevier: 2018
- NANDA. Diagnósticos enfermeros: definiciones y clasificación, 2021- 2023. Ed. Elsevier. 2021.
Complementaria. Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas:
- Asociación de Enfermería Comunitaria. https://www.enfermeriacomunitaria.org/web/
- Federación de asociaciones de Enfermería Familiar y Comunitaria. https://faecap.es/
- Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
- Cinahl: https://www.ebsco.com/es/productos/bases-de-datos/cinahl-complete
- Participar para ganar salud. Versión para todos los públicos de la Guía Participación Comunitaria: Mejorando la salud y el bienestar y reduciendo desigualdades en salud. Madrid: MSCBS-IACS-FEMP-RECS; 2019.
- Ministerio de Sanidad. Acción comunitaria para ganar salud. O cómo trabajar en red para mejorar las condiciones de vida. Madrid, 2021
Nesta materia intentarase contribuir a que o estudantado adquira as seguintes competencias, detalladas na memoria do título de Grao en Enfermaría da USC.
Básicas
- CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de temática social, científica ou ética.
- CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Xerais:
- CG1 - Ser quen, no eido da enfermaría, de prestar una atención sanitaria técnica y profesional adecuada a las necesidades de salud de las personas que atienden, de acuerdo con el estado de desarrollo de los conocimientos científicos de cada momento y con los niveles de calidad y seguridad que se establecen en las normas legales y deontológicas aplicables.
- CG2 - Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos que se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde
- CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
- CG5 - Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
- CG9 - Fomentar estilos de vida saudábeis, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
- CG11 - Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
- CG17 - Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
Transversais.
- CT1 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
- CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
- CT7 - Capacidade de análise e síntese.
- CT8 - Preocupación pola calidade.
- CT9 - Capacidade para a toma de decisións.
- CT14 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información provinte de diversas fontes).
- CT16 – Habilidades de investigación.
Específicas.
- CE13 - Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
- CE15 - Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, á familia e á comunidade.
- CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolverpara proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. Comprender a función, actividades e actitude cooperativa que o profesional debe desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde - enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna entorno, para atender ás personas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar la influencia de factores internos y externos en el nivel de salud de individuos y grupos. Aplicar los métodos y procedimientos necesarios en su ámbito para identificar los problemas de salud más relevantes en una comunidad. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de salud. Educar, facilitar e apoiar a saúde e benestar dos miembros da comunidade, con vidas afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermedad, incapacidade ou morte.
Docencia expositiva (24 horas)
Explicaranse os contidos da materia con apoio de recursos dixitais. Fomentarase a participación, o debate e a opinión crítica do estudantado na aula
Docencia interactiva (12 horas)
Promoverase o traballo autónomo do estudantado e fomentarase a participación activa e o pensamento crítico. Contemplarase a implementación de ferramentas metodolóxicas coma a aprendizaxe baseada en problemas e a discusión de casos prácticos mediante a resolución e discusión de casos reais, así como simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia. Se se dan as condicións oportunas, poderase participar na realización dunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo enmarcada no marco curricular e disciplinar da materia.
Utilizaranse as ferramentas proporcionadas pola USC para o seguimento da materia e a comunicación co estudantado.
Titorías (2,25 horas)
O estudantado poderá solicitar titorías individuais, de acordo co cronograma planeado para esta tarefa neste programa de ensino.
-Docencia expositiva: avaliarase o domino dos coñcementos teóricos da materia mediante unha proba obxectiva que representará o 60% da nota final
-Docencia Interactiva: valorarase a participación activa na aula (5%) actitude, capacidade de traballo en equipo, calidade e adecuación dos traballos individuais (10%) e traballos grupais (25%) desenvolvidos.
-Consideracións xerais:
O ensino desta titulación é de tipo presencial e, por iso, a asistencia á aula é obrigatoria. En caso de falta, a ausencia será xustificada ao profesorado que corresponda en tempo e forma. A non asistencia tanto ás aulas expositivas coma ás interactivas implicará a non superación da materia.
Para superar a materia será necesario obtener, cando menos, 3 puntos na prueba obxectiva que se realizará para avaliar a docencia expositiva e, como mínimo, 2 puntos na avaliación da docencia interactiva.
Nos casos aprobados polo centro aplicarase a exención de docencia nas aulas expositivas, mais non nas interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia ten unha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. O tempo de traballo autónomo do estudantado por crédito equivale a 16,5 horas, polo que o tempo de estudo e traballo persoal asignado é de 74,25 horas.
- Constancia no estudo e seguimento da materia.
- Manexo da bibliografía recomendada para o estudo dos contidos.
- Uso de titorías.
É obrigatorio o uso das ferramentas dixitais de comunicación proporcionados pola USC, como, por exemplo, o correo electrónico, o campus virtual da materia, etc.
Ainara Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- ainara.geada [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 3.02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.01 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 3.02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.01 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 3.02 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 3.02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.01 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.02 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.02 |