- Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
- Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
- Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os seus mecanismos de acción.
- Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
- Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudábel. Identificar os nutrientes e os alimentos en que se atopan. Identificar os problemas nutricionais de maior prevalencia e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas.
- Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
- Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
- Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda. Estabelecer unha relación empática e respeitosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento. Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
- Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar o estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
- Identificar, integrar e relacionar o conceito de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
- Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceitos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
- Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
- Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
- Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade.
- Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de atención primaria de saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do contorno, para atender as persoas en situación de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posíbeis causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sofrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
- Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, estabelecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, estabelecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
- Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa. Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
- Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse. Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, estabelecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores. Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento. Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios
- Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde. Identificar as modificacións estructurais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
- Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores. Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.