Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 25 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar unha visión global (mecanismo de acción, aspectos farmacocinéticos, efectos farmacolóxicos, aplicacións clínicas, reaccións adversas) dos fármacos prototipo dos distintos grupos terapéuticos que se consideran na Farmacoloxía III .
- Integrar o coñecemento dos efectos dos fármacos no contexto da fisiopatoloxía das enfermidades.
- Relacionar os efectos farmacolóxicos dos fármacos prototipo coas súas aplicacións clínicas e coas súas reacciones adversas.
- Xustificar o interese terapéutico dos fármacos prototipo en base ás súas aportacións ó arsenal terapéutico.
- Facilitar pautas e protocolos os alumnos que lle permitan facer atención farmacéutica, nas súas facetas de indicación, dispensación activa e seguimento dos tratamentos (programa de prácticas).
PROGRAMA DE HORAS EXPOSITIVAS (30 horas por grupo)
Tema 0. Introdución.
Sección I. Farmacoloxía do Sistema Endócrino
Tema 1. Insulinas e fármacos hipoglicemiantes. Glicagón.
Tema 2. Farmacoloxía das hormonas hipotalámicas e hipofisarias.
Tema 3. Fármacos tiroideos e antitiroideos.
Tema 4. Esteroides corticosuprarrenais.
Tema 5. Farmacoloxía da homeostase mineral ósea.
Sección II. Farmacoloxía do Metabolismo e da Nutrición
Tema 6. Fármacos hipolipemiantes.
Sección III. Farmacoloxía do Sistema Reprodutor
Tema 7. Farmacoloxía do sistema xenital masculino.
Tema 8. Farmacoloxía dos estróxenos e proxestáxenos.
Tema 9. Anticonceptivos hormonais.
Tema 10. Farmacoloxía uterina.
Sección IV. Farmacoloxía das Enfermidades Oncolóxicas
Tema 11. Fármacos antineoplásicos.
Sección V. Farmacoloxía Dermatolóxica e Ocular
Tema 12. Farmacoloxía ocular.
Tema 13. Farmacoloxía dermatolóxica.
Sección VI. Farmacoloxía do Sistema Dixestivo e Hepatobiliar
Tema 14. Fármacos moduladores da secreción ácida gástrica.
Tema 15. Antieméticos, procinéticos, antiflatulentos e antiespasmódicos. Terapia biliar.
Sección VII. Farmacoloxía das Enfermidades Infecciosas por virus, parásitos e fungos
Tema 16. Fármacos antifúnxicos.
Tema 17. Fármacos antivíricos.
Tema 18. Fármacos antiprotozoarios, antihelmínticos e ectoparasiticidas.
Sección VIII. Farmacoloxía de las Enfermidades Infecciosas
Tema 19. Xeneralidades da terapia antiinfecciosa.
Tema 20. Antimicrobianos que interfiren coa síntese da parede celular bacteriana.
Tema 21. Antibióticos que alteran a permeabilidade das membranas celulares bacterianas.
Tema 22. Antimicrobianos que interfiren coa síntese de proteínas bacterianas.
Tema 23. Quimioterápicos que interfiren coa síntese de ácidos nucleicos bacterianos.
Tema 24. Antibióticos que interfiren coa síntese de ácidos nucleicos bacterianos. Farmacoloxía das infeccións micobacterianas
Tema 25. Antisépticos e desinfectantes.
PROGRAMA DE SEMINARIOS (12 horas por grupo)
Seminario 1. Pautas de insulinoterapia; intervención terapéutica en DM2.
Seminario 2. Aspectos prácticos no emprego dos esteroides corticosuprarrenais.
Seminario 3. Casos clínicos de dislipemias.
Seminario 4. Atención farmacéutica como marco de la Farmacología III.
Seminario 5. Cuestións e casos sobre farmacoloxía uterina.
Seminario 6. Mini presentacións sobre o tratamento de náuseas/vómitos
Seminario 7. Farmacoloxía ocular.
Seminario 8. Mini presentacións sobre as reaccións adversas dos antineoplásicos.
Seminario 9. Resolución de cuestións e casos clínicos en relación cos fármacos antineoplásicos.
Seminario 10. Farmacoloxía antiinfecciosa
Seminario 11. Farmacoloxía antiinfecciosa.
Seminario 12. Farmacoloxía antiinfecciosa
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (12 horas por grupo)
Práctica 1. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Información Farmacéutica sobre un Caso de Gripe/Arrefriado
Práctica 2. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Dispensación Activa de Antibióticos
Práctica 3. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Seguimento Farmacéutico sobre un Caso de Diabetes
Práctica 4. Exame de avaliación
BÁSICA
Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. Eds. L. Brunton, R. B. Knollman. Editorial McGraw-Hill, 14a Edición, 2022. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=32…
Rang & Dale. Farmacología. Eds. J. Ritter, R. Flower y cols. Editorial Elsevier, 9a Edición, 2020. https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
Farmacología Humana. Eds. J. Flórez, J. A. Armijo, A. Mediavilla. Editorial Elsevier Masson, 6a Edición, 2014. https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
Farmacología básica y clínica. Eds. B.G. Katzung, T.W. Vanderah. Editorial McGraw-Hill, 15a Edición, 2020.
https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=30…
COMPLEMENTARIA
Guía de terapéutica antimicrobiana 2024. Eds. J. Mensa, A. Soriano y cols. Editorial Antares, 2024.
BOT PLUS web: https://botplusweb.farmaceuticos.com/
Centro de información online de medicamentos da AEMPS-CIMA: http://www.aemps.gob.es/cima/fichasTecnicas.do?metodo=detalleForm
Catálogo de medicamentos. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos, 2024.
Flashcards de Farmacología Básica. Eds. G. Brenner. Editorial Elsevier, 4ª Edición, 2019 https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/content/toc/3-s2.0-C…
Coñecementos:
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 04. Adquirir coñecementos para diseñar, preparar, suministrar e dispensar medicamentos e otros productos de interese sanitario.
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovigilancia.
Con 08. Coñecer as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 31. Coñecer como utilizar de forma segura os medicamentos @teniendo en cuenta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 33. Coñecer os efectos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 35. Coñecer a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 40. Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica no ámbito oficinal e
da industria farmacéutica.
Habilidades ou destrezas:
H/D 01: Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual,
familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05: Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06: Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros
profesionais sanitarios.
Competencias:
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Comp 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovigilancia.
Comp 08. Coñecer as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Comp 9. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Comp 13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 16. Compromiso ético.
Comp 17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
A) Actividades Expositivas.
Leccións presenciais ás horas previstas no calendario da facultade impartidas polo profesor nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia, seguindo o esquema de clases maxistrais, de acordo coa programación docente arriba exposta, favorecendo a participación do alumno en forma de preguntas, opinións, resolución de cuestións... O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
B) Seminarios.
Actividades interactivas presenciais ás horas previstas no calendario da facultade, teórico/prácticas, en grupo reducido, nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría. O alumno participa activamente nestas horas de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesor, resolución de casos na aula, presentación e exposición de traballos na aula, debates, estudio previo e aula invertida, etc. O profesor e os estudantes contan co apoio de medios audiovisuais e informáticos.
Inclúense, tamén, probas de avaliación (controis). A asistencia aos seminarios non é obrigatoria para superar a materia, pero si para ser valorado e puntuado nestas actividades.
C) Prácticas.
Actividades interactivas presenciais, en grupo reducido, que se desenvolverán seguindo unha metodoloxía baseada na resolución de problemas e na simulación da realización de tarefas profesionais, relacionadas coa utilización clínica de medicamentos. Aplícanse os coñecementos á atención dos doentes, no contexto da dispensación, a indicación e o seguimento dos tratamentos. As actividades fanse con apoio informático. O alumno participa, activamente, nestas actividades que se propón como obradoiros de traballo.
Inclúense, tamén, probas de avaliación. A participación nestas actividades é obrigatoria. O alumno non poderá superar a materia se non participa nas actividades das prácticas ou non realiza e aproba o exame correspondente.
D) Titorías.
Actividade optativa, poderá ser presencial ou telemática. Nas titorías o profesor poderá: aclarar dúbidas sobre a teoría e/ou as prácticas; expor e resolver problemas e exercicios; aconsellar lecturas específicas; supervisar traballos ou outras tarefas propostas; debater ou coordinar o debate, sobre temas específicos. E todo iso, sobre asuntos/temas individuais ou realizados en pequenos grupos.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta os seguintes aspectos:
1º.- O NIVEL DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS Este aspecto avaliarase tendo en conta a cualificación dun único exame escrito por convocatoria. Representará un 80% da cualificación final (poderán conseguirse ata 8 puntos). Os contidos abordados nas horas expositivas e nas interactivas de seminario considéranse coñecementos teóricos. Para superar a materia haberá que conseguir un mínimo de 3.5 puntos neste apartado. Nas convocatorias de xaneiro e xuño/xullo, esta proba consistirá en preguntas test con 5 opcións de resposta, 1 soa válida, e tendo, cada resposta errónea, unha penalización do 33% do valor da pregunta.
2º.- A AVALIACIÓN DAS HORAS INTERACTIVAS DE SEMINARIO Previamente á data establecida para realizar o seminario, o profesor fornecerá o material bibliográfico e as indicacións necesarias para que os alumnos preparen adecuadamente o seminario e este póidase desenvolver de maneira proveitosa. Na avaliación dos seminarios terase en conta: a) a actitude e a participación nas actividades programadas; b) a resolución individual razoada de cuestións, problemas e casos clínicos, a realización e exposición de traballos na aula ou por vía telemática, etc. A posibilidade de conseguir unha boa puntuación dependerá, en gran medida, de que os alumnos preparen os seminarios. A puntuación que se obterá neste apartado, suporá o 10% da nota final da materia (poderá conseguirse ata 1 punto), pero só se poderán conseguir puntos neste apartado asistindo polo menos ao 75% dos seminarios programados. A nota obtida manterase para os alumnos que así o desexen os 2 cursos académicos seguintes. Desta maneira, un alumno que, por exemplo, conseguise puntos nas horas interactivas de seminario no curso 2023-24, disporá ata o curso 2025-26, incluído, para superar o conxunto da materia conservando os puntos obtidos sen ter asistir de novo aos seminarios.
3ª.- A AVALIACIÓN DAS HORAS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS É unha condición imprescindible para aprobar a materia, realizar as actividades propostas e superado as prácticas. Este requisito aplícase non só á convocatoria de xaneiro, senón que se estende á de xuño/xullo. A superación das horas prácticas acreditarase mediante un exame escrito, que é necesario aprobar no curso no que se fixeron as prácticas, e que constará de varias preguntas, todas elas relacionadas coas prácticas realizadas no laboratorio. No caso de que un alumno non supere o exame, realizado no seu correspondente grupo de prácticas, disporá dunha nova oportunidade de aprobalo nunha convocatoria especial que se fará o mesmo día que os exames finais de teoría nas datas establecidas pola facultade. De non superarse o exame en ningunha das convocatorias citadas, as prácticas deberán realizarse de novo no curso seguinte. A superación das prácticas e a nota obtida manterase os 2 cursos académicos seguintes. Desta maneira, un alumno que, por exemplo, superase as prácticas no curso 2023-24, disporá ata o curso 2025-26, incluído, para superar o conxunto da materia sen ter que repetir e superar de novo as prácticas. A avaliación das sesións prácticas terá en conta a actitude e participación do alumno no seu desenvolvemento, así como os coñecementos demostrados na proba antes mencionada e ao longo das prácticas. A puntuación total obtida nas prácticas representará un 10% da cualificación final (poderá conseguirse ata 1 punto)
4º. CUALIFICACIÓN FINAL Para superar a materia, os alumnos deberán conseguir polo menos 5.0 puntos ao sumar os puntos conseguidos no exame de coñecementos teóricos, na avaliación dos seminarios e na avaliación das prácticas; en calquera caso, para superar a materia, os alumnos deberán conseguir polo menos 3.5 puntos no exame de coñecementos teóricos e participar nas actividades e superado as prácticas. No caso de que un alumno non cumpra algún dos requisitos indicados anteriormente (como non participar nas actividades propostas, non superar as prácticas, ou non conseguir o mínimo esixido no exame teórico) terá na materia unha cualificación final de suspenso, cunha nota numérica que será función dos puntos acumulados nos diferentes apartados avaliados, pero que, como máximo, será de 4,9 puntos sobre un total de 10.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
No exame teórico: Con 02, Con 04, Con 05, Con 07, Con 31, Con 33, Con 37, Comp 10.
Na avaliación das prácticas de laboratorio: Con 08, Con 10, Con 40, H/D 01, H/D 05, H/D 06, Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 13, Comp 16, Comp 17.
Na avaliación das clases interactivas: Con 05, Con 06, Con 07, Con 08, Con 10, Con 35, H/D 05, H/D 06, Comp 03, Comp 09, Comp 10, Comp 19, Comp 24.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
HORAS PRESENCIAIS/TELEMÁTICAS
30 h. de teoría + 12 h. de seminarios + 12 h. de prácticas + 2 h. de titorías + 4 h de realización e revisión de exames.
TOTAL = 60 h.
HORAS TRABALLO PERSOAL
a) Dedicadas ao estudo autónomo individual da teoría:
2 h. á semana (15 semanas) = 30 h. durante o cuadrimestre
5 días completos (7 h/día) = 35 h. dedicadas á preparación do exame final
b) Dedicadas á preparación dos seminarios e á resolución de exercicios ou outros traballos: 20 h.
c) Dedicadas á preparación e análise das prácticas: 3 h.
d) Procura de orientación e resolución de dúbidas: 2 h.
TOTAL: 90 h.
Co fin de obter o aproveitamento máximo do esforzo que supón o estudo dunha nova materia, os alumnos que pretendan adquirir unha axeitada formación e superar a materia de Farmacoloxía III é conveniente que teñan coñecementos básicos de anatomía [...], fisioloxía, fisiopatoloxía, bioquímica e microbioloxía. E, por suposto, recoméndase que teñan cursado (e moito mellor, aprobado) as materias previas de Farmacoloxía: Farmacoloxía I e II.
Os alumnos contarán cunha versión on-line da materia ao través da USC virtual, onde disporán do material empregado nas horas presenciais/telemáticas e material complementario como esquemas, animacións, vídeos, programas de simulación, enlaces a páxinas de interese, etc.
Ao través da versión on-line, tamén poderán acceder á normativa do curso, a realizar consultas ao profesorado, etc.; é, por tanto, desexábel que posúan coñecementos informacionais e informáticos.
Considerando que se trata dunha materia de contido denso, é recomendábel que os alumnos manteñan ao longo do curso unha adicación continuada ao estudo dos temas que se van tratando nas aulas, seguindo o programa proposto, e que eviten facer exclusivamente un estudo intensivo nas datas previas á realización dos exames.
Na primeira clase do curso, os alumnos recibirán unha información máis detallada de cada un dos aspectos recollidos na presente guía docente.
Jose Gil Longo
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814897
- Correo electrónico
- jose.gil.longo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Campos Toimil
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815006
- Correo electrónico
- manuel.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Brea Floriani
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- pepo.brea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Garcia Alonso
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815429
- Correo electrónico
- angel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |