Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 18 Total: 43
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar ós estudiantes os coñecementos teórico-prácticos básicos requeridos para unha correcta comprensión da morfoloxía, funcións e actividades das plantas.
- Comprender que as plantas elaboran unha gran cantidade de principios activos de interese farmacéutico cuxa síntese e produtividade están determinadas por factores xenéticos, ontoxénicos e ambientais.
1. Programa de clases expositivas
Tema 1. INTRODUCCIÓN: Concepto de Fisioloxía Vexetal. As plantas como fonte de alimentos e medicamentos. A célula vexetal.
Tema 2. RELACIÓNS HÍDRICAS: Concepto de potencial hídrico. Absorción, transporte e pérdida de auga. O aparato estomático
Tema 3. A NUTRICIÓN MINERAL E TRANSPORTE: Elementos esenciais. Absorción, transporte e distribución dos nutrientes minerais. Transporte no floema.
Tema 4. FOTOSÍNTESE: A Fase luminosa e a fotofosforilación. Fixación do CO2 en plantas C3, C4 y CAM. Síntese de sacarosa e almidón. Fotosíntese do nitróxeno e xofre.
Tema 5. CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO: Principios básicos do desenvolvemento das plantas. Regulación hormonal e resposta aos estímulos medioambientais.
Tema 6. METABOLISMO SECUNDARIO: Concepto. Tipos de metabolitos secundarios. Introducción a Biotecnoloxía Vexetal A producción de metabolitos mediante inxeniería genética.
2. Programa de clases prácticas
Práctica 1. Determinación do potencial hídrico.
Práctica 2. Separación de pigmentos fotosintéticos.
Práctica 3. Fotosíntesis en cloroplastos illados.
Práctica 4. Efecto das quinetinas sobre o atraso do envellecemento.
Práctica 5. Efecto fitotóxico dun metabolito secundario sobre un proceso fisiolóxico.
Por dispoñibilidade do material vexetal o programa de prácticas pode verse modificado.
1. Básica
- Azcón-Bieto, J., Talón, M. (2008). Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª ed. McGraw Hill/ Interamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9788448192938].
-Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M., Murphy, A., Zeiger, E. (2022). Plant Physiology and Development. 7th ed. Sinauer Associates: Oxford University Press.
2. Complementaria
- Buchanan, B., Gruissem, W., Jones, R. (2015). Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Wiley-Blackwell. Hoboken.
- Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. (2010). Plant Biology. Garland Science.
- Wink, M. (2010). Biochemistry of Plant Secondary Metabolism. 2nd ed. Annual Plant Review, Vol. 40. Willey-Blackwell. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC):
http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9781444320503].
Coñecementos
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional,
prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica
dispoñible.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 24. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Habilidades ou destrezas
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e
comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso.
Competencias
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
- Clases expositivas: 2 horas de teoría á semana, nas que se expoñen os contidos teóricos da materia.
- Clases interactivas de laboratorio: Desenvolveranse no laboratorio ao longo de cinco sesión. Aos alumnos subministraráselles un guión de prácticas e deberán acudir a cada sesión despois de ler atentamente o seu contido..A asistencia a todas as clases prácticas é obrigatoria.
- Clases interactivas de seminario: 2 sesións nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, traballos, … O alumno participará activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, traballos, etc.
- Titorías. Formularanse actividades como aclaración de dúbidas sobre teoría ou prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
1. A avaliación consistirá en:
- Exame teórico, que supoñerá un 70% da cualificación final. Será necesario que a nota obtida no exame teórico (máximo 7,0) sexa igual ou superior a 3,5 puntos para superar esta parte e poder valorar o resto dos méritos. O exame consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. A cualificación só manterase durante o presente curso académico.
- Parte práctica, que supoñerá o 15% da nota final (máximo 1,5). Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno no laboratorio, así como a comprensión dos resultados experimentais obtidos, que se realizará a través dunha proba escrita que consistirá en preguntas curtas e/ou test. Será necesario que a cualificación obtida na proba escrita sexa igual ou superior a 0,75 puntos para superar esta parte da materia. En caso de suspender este exame a recuperación terá lugar coa segunda oportunidade.
A nota de prácticas manterase durante os 2 cursos académicos seguintes no caso de suspender a materia. Para alumnos repetidores con prácticas suspensas rexen as mesmas normas que para os que cursan a materia por primeira vez.
- Avaliación continua, que supoñerá 15% da nota final (máximo 1,5). Para elo valorarase o traballo realizado nos seminarios así como os cuestionarios que se realizarán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios.
2. A suma de todas as cualificacións deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia.
3. En caso de ter que recorrer á segunda oportunidade da convocatoria, utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
4. No caso do alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación estará composta polo exame final (85%) e as prácticas de laboratorio (15%). Será necesario que a nota obtida no exame teórico (máximo 8,5) sexa igual ou superior a 4,25 puntos e superior a 0,75 nas prácticas de laboratorio.
5. A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas no curso farase a través das seguintes vías:
- Exame teórico: Con 10, Con 19, Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
- Prácticas de laboratorio: Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
- Clases interactivas de seminario: Con 10, Con 19, Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
1. Traballo presencial na aula (45 horas).
- Clases expositivas: 23 horas.
- Clases interactivas de laboratorio: 15 horas.
- Clases interactivas de seminario: 3 horas.
- Titorías: 2 horas.
- Exames e revisión: 2 horas.
2. Traballo persoal do alumno (67,5 horas).
- Clases expositivas (estudo autónomo individual ou en grupo): 47,5 horas.
- Clases interactivas de laboratorio (preparación previa e estudo para o exame): 6 horas.
- Clases interactivas de seminarios: 9 horas.
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 5 horas.
- Asistencia ás clases expositivas e seminarios, así como a realización das tarefas propostas, para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
- Estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación da información recibida.
- Manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
- Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nestor Carrillo Barral
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Oscar Martinez Troncoso
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_C | Galego, Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |