Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 20 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir ao alumno no coñecemento das fronteiras entre a Química Inorgánica e as Ciencias da Saúde, mediante o estudo dos elementos esenciais, dos elementos e compostos tóxicos e dos compostos inorgánicos con actividade farmacolóxica que se utilizan en terapia e en diagnóstico clínico.
PROGRAMA:
Tema 1. Introducción: Presenza e papel dos elementos químicos nos seres vivos.
Antecedentes históricos e nacemento da Química Bioinorgánica. Obxeto da Química Bioinorgánica. Elementos esenciais: taboa periódica dos bioelementos. Elementos tóxicos. Elementos de interés farmacolóxico.
Tema 2. Química da Coordinación e a súa aplicación nos seres vivos.
Catións metálicos nos medios biolóxicos: Compostos de coordinación. Estados de oxidación estables e preferencias coordinativas. Estabilidade de complexos. Bioligandos: ligandos macrocíclicos, proteínas, ácidos nucleicos.
Tema 3. Química Bioinorgánica do cinc.
Zn: Aspectos básicos da súa química de coordinación. O cinc nos seres vivos: principais funcions biolóxicas. Metalotioneínas. Anhidrases carbónicas. Alcol deshidroxenases. Dedos de cinc.
Tema 4. Química Bioinorgánica do ferro.
Fe: Aspectos básicos da súa química de coordinación. O ferro nos seres vivos. Transporte e almacenamento de ferro. Transporte e almacenamento de diosíxeno. Proteínas de ferro en cadeas de transporte de electróns: proteínas ferro-xofre e citocromos. Citocromos P450.
Tema 5. Química Bioinorgánica do cobre.
Cu: Aspectos básicos da súa química de coordinación. O cobre nos seres vivos. Ceruloplasmina. Hemocianinas. Cu,Zn-Superóxidodismutases.
Tema 6. Química Bioinorgánica do cobalto.
Co: Aspectos básicos da súa química de coordinación. O cobalto nos seres vivos. Vitamina B12. Metilcobalamina e Coenzima B12.
Tema 7. Introducción a toxicología metálica.
Cd: Aspectos relevantes da súa química de coordinación. Toxicoloxía e terapia das intoxicacións por Cd. Hg: Aspectos relevantes da súa química de coordinación e organometálica. Biometilación e biodesmetilación. Toxicoloxía e terapia das intoxicacións por Hg. Pb: Aspectos relevantes da súa química de coordinación e organometálica. Toxicoloxía e terapia das intoxicaciones por Pb.
Tema 8. Compostos de metais en terapia e en diagnóstico clínico.
Aspectos relevantes da química de coordinación de Pt. Cisplatino: obtención, mecanismo de acción e efectos adversos. Relación estructura-actividade. Compostos de platino de segunda e terceira xeración. Outros compostos de metais de actividade farmacolóxica: derivados antiartríticos de ouro, axentes antiinfecciosos, radiofármacos. Compostos de metais en diagnóstico clínico: axentes de contraste para RMI. Tecnecio e radiodiagnóstico.
Tema 9. Biomineralización e biomateriais inorgánicos.
Introducción. Materiais sólidos: xeneralidades. Reaccións de precipitación e biomineralización. Exemplos de biominerais. A Ciencia dos biomateriais. Tipos de biomateriais: metálicos, cerámicos, poliméricos e biomateriais compostos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• CASAS JS, MORENO V, SÁNCHEZ A, SÁNCHEZ JL, SORDO J. Química Bioinorgánica. Editorial Síntesis, Madrid 2002.
• CRICHTON RR. Biological Inorganic Chemistry: A New Introduction to Molecular Structure and Function. 3ª ed. Academic Press Inc, London 2019. [Texto dispoñible en líña, en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
• DABROWIAK JC. Metals in Medicine. 2ª ed. Wiley, Chichester 2017. [Texto dispoñible en líña]
• FRAÚSTO da SILVA JJR, WILLIAMS RJP. The Biological Chemistry of the Elements: the Inorganic Chemistry of Life. 2ª ed. Oxford University Press, Oxford 2008.
• KAIN W, SCHWEDERSKI B, KLEIN A. Bioinorganic Chemistry: Inorganic Elements in the Chemistry of Life. 2ª ed. Wiley, Chichester 2013. [Texto dispoñible en líña]
• OCHIAI E-I. Bioinorganic Chemistry: A Survey. Elsevier Academic Press, Amsterdam 2008.
• REHDER D. Bioinorganic Chemistry. Oxford University Press, Oxford 2014.
• SANTOS V, BRANDALISE RN, SAVARIS M. Engineering of Biomaterials. Springer, 2017.
• UL-ISLAM S, HASHMI AA, KHAN SA (ed). Advances in Metallodrugs: Preparation and Applications in Medicinal Chemistry. Wiley, Chichester 2020. [Texto dispoñible en líña]
• COÑECEMENTOS:
Con 01. Coñecer a orixe, a natureza e a forma de deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e outros aspectos que se consideren necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 13. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Con 16. Coñecer e aplicar as principais técnicas de investigación estrutural incluída a espectroscopia.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 38. Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto das toxinas, así como os recursos en caso de intoxicación.
• HABILIDADES OU DESTREZAS:
H/D 03. Avaliar os efectos toxicolóxicos das substancias e deseñar e aplicar os ensaios e análises correspondentes.
H/D 09. Estimar os riscos asociados ao uso de substancias químicas e procesos de laboratorio.
H/D 19. Prestar asesoramento terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como asesoramento nutricional e dietético aos usuarios dos establecementos nos que prestan servizos.
H/D 20. Avaliar os efectos toxicolóxicos das substancias e deseñar e aplicar os ensaios e análises correspondentes.
• COMPETENCIAS:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 05. Coñecementos básicos de manexo informático.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (capacidade para buscar e analizar información de fontes diversas).
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 18. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Habilidades investigadoras.
• Clases maxistrais: Exporanse os contidos teóricos do programa co apoio dos medios audiovisuais e informáticos dispoñibles na aula. O material de apoio atoparase ao dispor do alumno no campus virtual da USC. Recoméndase a asistencia a estas clases expositivas.
• Seminarios: Resolveranse cuestións e exercicios, expostos coa antelación suficiente para que o alumno poida traballar previamente sobre eles. O alumno debe participar activamente nestas clases interactivas que serán de asistencia obrigatoria.
• Tarefas no campus virtual: Realización de cuestionarios, exercicios ou tarefas, que se propoñerán na aula virtual da materia, e que o alumno deberá resolver de forma presencial nos seminarios.
• Titorías: Empregaranse, fundamentalmente, para a revisión daqueles temas que presenten un maior grao de dificultade para o alumno.
• Plataforma virtual da USC: como soporte e complemento da docencia e como elemento importante de comunicación co alumno. Nela estarán á súa disposición todos os recursos necesarios para o estudo da materia.
Para a avaliación dos coñecementos (Con), habilidades ou destrezas (H/D) e competencias (Com) adquiridas polo alumno, terase en conta a avaliación continua (25%) e o exame final (75%):
• Avaliación continua (H/D: 03, 09, 19, 20; Com: 01, 05, 06, 11, 18, 19): Participación nas clases, resolución de exercicios e completado de tarefas no campus virtual.
• Exame (Con 01-03, 13, 16, 19, 38): Probas parciais e/ou exame final. O alumno deberá demostrar coñecementos mínimos das diferentes partes da materia e superar o 45% do máximo (3,4 sobre 7,5) para valorar o apartado anterior (avaliación continua).
Para superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10 en base ao baremo anterior. As probas de avaliación continua e o exame final constarán de preguntas tipo test e preguntas curtas. A cualificación do apartado avaliación continua poderá manterse, para os alumnos repetidores que así o desexen, durante dous cursos académicos.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou exames, aplicarase a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
• Clases expositivas, 23 h
• Clases interactivas (seminarios), 18 h
• Titorías, 2 h
• Exames, 2 h
Total horas de traballo presencial na aula = 45 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
• Estudo autónomo, individual ou en grupo, 46 h
• Resolución de exercicios e outras tarefas, 18 h
• Revisión de exames e resolución de dúbidas, 3,5 h
Total horas de traballo persoal do alumno = 67,5 h
E aconsellable a asistencia as clases expositivas, e dentro do posible manter o estudo da materia ao día, traballando co material dispoñible no campus virtual: esquemas, resumos e exercicios propostos.
Mª Ángeles Sánchez González
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815083
- Correo electrónico
- angeles.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |