Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a estrutura química das moléculas que constitúen o organismo humano.
- Coñecer os mecanismos de ensamblaxe das estruturas supramoleculares, celulares e de tecidos do organismo humano.
- Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais do organismo humano.
- Coñecer as rutas metabólicas que o organismo humano utiliza para a síntese e degradación de biomoléculas.
- Coñecer os mecanismos de control que coordinan os miles de reaccións químicas que teñen lugar no organismo humano.
- Coñecer os cambios bioquímicos que acompañan ao crecemento, diferenciación, envellecemento e morte das células do organismo humano.
- Coñecer os mecanismos moleculares implicados no funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo humano e nas súas alteracións patolóxicas.
ORGANIZACIÓN MOLECULAR DOS SERES VIVOS. Alcance e obxectivos da Bioquímica nos estudos de Medicina. Biomoléculas. A célula e os compartimentos celulares.
AUGA. Estrutura e propiedades da auga. A auga nos seres vivos. Actividade iónica da auga. Ácidos e bases. Tampóns fisiolóxicos
PROTEÍNAS. Aminoácidos: propiedades e métodos de análise. Estrutura das proteínas. Pregamento das proteínas. Métodos para o estudo das proteínas. Proteínas de interese fisiolóxico.
ENZIMAS. Enzimas: características e clasificación. Mecanismos da catálise enzimática. Cinética das reaccións enzimáticas. Inhibición e regulación da actividade enzimática.
LÍPIDOS E MEMBRANAS BIOLÓXICAS. Lípidos de interese biolóxico. Estrutura e características das membranas. Transporte a través de membranas.
INTODUCCIÓN AO METABOLISMO E BIOENERXÉTICA. Características xerais do metabolismo intermediario e a súa regulación. Enerxía libre. Compostos de alto nivel enerxético.
METABOLISMO DOS GLÚCIDOS. Glúcidos: características estruturais e clasificación. Glucólise. Gluconeoxénese. Metabolismo do glucóxeno. Vía das pentosas fosfato.
FASES COMÚNS DO METABOLISMO OXIDATIVO. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico mitocondrial e fosforilación oxidativa.
METABOLISMO DOS LÍPIDOS. Oxidación e síntese de ácidos graxos. Metabolismo de lípidos complexos. Metabolismo de eicosanoides. Metabolismo do colesterol.
METABOLISMO DAS LIPOPROTEÍNAS. Composición e características estruturais das lipoproteínas. Funcións das lipoproteínas. Metabolismo de lipoproteínas
METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS. Aspectos xerais do metabolismo de aminoácidos. Metabolismo específico de aminoácidos. Derivados dos aminoácidos de interese fisiolóxico.
Bibliografía básica:
- Meisenberg G, Simmons WH. "Principios de Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
- Ronner P. “Netter. Bioquímica esencial”. Primera ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
- Feduchi E, Romero C, Yáñez E, Blasco I, García-Hoz C. "Bioquímica. Conceptos Esenciales". Tercera ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2021.
- Tymoczko JL, Berg JM, Stryer LL, "Bioquímica: Curso básico". Editorial Reverté, Barcelona, 2014.
- Rodwell VW, Bender DA, Botham KM, Kennelly PJ, Weil P. “Harper. Bioquímica ilustrada” 32 edición. 2022 McGraw Hill Education Inc.
- Voet D.; Voet J.G.; Pratt, C.W. “Fundamentos de Bioquímica. La vida a nivel molecular”. 4º edición. Editorial Médica Panamericana, 2016.
- Garzón de la Mora P, González Hita M, Gurrola Díaz CM y cols. “Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica”. Tercera ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
Bibliografía complementaria:
- Baynes JW, Dominiczac MH. "Bioquímica Médica". Sexta ed. Barcelona: Elsevier España; 2024.
- McKee T, McKee JR. “Bioquímica. Las bases moleculares de la vida”. Séptima ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2020.
- Lieberman M., Marks A.D., Peet A. “Marks Bioquímica médica básica : un enfoque clínico”. 5º edición. Barcelona. Wolters Kluwer , 2018
- Herrera E., Ramos M.P., Roca P., Viana, M. “Bioquímica básica”. Elsevier España, S.L. 2014.
- JoVE (Journal of Visualized Experiments) https://www-jove-com.ezbusc.usc.gal/es/
O alumno terá acceso remoto á parte da bibliografía recomendada, mediante o servizo que pon a súa disposición a Biblioteca Universitaria da USC.
Competencias específicas
- Coñecer a estrutura e función celular.
- Biomoléculas.
- Metabolismo.
- Regulación e integración metabólica.
- Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
- Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).
Competencias xerais
- Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, de tecidos, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
- Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
- Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
- Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
- Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida co fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios e prácticas de laboratorio sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia e discutiranse casos clínicos. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais, o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e laboratorios, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Titorías
Esta actividade utilizarse principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e outros medios que o profesor considere oportunos.
A avaliación constará de tres partes: exame final, avaliación das prácticas de laboratorio e avaliación das clases interactivas de seminario.
O exame final representará o 80% da nota final (máximo de 8 puntos). Este exame final será de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das partes da materia. Será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos para que se poidan sumar as notas obtidas nas outras dous partes.
As prácticas de laboratorio representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación realizarase unha proba escrita de preguntas test e/ou preguntas curtas, na devandita avaliación poderanse tamén ter en conta a actitude e o traballo desenvolvido polo alumno nas prácticas de laboratorio. É obrigatoria a asistencia ás prácticas para poder superar a materia. A cualificación das prácticas gardarase durante os dous cursos académicos seguintes.
As clases interactivas de seminario representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación teranse en conta controles periódicos da aprendizaxe, asistencia e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.
Para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos (dun máximo de 8 puntos) e conseguir un mínimo de 5 puntos na suma da nota do exame final máis as notas correspondentes ás prácticas de laboratorio e as clases interactivas de seminario. Ademais, como se indicou anteriormente, é obrigatoria a asistencia ás prácticas para poder superar a materia.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 60 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Antonio Juan Pazos Castelos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
German Sierra Paredes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812212
- Correo electrónico
- german.sierra.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Vazquez Illanes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ricardo Lage Fernandez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815409
- Correo electrónico
- ricardo.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Sofia Sanchez Iglesias
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- sofia.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Capelo Diz
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- alba.capelo.diz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Marta Maria Varela Rey
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- martavarela.rey [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Marta Vilar Sánchez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- marta.vilar.sanchez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral FIDIS
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
20.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
10.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
10.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
10.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |