Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Observar e describir seccións de diversos tecidos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica axeitada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer as distintas estirpes celulares e tecidos, tanto desde o punto de vista óptico como ultraestrutural.
4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas, inmunohistoquímicas e de hibridación in situ.
6. Diferenciar tecidos normais doutros patolóxicos (empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que os estudantes podan orientarse máis facilmente).
PROGRAMA TEÓRICO
UNIDADE TEMÁTICA 1.- HISTOLOXÍA HUMANA
Tema 1.- Introdución á histoloxía humana
Tema 2.- Técnicas histolóxicas
UNIDADE TEMÁTICA 2.- TECIDO EPITELIAL
Tema 3.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento
Tema 4.- Epitelios glandulares. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 3.- TECIDO CONXUNTIVO E DE SUSTENTACIÓN
Tema 5.- Tecido conxuntivo. Compoñentes
Tema 6.- Variedades do tecido conxuntivo. Tecido adiposo
Tema 7.- Tecido cartilaxinoso
Tema 8.- Tecido óseo. Osificación. Articulacións. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 4.- TECIDO MUSCULAR
Tema 9.- Tecido muscular. Tecido muscular liso
Tema 10.- Tecido muscular estriado esquelético
Tema 11.- Tecido muscular estriado cardíaco. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 5.- TECIDO NERVIOSO
Tema 12.- Tecido nervioso. A neurona. Sinapse
Tema 13.- Neuroglía e microglía
Tema 14.- Fibra nerviosa e nervio periférico
Tema 15.- Meninxes. Ventrículos. Plexos coroideos. Vasos do sistema nervioso central
Tema 16.- Citoarquitectura rexional. Introdución á patoloxía
PROGRAMA PRÁCTICO
Práctica 1.- Tecido epitelial I: epitelios de revestimento.
Práctica 2.- Tecido epitelial II: epitelios glandulares.
Práctica 3.- Laboratorio: técnica histolóxica. Tecido conxuntivo I: compoñentes.
Práctica 4.- Tecido conxuntivo II: variedades e tecidos esqueléticos.
Práctica 5.- Tecido muscular.
Práctica 6.- Tecido nervioso.
ATLAS
- Esenciais USC. Técnicas histolóxicas: microscopia óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopia electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
- Atlas de prácticas. Histología Humana General. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC.
- Wheater. Histología Funcional. O'Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens, Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Martín-Lacave, Utrilla Alcolea, Fernández-Santos, García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Ed. Díaz de Santos, 2012.
TEXTOS
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 13ª edición. Ed. Panamericana, 2022 (disponible online biblioteca USC).
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 8ª ed. Wolters Kluwer, 2020.
- Netter. Histología esencial con correlación histopatológica. Ovalle, Nahierney. 3ª ed. Elsevier, 2021 (disponible online biblioteca USC).
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
O estudante debe rematar o curso estando capacitado para:
1. Tinguir os cortes con técnicas de rutina e especiais.
2. Utilizar axeitadamente o microscopio binocular.
3. Recoñecer microscópicamente os distintos tecidos humanos e os seus compoñentes.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
O profesor/a explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. A ensinanza será homoxénea en tódolos grupos: cada profesor/a explica os mesmos temas en tódolos grupos. A asistencia ás clases expositivas é obrigatoria. Para a nota final poderase ter en conta a asistencia con aproveitamento ás clases expositivas.
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
A) Práctica de Laboratorio:
Cada estudante tinguirá unha preparación cunha técnica histolóxica.
B) Prácticas Microscópicas:
Trátase de observar, describir e recoñecer microscópicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopia óptica como electrónica.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor/a explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. O final de cada práctica discutiranse casos que inclúan imaxes normais adxacentes a outras patolóxicas co obxetivo de que o estudiante aprenda a diferencialas.
Unha vez descritas as imaxes, procederase a proxeción das preparacións histolóxicas escaneadas co PathScan e ao estudo microscópico das mesmas. O profesor/a resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais poderán ser aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio de proxección. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións.
Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso.
A asistencia ás clases interactivas de laboratorio é obrigatoria. Os estudiantes que repitan a materia, e que xa fixeran previamente estas mesmas prácticas, poden optar por repetilas ou non.
A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas será obrigatoria e poderase ter en conta para a avaliación. A non asistencia polo menos a un 80% das prácticas de laboratorio impedirá a superación da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
TEORÍA
Test de 40 preguntas de elección múltiple con resposta única (4 respostas posibles e só unha válida) no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
PRÁCTICAS
Exame test de identificación de células e tecidos presentados en láminas en color. O exame consta de 20 preguntas de elección múltiple con resposta única (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
CUALIFICACIÓNS
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións por riba de 9,0. Poderase ter en conta a asistencia, participación e aproveitamento dos estudantes nas actividades docentes.
Horas presenciais semanais: 2 horas teóricas + 2 horas prácticas
Horas de estudo semanal: 4 h
Preparación do exame final: 20 h
Exame: 60 minutos
É imprescindible que os estudantes preparen por un atlas o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén lle permitirá ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente cos profesores/as.
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Ferreiros Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
13.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
13.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
13.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
13.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |