Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Fisioloxía, Estatística e Investigación Operativa, Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Explicar a importancia da investigación para o avance do coñecemento científico.
Sentar as bases para discriminar entre coñecemento inductivo e coñecemento deductivo e introducir a alumno no método científico e as súas etapas.
Comprender as diferenzas entre observación e experimentación, así como o proceso de elaboración e comprobación de hipóteses, construción de leis, teorías e modelos, así como os argumentos par á inferencia de causalidade.
Sentar as bases para a práctica dunha medicina baseada na evidencia e dos argumentos para a decisión clínica.
Introducir ao alumno no plantexamento de experimentos, técnicas da investigación biomédica básica e modelos experimentais.
Explicar a carreira investigadora e a tese de doutoramento.
Dar a coñecer ao alumno a estructura dunha publicación científica.
Transmitir a importancia da investigación básica para o coñecemento das bases da enfermedad e a sua traslación a clínica.
Por último, tenta ensinar o papel da estatística en investigación e o manexo dos programas informáticos máis comúns: EXCEL, ACCESS, SPSS.
Temario Clases Expositivas:
1.- O método científico: Introdución. Formulación e elaboración de hipóteses. Construción de leis, teorías e modelos. Causalidade.
2.- Investigación epidemiolóxica e clínica (1): Estudos experimentais. O ensaio clínico. Concepto e tipos.
3.- Investigación epidemiolóxica e clínica (2): Estudos observacionales. Concepto e tipos.
4.- Medicina baseado nas probas. Aspectos cuantitativos do razoamento médico. Revisións sistemáticas e meta-análises.
5.- O consentimento informado na investigación en humanos e a mala conducta na investigación científica
6.- Investigación básica (1). Modelos experimentais. Modelos in vitro. Modelos animais en investigación biomédica.
7. Investigación básica (2). Técnicas en investigación biomédica.
8.-Investigación básica e aplicaciones. Investigación en bases moleculares e celulares das enfermidades.
9.- Estructura dun artigo de investigación biomédica. Cómo leer un artigo de investigación.
10.- Papel da estatística na investigación biomédica (1): Análise dos resultados.
11.- Papel da estatística na investigación biomédica (2): A súa aplicación nos diferentes tipos de investigación.
12.- Papel da estatística na investigación biomédica (3): A súa aplicación nos diferentes tipos de estudos.
13.- Papel da estatística na investigación biomédica (4): A súa aplicación es aspectos concretos. Probas diagnósticas.
Temario Clases Interactivas Seminario:
1.- Medida dos resultados de investigación. Índice de impacto, indice H, outros índices. Mala conducta na investigación científica.
2. -Exemplos prácticos de consentimento informado.
3.- Tipos de estudos: exemplos de cómo contestar a una pregunta de investigación. O exemplo do radón residencial
4.- Aplicacións e interpretación dos resultados das técnicas básicas en investigación biomédica.
5.- Análisis e aplicacións dos modelos animais en investigación biomédica.
6.- A investigación biomédica como profesión. A carreira de investigación. A tese doutoral e o doutoramento. A investigación e o exercicio da mediciña clínica. Financiación da investigación.
7.- Centros de Investigación biomédica. Laboratorios de investigación.- no laboratorio (virtualmente) cos seus investigadores.
Temario de Clases Interactivas Laboratorio
1.- Sofware: bases de datos.
2.- Software: paquetes estatísticos.
3.- Exemplo de aplicación de técnicas estadísticas en investigación.
- Rebagliato M, Ruiz I, Arranz M. Metodología de investigación en epidemiología. Ed Díaz de Santos. 1996. Con explicacións sinxelas percorre todos os pasos no deseño de investigacións, desde procura de literatura, elaboración de hipótese e deseño de cuestionarios. Moi recomendable para non iniciados.
- Ahlbom A, Norell S. Fundamentos de epidemiología. Ed Século XXI. 1995. Manual moi práctico con exercicios e exemplos sobre aspectos básicos de epidemioloxía.
- Coggon D, Rose G, Barker DJP. Epidemiology for the uninitiated. Fifth Edition. BMJ group. 2003. Libro curto sobre fundamentos de epidemioloxía. Moi sinxelo de ler.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_e… Libro extenso se se quere profundar na materia.
- Weinberg RA. The Biology of Cancer. Garland Science. 2da Ed. 2014
- Alberts B; Johnson A; Lewis J; Raff M. Molecular Biology of the Cell. Garland Publishing. 5ª Ed. 2007.
- Altman DG. "Practical Statistics for Medical Research". CHAPMAN&HALL.
- Steven Johnson. El Mapa Fantasma. Capitán Swing Ed. 2020. Libro que hace un recorrido sobre la epidemia de cólera de Londres en 1854 y que ha sentado algunas de las bases de la epidemiología.
- Outros: artígos a determinar para os seminarios.
Entre as competencias que pretende desenvolver esta materia atópanse desde un punto de vista xenérico da titulación:
1.- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
2.- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
3.- Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
As competencias específicas a alcanzar con esta materia son:
1.- Manexar con autonomía un computador persoal e as aplicacións informáticas máis habituais no campo da biomedicina.
2.-Coñecer os principios do método científico, a investigación biomédica e o ensaio clínico.
3.- Coñecer os modelos e técnicas de experimentación biomédica básica.
4.- Interpretación básica de resultados experimentais
5.- Coñecer e manexar os principios da medicina baseada na (mellor) evidencia (medicina baseado nas probas).
6.- Ser capaz de por en contexto o índice de impacto, índice H e outros indicadores de investigación.
Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado exporá os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar nos exercicios ou problemas que se plantexen. Sobre o material para o seguemento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario. A docencia terá lugar nas aulas establecidas na programación docente da Facultade de Medicina. As tutorías estarán destinadas ó seguemento do aprendizaxe do alumnado. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual.
IMPORTANTE: O peso do exame pode ser do 70 ou do 100%. O peso da avaliación continua pode ser do 30 ou do 0%.
A avaluación será a seguinte para a primeira oportunidade.
Exame: A adquisición dos coñecementos impartidos nas distintas clases será avaliado mediante unha proba escrita de tipo test, con entre 40 e 60 preguntas mais ou menos proporcionais aos temas dados. Para superar a materia será preciso superar esta proba escrita. Para superar a proba escrita será preciso obter o 65% ou máis dos puntos posibles. O peso da devandita proba escrita poderá representar entre un 70 e un 100% da nota final.
Avaliación continua: podería representar ata un 30% da nota final, sempre que se supere a proba escrita:
Poderase computar a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos. Poderase facer un test ó final dos seminarios ou das clases expositivas presenciais ou através da aula virtual. A aprendizaxe do manexo dos programas informáticos poderá ser avaliada a partir da documentación entregada polo alumno (informes) e/ou presentacións realizadas e as habilidades e actitudes mostradas durante a súa participación nas prácticas de computador.
Neste apartado valoraranse tamén a adquisición de competencias informacionais para o que o alumno deberá realizar o curso ofertado ao respecto en colaboración coa biblioteca e as probas que se deriven do mesmo.
O curso ten o seguinte nome: CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN, é un curso en liña aloxado no Campus virtual da USC. O alumnado adquirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construir a partir dela novos coñecementos. Ademáis aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que o que se empregase na convocatoria anterior. No caso de non superarse a materia estas calificacións serán mantidas, sempre que o alumno así o pida, durante os dous anos posteriores.
A realización das probas de avaliación continua califica o alumno, excepto se somentes se conta ca nota derivada do curso básico en competencias en información, en este caso se considerará non presentado.
Para obter a nota final sumaranse as notas do examen e a avaliación continua sempre que se supere a proba do examen. Se non é así a nota final será a nota obtida no examen, cero si non hai nota de examen e sí de avaliación contínua.
Para a segunda oportunidade poderase empregar o mesmo sistema de cualificación empregado na primeira oportunidade ou sustituirse o exame tipo test por un exame oral con algún dos profesores da asignatura, que terá o mesmo peso na avaliación que o examen tipo test. Neste caso manterase a nota acadada na avaliación continua, no caso de que se fixera dita avaliación ó longo do curso.
Nesta materia, o alumnado conta con 28 horas de docencia presencial (16 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva (9 de seminarios e 3 de laboratorio). Por cada hora de docencia expositiva, considérarase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da clase. Ademais, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns ou da bibliografía recomendada).
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Na segunda oportunidade poderia substituirse o tipo test por exame oral, mantendo o peso outorgado a avaliación continua na primeira convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alberto Ruano Raviña
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antón Cruces Sande
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- anton.cruces [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral FIDIS
Miguel Angel Fidalgo Perez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marcos Rios Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- marcos.rios.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Paula Saavedra Nieves
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- paula.saavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Perez Rios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Saavedra Nieves
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- alejandro.saavedra.nieves [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 5 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
19.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |