Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 48 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Parasitoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A INTRODUCION A BIOINFORMATICA MEDICA é unha materia optativa do Grao de Medicina que ten como obxectivo proporcionar aos alumnos coñecemento sobre o fundamento e usos das ferramentas bioinformáticas co fin de poder obter, organizar, interpretar a información biomédica.
CLASES EXPOSITIVAS
BIOINFORMÁTICA BÁSICA
Tema 1. Introdución á bioinformática.
Tema 2. Manexo de Bases de datos.
Tema 3. Algoritmos de clasificación.
Tema 4. Aliñamentos simples.
Tema 5. Aliñamientos múltiples.
BIOINFORMÁTICA APLICADA
Tema 6. Bioinformática aplicada á análise estructural de DNA, RNA e proteínas
Tema 7. Bioinformática aplicada ao diagnóstico molecular: Identificación de proteínas e microorganismos mediante espectrometría de masas.
Tema 8. Bioinformática aplicada ao diagnóstico molecular: PCR e microarrays.
Tema 9. Bioinformática aplicada ao diagnóstico molecular. Búsqueda de SNPs.
Tema 10. Bioinformática de sistemas. Aplicacións en epidemioloxía e neurofisioloxía.
CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO
P1. Búsqueda de información e manexo de bibliografía en Biomedicina.
P2. Búsqueda de información en bases de datos I.
P3. Búsqueda de información en bases de datos II.
P4. Aplicación de métodos de clasificación a datos xenómicos.
P5. Aliñamento simple.
P6. Aliñamento múltiple.
P7. Bioquímica in silico. Análise da estructura primaria das proteínas. Motivos repeticións.
P8. Predición de xenes.
P9. Identificación e caracterización de proteínas e microorganismos empleando datos de pegada peptídica e bases de datos especializadas.
P10. Análise estructural 2D/3D de proteínas.
P11. Análise de secuencias de DNA. Deseño de cebadores para PCR. Búsqueda de lugares de restrición.
P12. Análise de microarrays.
P13. Búsqueda de mutacións en bases de datos.
P14. Análise de redes.
P15. Edición de datos para publicación.
BIBLIOGRAFIA BASICA:
- Pevsner, J. (2009): "Bioinformatics and Functional Genomics", Wiley-Blackwell.
- Baxevanis, A.D. and Ouellette, B.F.F. Bioinformatics: a practical guide to the analysis of genes and proteins, John Wiley & Sons, NY, 2001, pp 470. (Disponible en la USC, Facultad de Farmacia).
- Buehler, L.K. and Rashidi, H.H. Bioinformatics basics: applications in biological science and medicine, Taylor & Francis , USA, Boca Raton, Florida, 2005, pp 335. (Disponible en la USC, Facultad de Biología).
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
- Lee, J.K. (ed.) (2010): "Statistical Bioinformatics", Wiley-Blackwell.
- Jean-Michel Claverie, Cedric Notredame (2006). Bioinformatics For Dummies. John Wiley & Sons.
COMPETENCIAS
XERAIS:
- Entender a necesidade de utilizar as ferramentas bioinformáticas en Investigación e Desenvolvemento (I+D) a medicina actual.
- Coñecer ferramentas Estatísticas, Informaticas, Bionformáticas usadas en I+D e en práctica clínica para almacenamento, busqueda, e análises de datos biomédicos.
ESPECIFICAS:
- Aprender a buscar información bibliográfica en medicina.
- Aprender a buscar información en bases de datos información xenómica e proteómica.
- Aprender a facer análises sinxelos comparativos e/ou predictivos de secuencias xenómicas e proteómicas.
- Coñecer nocións sobre análises de redes complexas de corteza cerebral para investigación e desenvolvemento de métodos computacionais de diagnóstico.
A materia será fundamentalmente práctica e basearáse en exemplos da literatura científica recente.
Impartiránse Clases Expositivas (12 horas), Clases Interactivas de Laboratorio (15 horas) e Titorias (3 horas).
SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación da materia estruturarase en dúas partes:
1.- Avaliación continua (70% da nota final): valorarase a asistencia e participación nas clases expositivas (20%) e interactivas (50%).
O control de asistencia durante as clases pódese facer mediante formularios web, accesibles mediante un código QR proporcionado durante as clases. A participación nas clases interactivas rexistrarase mediante listas de asistencia, xunto coa comprobación dos rexistros da aula virtual.
O alumno que non poida asistir a clase por causa xustificada poderá suplir a súa ausencia na forma que determine o profesorado da materia.
2.- Exame final (30% da nota final): Consistirá nunha proba obxectiva (cuestións de opción múltiple, cunha única resposta correcta) sobre os contidos presentados nas clases expositivas e interactivas. Esta proba será optativa e non é necesaria para superar a materia.
Para superar con éxito a materia, o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos, segundo o sistema de puntuación indicado anteriormente. Para iso é imprescindible a asistencia á maior parte das clases. tanto expositivas coma interactivas.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o disposto na "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e Revisión da Cualificación".
En xeral, por cada hora expositiva e interactiva é conveniente dedicar unha hora máis de traballo persoal do alumno.
Recoméndase a asistencia as clases expositivas, xa que nelas se introducen os temas que se tratarán de forma práctica nas clases interactivas.
Jose Manuel Leiro Vidal
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814893
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernanda Romaris Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881815247
- Correo electrónico
- fernanda.romaris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Seila Couso Perez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Correo electrónico
- seila.couso.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
Mércores | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
Xoves | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
Venres | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
12.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
02.07.2026 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |